Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
14.05.2013 Views

Ana Varela-Lago órgano oficial do Centro Asturiano de Tampa; a noticia era a visita á dita cidade do alcalde de Ribadeo, José Acevedo. Baixo o titular «distinguido visitante», El Astur informaba de que, tras unha estadía en Cuba para ocuparse de negocios persoais, Acevedo facía escala en Tampa, de paso a Nova York, para visitar o seu amigo Manuel F. López, tamén nativo de Ribadeo. 1 Pero a visita de Acevedo tiña outro obxectivo, segundo destacaba o semanario no seguinte número, «conseguir el apoyo monetario de todos los hijos de Galicia residentes en la ciudad, para la erección y sostenimiento de una nueva escuela que piensa establecer en un pequeño pueblo de la provincia de Lugo». 2 As xestións do alcalde deron froito, pois dous meses máis tarde El Astur dedicáballe un artigo ao Círculo Habanero de la Devesa en Cuba e anunciaba que Acevedo e López xestionaran o establecemento dunha delegación do Círculo en Tampa para contribuír a custear as reformas necesarias na escola da Devesa. 3 En anos sucesivos, aparecen referencias na prensa española da cidade floridana a varias festas e reunións organizadas por Los Hijos de la Devesa con este fin, ilustrando os estreitos vínculos que mantiñan unidos os devesanos en Galicia coa «parroquia de acolá» en Cuba e nos Estados Unidos. O establecemento en Tampa dunha delegación do Círculo Habanero de la Devesa non era un caso único, senón que constituía a máis recente adición ao asociacionismo galego nesta cidade, que se remontaba a finais do século xix, cando un bo número de galegos (xunto a emigrantes de Asturias e a cornixa cantábrica) fundaron o Centro Español de Tampa en 1891. O carácter destas sociedades fíxose máis especificamente galego ao aumentar a inmigración galega nos Estados Unidos no primeiro terzo do século xx. En 1908 funcionaba en Tampa unha delegación da sociedade de instrución Hijos de San Miguel y Reinante e tamén hai referencias á existencia de delegacións da Unión Mañonesa e da Devesana (de San Sebastián dos Devesos, en Ortigueira). En 1911 El Barcalés publicaba a listaxe dos barcaleses residentes en Tampa que contribuíran a unha subscrición por valor de 250 pesetas a prol da sociedade agraria Liga Barcalesa. En 1916 fundábase en Tampa a sociedade benéfica Acción Gallega, que, ademais de lles proporcionar axuda aos seus membros, contribuíu en 1927 á construción do hospital antituberculoso en Cesuras, ofrecén- 1. «Distinguido visitante», El Astur, 1-VII-1927. Segundo o artigo, Acevedo posuía en Cuba «una gran fábrica de cajones para envase de tabacos y galletas». Manuel F. López era Manuel Fernández López, que, seguindo unha práctica corrente entre os españois residentes nos Estados Unidos, onde non é común utilizar os dous apelidos, abreviaba o apelido paterno e utilizaba o materno. 2. «Figuras españolas. José Acevedo», El Astur, 8-VII-1927. 3. «Una sociedad modelo. El Círculo Habanero y su labor cultural», El Astur, 13-IX-1927. 6 [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (63-84) ]

A emigración galega aos Estados Unidos: galegos en Louisiana, Florida e Nova York (1870-1940) dolle á Junta Provincial Antituberculosa de La Coruña un cheque por valor de máis de mil dólares. 4 Esta breve introdución ofreceu unha mostra da achega dos emigrantes galegos en Florida a unha variedade de obras comunitarias nos seus lugares de orixe. Non descubro nada novo cando sinalo a relevancia que tivo para Galicia a importante actividade asociativa e cultural da diáspora. O meu propósito neste artigo é salientar un aspecto relativamente descoñecido deste fenómeno, o da contribución dos galegos residentes nos Estados Unidos. Ao mesmo tempo quero presentar unha perspectiva de conxunto, que, por necesidade, ha ser moi esquemática, da emigración galega a Norteamérica dende finais do século xix ata mediados do xx, centrándome en tres estados: Louisiana, Florida e Nova York. Un primeiro apartado, que cobre o derradeiro cuarto do século xix, examinará dous exemplos de emigración, que se poden cualificar de atípica en relación coas tendencias xerais da emigración europea aos Estados Unidos nesa época: o recrutamento de emigrantes galegos a Louisiana e a emigración de tabaqueiros galegos a Florida. Un segundo apartado tratará a época da chamada emigración masiva, dende o final da guerra de Cuba en 1898 ata o establecemento das cotas de inmigración nos Estados Unidos nos anos vinte. Un terceiro e último apartado discutirá a resposta das comunidades galegas á Guerra Civil española. O RECRUTAMENTO DE EMIGRANTES GALEGOS A LOUISIANA En moitos aspectos a experiencia migratoria dos galegos nos Estados Unidos foi similar á dos seus paisanos residentes noutros países do continente americano, pero quizais unha das diferenzas máis relevantes entrambas as dúas se manifesta no ámbito demográfico e cultural. O número de inmigrantes galegos e españois en Norteamérica é comparativamente menor e atópanse nun país onde a lingua e os costumes resultan descoñecidos, o que dificulta a súa adaptación ao novo ambiente. Como declaraba Juan Español nun artigo publicado no Boletín Oficial de la Unión Benéfica Española de Nova York en 1917: «emigrar a un país de lengua española es también emigrar y por tanto sentir dolor, pero emigrar a un país de lengua que nos es desconocida es 4. Sobre a presenza galega en Tampa véxase Varela-Lago, A.: «La emigración gallega a los Estados Unidos: La colonia gallega de Tampa, Florida» en Fernández Salgado, B. (ed.) (1997): IV Congreso Internacional de Estudios Galegos, Oxford, Oxford Centre for Galician Studies, pp. 431-49. [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (63-84) ] 65

