14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Unha achega á emigración galega a Nova York

grupos anarquistas e socialistas das SHC tamén lle afectou ao propio Castelao,

acusado por algúns dos seus paisanos de adoitar posturas filocomunistas. Así

o expresaba nunha carta dirixida a Sebastián González García-Paz en setembro

de 1939 e referíndose a Ramón Suárez Picallo: «Non me escoitou e sigueu

decindo que eu estaba entregado aos comunistas e doulle azos a uns imbéciles

que chegaron a decir que estou a soldo da Unión Soviética». 32 Esta situación,

xunto co desencanto que lle produce a colonia galega de Nova York, fixo cada

vez máis dificultosa a súa estadía no país, ata que finalmente puido saír cara a

Bos Aires en xullo de 1940.

A Casa Galicia de Unidad Gallega, debido ao momento da súa creación,

estivo integrada nos seus primeiros anos de vida (e nalgúns casos ao longo

de moito tempo) por un considerable número de exiliados galegos. Emilio

González López, destacado historiador e profesor de Linguas Románicas

no Hunter College de Nova York, foi un dos seus membros máis destacados;

Ernesto Guerra da Cal, escritor e xefe do departamento de Linguas Románicas

e Eslavas da City University de Nova York; os lugueses Enrique e Leonardo

Santamarina, este último profesor de Lingua e Literatura na Universidade

de Rutgers, en Nova Jersey; e outros moitos máis. 33

Podemos dicir que os fins eran de tipo recreativo e cultural e estaban

dirixidos a dúas frontes. Dunha banda, aos seus asociados en Nova York;

doutra, a contribuír ao mantemento dos vínculos con Galicia; certo é que

moitas veces as actividades desenvolvidas eran unha combinación de ambos

os dous obxectivos. Canto ás actividades proxectadas cara a Galicia, foron

de orde benéfica e cultural, destacando as habituais colectas para o Sanatorio

de Antituberculosos de Oza (A Coruña), o Asilo de Anciáns de Lugo ou

a Cociña Económica da Coruña. Os seus obxectivos instrutivos plasmáronse

nas doazóns realizadas ás Escolas de Cecebre (A Coruña), Castro Caldelas e

ao Colexio de Hijas de María Inmaculada de Bañobre (Miño, A Coruña). 34 A

sociedade tamén foi partícipe da fundación do Instituto de Filoloxía da Fundación

Penzol de Vigo e, ademais, colaborou economicamente coa Real Academia

Galega e a Editorial Galaxia. 35

te de hostilidad hacia nuestra organización era ya claro desde hace mucho tiempo: desde que

ciertos elementos ganaron influencia en aquel Centro», «Unidad Gallega se retira de Sociedades

Hispanas», España Libre, vol. III, n.º 7, 14/02/1941, última páxina.

32. En Núñez Seixas, X.M. (ed.): Castelao. Obra (vol. VI: Epistolario), Vigo, Galaxia, 2000, p.

307.

33. Memorias anuais da Casa de Galicia de Unidad Gallega (1941-1974/75).

34. Memorias, 1968-69, sen paxinar.

35. Ramón Piñeiro, de feito, foi socio honorario da Casa Galicia de Unidad Gallega.

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (31-61) ] 5

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!