14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A emigración galega aos Estados Unidos: galegos en Louisiana, Florida e Nova York (1870-1940)

dolle á Junta Provincial Antituberculosa de La Coruña un cheque por valor de

máis de mil dólares. 4

Esta breve introdución ofreceu unha mostra da achega dos emigrantes

galegos en Florida a unha variedade de obras comunitarias nos seus lugares de

orixe. Non descubro nada novo cando sinalo a relevancia que tivo para Galicia

a importante actividade asociativa e cultural da diáspora. O meu propósito

neste artigo é salientar un aspecto relativamente descoñecido deste fenómeno,

o da contribución dos galegos residentes nos Estados Unidos. Ao mesmo

tempo quero presentar unha perspectiva de conxunto, que, por necesidade,

ha ser moi esquemática, da emigración galega a Norteamérica dende finais do

século xix ata mediados do xx, centrándome en tres estados: Louisiana, Florida

e Nova York. Un primeiro apartado, que cobre o derradeiro cuarto do século

xix, examinará dous exemplos de emigración, que se poden cualificar de

atípica en relación coas tendencias xerais da emigración europea aos Estados

Unidos nesa época: o recrutamento de emigrantes galegos a Louisiana e a emigración

de tabaqueiros galegos a Florida. Un segundo apartado tratará a época

da chamada emigración masiva, dende o final da guerra de Cuba en 1898 ata

o establecemento das cotas de inmigración nos Estados Unidos nos anos vinte.

Un terceiro e último apartado discutirá a resposta das comunidades galegas

á Guerra Civil española.

O RECRUTAMENTO DE EMIGRANTES GALEGOS A LOUISIANA

En moitos aspectos a experiencia migratoria dos galegos nos Estados

Unidos foi similar á dos seus paisanos residentes noutros países do continente

americano, pero quizais unha das diferenzas máis relevantes entrambas as

dúas se manifesta no ámbito demográfico e cultural. O número de inmigrantes

galegos e españois en Norteamérica é comparativamente menor e atópanse

nun país onde a lingua e os costumes resultan descoñecidos, o que dificulta

a súa adaptación ao novo ambiente. Como declaraba Juan Español nun artigo

publicado no Boletín Oficial de la Unión Benéfica Española de Nova York en

1917: «emigrar a un país de lengua española es también emigrar y por tanto

sentir dolor, pero emigrar a un país de lengua que nos es desconocida es

4. Sobre a presenza galega en Tampa véxase Varela-Lago, A.: «La emigración gallega a los Estados

Unidos: La colonia gallega de Tampa, Florida» en Fernández Salgado, B. (ed.) (1997):

IV Congreso Internacional de Estudios Galegos, Oxford, Oxford Centre for Galician Studies, pp.

431-49.

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (63-84) ] 65

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!