Ana Varela-Lago

órgano oficial do Centro Asturiano de Tampa; a noticia era a visita á dita cidade

do alcalde de Ribadeo, José Acevedo. Baixo o titular «distinguido visitante»,

El Astur informaba de que, tras unha estadía en Cuba para ocuparse de

negocios persoais, Acevedo facía escala en Tampa, de paso a Nova York, para

visitar o seu amigo Manuel F. López, tamén nativo de Ribadeo. 1 Pero a visita

de Acevedo tiña outro obxectivo, segundo destacaba o semanario no seguinte

número, «conseguir el apoyo monetario de todos los hijos de Galicia residentes

en la ciudad, para la erección y sostenimiento de una nueva escuela que

piensa establecer en un pequeño pueblo de la provincia de Lugo». 2

As xestións do alcalde deron froito, pois dous meses máis tarde El Astur

dedicáballe un artigo ao Círculo Habanero de la Devesa en Cuba e anunciaba

que Acevedo e López xestionaran o establecemento dunha delegación do Círculo

en Tampa para contribuír a custear as reformas necesarias na escola da

Devesa. 3 En anos sucesivos, aparecen referencias na prensa española da cidade

floridana a varias festas e reunións organizadas por Los Hijos de la Devesa con

este fin, ilustrando os estreitos vínculos que mantiñan unidos os devesanos en

Galicia coa «parroquia de acolá» en Cuba e nos Estados Unidos.

O establecemento en Tampa dunha delegación do Círculo Habanero de

la Devesa non era un caso único, senón que constituía a máis recente adición

ao asociacionismo galego nesta cidade, que se remontaba a finais do século xix,

cando un bo número de galegos (xunto a emigrantes de Asturias e a cornixa

cantábrica) fundaron o Centro Español de Tampa en 1891. O carácter destas

sociedades fíxose máis especificamente galego ao aumentar a inmigración

galega nos Estados Unidos no primeiro terzo do século xx. En 1908 funcionaba

en Tampa unha delegación da sociedade de instrución Hijos de San Miguel

y Reinante e tamén hai referencias á existencia de delegacións da Unión Mañonesa

e da Devesana (de San Sebastián dos Devesos, en Ortigueira). En 1911

El Barcalés publicaba a listaxe dos barcaleses residentes en Tampa que contribuíran

a unha subscrición por valor de 250 pesetas a prol da sociedade agraria

Liga Barcalesa. En 1916 fundábase en Tampa a sociedade benéfica Acción

Gallega, que, ademais de lles proporcionar axuda aos seus membros, contribuíu

en 1927 á construción do hospital antituberculoso en Cesuras, ofrecén-

1. «Distinguido visitante», El Astur, 1-VII-1927. Segundo o artigo, Acevedo posuía en Cuba

«una gran fábrica de cajones para envase de tabacos y galletas». Manuel F. López era Manuel

Fernández López, que, seguindo unha práctica corrente entre os españois residentes nos Estados

Unidos, onde non é común utilizar os dous apelidos, abreviaba o apelido paterno e utilizaba

o materno.

2. «Figuras españolas. José Acevedo», El Astur, 8-VII-1927.

3. «Una sociedad modelo. El Círculo Habanero y su labor cultural», El Astur, 13-IX-1927.

6 [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (63-84) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!