14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Ana Varela-Lago

verdaderamente terrible». 5 A situación aínda debeu de ser máis difícil para

o continxente de galegos que se dirixiron a Louisiana a finais do século xix,

enfrontándose non só cun idioma estraño, senón cun terreo e cunhas condicións

laborais para as que non estaban preparados. A experiencia destes emigrantes

galegos constitúe un dos capítulos máis descoñecidos da emigración

española a América. 6

O recrutamento de galegos para traballar nas plantacións de cana de azucre

en Louisiana era parte dun proceso máis amplo de promoción da inmigración

europea en varios estados do sur tras a súa derrota na guerra civil en

1865. Abolida a escravitude e cunha economía practicamente destruída, estes

estados metéronse en proxectos de reconstrución económica que xeralmente

incluían o despacho de axentes de inmigración a países europeos con ofertas

de contratos de traballo individuais ou familiares. 7

O 13 de novembro de 1872 o alcalde e mais os concelleiros do Concello

da Coruña reuníronse nunha sesión extraordinaria para considerar a proposta

dun destes axentes, Charles Nathan, que quería organizar a emigración

a Louisiana de adultos e nenos homes maiores de doce anos acollidos no Asilo

de Mendicidad da cidade. A comisión de beneficencia recomendoulle ao

Concello que non permitise a dita emigración, indicando que nela «se esplota

(sic) con menoscabo de la dignidad del hombre y de la Nación». Algúns concelleiros

mesmo suxeriron que se fixese público o informe elaborado sobre

o tema, para evitar que posibles vítimas «puedan ser comprometidos a esta

denigrante emigración, alucinados por ventajas inciertas cuando son males

seguros los que encontrarán en el país para ellos desconocido, á que trata de

conducírseles». 8

Ante a negativa do Concello coruñés, o representante de Charles Nathan

decidiu retirar a solicitude, pero isto non impediu que algúns emigrantes si

emprenderan o camiño. Do seu número e mais do destino pouco se sabe e as

referencias que atopamos son contraditorias. En 1880, cando o cónsul español

en Nova Orleáns avisaba ao Ministerio de Estado de novos intentos de Nathan

5. Juan Español, «¿Predicar en desierto?», Boletín Oficial de la Unión Benéfica Española, maio

1917.

6. Non se menciona nos estudos xerais da emigración española aos Estados Unidos (Gómez,

1962; Fernández-Shaw, 1971; Rueda, 1993), nin nos da emigración a Louisiana (Montero de

Pedro, 1979).

7. Para o caso de Florida véxase Pozzetta, G. A. (1974): «Foreigners in Florida: A Study of Immigration

Promotion, 1865-1910», Florida Historical Quarterly, vol. 53 (2), pp. 164-180.

8. Hai copia da acta en Allegue, G. (coord.) (1992): Galegos, As mans de América, Vigo, Ed.

Nigra, vol. 1, pp. 30-31.

66 [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (63-84) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!