14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Nancy Pérez Rey

Distribución residencial

Tratarei agora con algo máis de vagar aspectos máis específicos da vida

dos galegos en Nova York, momento na inserción dos inmigrantes que S. L.

Baily definiu como adjustment. O proceso de axuste é a fase do proceso migratorio

que comeza cando os inmigrantes chegan ao seu destino e continúa por

un tempo indeterminado, que depende das circunstancias que lle poidan

acontecer ao individuo ou ao grupo. Falamos de circunstancias relacionadas

coa procura de traballo, co lugar de residencia ou socialización, entre outras,

e sobre as cales trataremos de dar algunhas pinceladas para o caso dos galegos

(Baily, 1999: 17).

Neste sentido, considero que a elección do lugar de residencia é un elemento

clave no proceso de axuste dos inmigrantes no medio de acollida, xa

que vén determinado, na maioría dos casos, por aspectos de tipo laboral, de

custos inmobiliarios, de transporte e incluso variables de tipo cultural e individual.

Os galegos que chegaron a Nova York asentáronse, xa que logo, en

determinados barrios da cidade, tendo en conta a proximidade aos lugares

de traballo, coincidindo en moitos casos con outros paisanos ou familiares. J.

V. chegou a Nova Jersey en 1960, onde residían uns parentes distantes. Despois

de traballar un tempo na construción «por mediación deses gallegos que

eran do Freixo (Serra de Outes, A Coruña), recomendáronlle a outros señores

que eles conocían no estado de Nova York, un sitio que se chama Long Island

[...] e entonces foi para alí, a traballar, cuns señores gallegos que traballaban

en jardinería». 13

Como xa avanzamos un pouco máis arriba, semella que unha boa parte

dos galegos estaban concentrados no barrio de Astoria, en Queens, lugar

onde tamén se radicou nos últimos anos unha das sociedades máis importantes

da comunidade galega, a Casa Galicia de Unidad Gallega. A outra das

nosas entrevistadas, D. B. I., esperáballe unha casa, xa en propiedade, en Astoria

cando se reúne co seu home no ano 1947: «Ao meu lado vivía E. de Ríos, e

J. vivía en Broadway, na 74». D. B. I. naceu en Moruxo (Ouces, Bergondo), en

marzo de 1899 e aínda lembra cunha lucidez admirable a súa emigración e a

da súa familia a Nova York. O seu home, A. L., instalárase nesta cidade, aínda

solteiro, na década de 1910 e contaba ademais cunha experiencia migratoria

13. Fragmento dunha entrevista realizada a L. O. G., que emigrou en 1962 para reunirse co

seu home, J. V., ata o ano 1967. Esta parella volverá aos EE UU en 1990 e residirá esta vez por

tres anos entre Las Vegas e Nova York. Entrevista realizada pola autora a L. O. G. no Pino de

Val (Mazaricos, A Coruña), o 3 de setembro de 2000. (A partir de agora será citada como Entrevista

A).

6 [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (31-61) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!