14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Nancy Pérez Rey

da súa vida foi absorbendo pequenas sociedades rexionais, entre elas algunhas

galegas. Dende esta data e ata 1947, momento en que se funde coa «La Nacional»,

será coñecida de diversas formas; en 1930, transformada na Unión Hispano

Benéfica, absorbe o Centro Hispano Americano e o seu anexado Club

Coruña, creado en 1903. Nove anos máis tarde converterase no Centro Español,

momento en que a maioría dos centros rexionais foron incorporados a el:

o Centro Montañés, o Centro Aragonés e o Centro Galicia, entre outros (Rueda,

1993: 236).

Son as sociedades que tiveron o seu referente xeográfico de orixe no concello

as que trataremos agora con algo máis de detalle. En xeral, este tipo de

asociacións estiveron case que exclusivamente orientadas a fomentar e mellorar

iniciativas socioeducativas nos seus lugares de orixe. A primeira delas foi a

Sociedad Sada y sus Contornos, fundada en 1913 e situada no número 311 da

rúa Water (Manhattan). O sadense Ramón Mosteiro foi o primeiro presidente

e principal cabeza dunha agrupación que tiña como obxectivo primordial a

construción dun centro escolar no concello coruñés. A escola, que foi inaugurada

no ano 1924, acabou sendo clausurada polos franquistas en 1936. Polo

que respecta á sociedade, en 1935 deixa de funcionar; tan só continúa o equipo

de fútbol da asociación, o Sada F. C. 26

A mesma iniciativa xurdiu entre os seus veciños do concello de Bergondo,

que contra o ano 1926 crearon a Sociedad Bergondo y sus Contornos, co

local social no número 94 da rúa James (Manhattan) e por imitación á sociedade

de Sada. «En Astoria había moita xente de Sada e había unha escola...

a escola de Sada y sus Contornos... e dijeron: ¿Por que en Bergondo non se

pode formar unha escola? E dixeron: Bueno, pois si... E fixeron Bergondo y

sus Contornos». 27 A escola posta en marcha por eles, así como pola sociedade

homónima que tamén se creara en Bos Aires, tivo o nome de Centro de Instrucción

y Recreo de Bergondo y sus Contornos, máis coñecido agora como

«o edificio da Senra». A escola tamén foi clausurada durante a Guerra Civil,

momento no cal a sociedade parece cesar toda actividade.

26. Segundo unha noticia do periódico España Libre, na altura da década de 1940 o club seguía

en funcionamento: «El sábado próximo, 5 del corriente celebran un grandioso baile los

muchachos deportistas del Sada F. C. en el conocido lugar Transport Hall», España Libre, II: 49

(04/10/1940), p. 4.

27. Este testemuño é o da nosa entrevistada, D. B. I., que recorda como o seu home, A. L., fixo

parte do grupo fundador da sociedade (Entrevista B).

5 [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (31-61) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!