14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Nancy Pérez Rey

Hai que pensar que a declaración feita no momento de partida, e sobre

todo para o caso dos xornaleiros (ocupación que non se especifica como tal no

destino), está encubrindo un amplo abano de traballos que o inmigrante estaba

disposto a facer, tales como canteiro, cigarreiro, tabaqueiro, albanel, mineiro

etc. Emilio González López describiu así o panorama laboral dos galegos

en Nova York:

...os galegos dominaban e copaban unha gran parte dos traballos manuais, non

profesionais, pero moi dignos, honorables e ben pagados. Tratábase de homes

que traballaban na construcción, nos barcos de carga, remolcadores, nas minas,

nos altos fornos de aceiro e ferro, no metro, nos restaurantes, de porteiros de

importantes edificios, traballando tamén nas caldeiras, fontaneiros, pintores,

caldereteiros, carpinteiros, mecánicos, etc. (Fandiño, (ed.), 2000: 60).

Do mesmo xeito, Castelao, durante a súa estadía nos Estados Unidos entre

agosto de 1938 e xullo de 1940, recolleu estas impresións: «[...] Vin o trunfo e

a derrota de moitos galegos, pero nunca vin a súa felicidade. A miña man estreitouse

aos fogoneiros, peóns, taberneiros, obreiros e lavaplatos de Nova York, aos

mariñeiros de Filadelfia e Boston, aos obreiros de Chicago [...]». 19

Para o caso concreto de Nova York, recalaron un importante número

de mariñeiros galegos que facían parte da tripulación dos barcos americanos.

Concretamente no ano 1917 a emigración aos Estados Unidos estivo formada

por «hombres en su mejor edad y por hombres de los más fuertes y más expertos

de las provincias gallegas, casi todos gentes de mar, así es que el mayor

contingente lo dieron las provincias de Pontevedra y La Coruña». 20 Así mesmo,

L. O. G. contounos que a maioría dos galegos que ela e o seu home coñeceron

en Nova York eran «naquel entonces dos que quedaban dos barcos...

pero xa xente de antiguamente que fora en barco [...] eses que andaban en barcos

mercantes e barcos pesqueiros dos que iban á pesca do... do Canadá [...]

sobre todo homes pero despois traían aquí... despois dende que se facían legales

quedaban as familias» (Entrevista A). Así mesmo, o home de D. B. I., A. L.

O., orixinario de Ouces (Bergondo, A Coruña) –cuxo rexistro de saída puidemos

localizar no AMB– aparece inscrito en decembro de 1919 no seu municipio

natal como mariñeiro, profesión que desempeñou ata a súa instalación en

19. Castelao finalizaba con estas palabras a segunda parte de Sempre en Galiza durante a súa

viaxe a Bos Aires en xullo de 1940. En Monteagudo (ed.) (2000): Castelao. Obra (vol. 2: Sempre

en Galiza), Vigo, Galaxia, p. 319.

20. Boletín del CSE, 1918: 470.

50 [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (31-61) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!