14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A emigración galega aos Estados Unidos: galegos en Louisiana, Florida e Nova York (1870-1940)

para inducir a españois e portugueses a emigrar dicía, referíndose ao anterior

recrutamento, «de los que vinieron en 1873 a penas hallo aquí rastro alguno.

Es probable que dejasen sus huesos en el fondo de los pantanos». 9 Pola súa

parte, o Dr. J. G. Hava, que en 1881 publicou un tratado en defensa desta emigración,

afirmaba que a maior parte dos que chegaran en 1873 estaban vivos e

traballaban nas plantacións de Lafourche, no sueste do estado, a pesar da terrible

epidemia que arrasara a zona en 1878. 10

Os conflitos entre as autoridades españolas e as elites de Louisiana sobre

o recrutamento de emigrantes agudizáronse en 1880 tras as declaracións do

cónsul, que no seu informe ao Ministerio de Estado destacaba as durísimas

condicións de traballo e a pouca remuneración económica que lles esperaba

aos emigrantes e sinalaba que «nuestros agricultores no pueden reemplazar

a los negros en estos campos pantanosos y cálidos». En resposta ao dito

informe, en outubro dese ano o Ministerio da Gobernación remitiulles unha

circular aos gobernadores civís instruíndoos para que lle puxesen fin ao recrutamento.

11 A circular chegaba con dous meses de atraso. Para entón uns 300

emigrantes galegos responderan á masiva campaña publicitaria levada a cabo

por Nathan na Coruña e nos seus arredores. O 31 de agosto de 1880 embarcaban

no Mississippi rumbo a Louisiana.

Segundo Hava, Nathan baseara a publicidade nun estudo detallado da

situación obreira en Galicia, onde os soldos apenas permitían a subsistencia e

a poboación estaba exposta ás grandes fames que afectaron o país en 1879 e

1880. O doutor denunciaba a inxustiza da circular do Goberno español que

desacreditaba o estado de Louisiana fronte ao mundo e, non obstante, non

mencionaba a penuria en que se atopaban os campesiños galegos. Defendía,

ademais, que os países que non dispoñían de recursos para manter os seus

cidadáns tampouco tiñan dereito a negarlles que buscasen fortuna en países

máis ricos. Como proba do éxito do recrutamento, Hava apuntaba a un artigo

publicado nun xornal local no que se eloxiaba o traballo destes inmigrantes

9. José Sánchez Bázan a Ministro de Estado, 14 de setembro de 1880. Arquivo Histórico do

Ministerio de Asuntos Exteriores (Madrid), Correspondencia Consular, Nova Orleáns, atado

H-1983.

10. Hava, Dr. J. G. (1881): Emigration Espagnole en Louisiane, Nouvelle-Orléans, Imprimerie

Cosmopolita, p. 16. Este folleto reproduce o texto da conferencia pronunciada polo Dr. J. G.

Hava no Athénée Louisianais en decembro de 1880.

11. Ministerio de Gobernación. Circular. Outubro de 1880. MAE, atado H-1983. A circular

instaba aos gobernadores a que «por todos los medios de que disponga [...] haga públicos los

datos indicados á fin de evitar en lo posible que tantos infelices compatriotas ilusionados con

falaces y engañosas promesas, se vean sumidos en la miseria ó encuentren una prematura y segura

muerte en tan peligrosos climas y lejanas regiones».

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (63-84) ] 6

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!