14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Unha achega á emigración galega a Nova York

Municipal de Oleiros (AMO) foron utilizados dous libros que recollen as follas

de identidade daquelas persoas que tiñan intención de emigrar. O primeiro

abrangue os anos 1929-1934 e o segundo vai de xullo de 1934 a decembro

de 1941. Por último, no arquivo municipal do concello de Sada (AMS), ao

non localizarmos ningún tipo de fonte semellante ás anteriores, recorreuse

á información proporcionada polos censos municipais: concretamente o

exame do censo de 1935 ofreceunos a posibilidade de determinar o lugar de

residencia dos ausentes de tres parroquias do concello.

Resulta conveniente aclarar que non sempre podemos falar de emigrantes

no momento de nos referir aos rexistros nominais extraídos destas tres fontes.

Para o caso de Oleiros, os libros consultados anotan persoas con intención

de emigrar; polo tanto, sería máis correcto referirnos a «intencións de emigración»

antes ca a emigrantes en por si, aínda que a maioría deles puidesen levar

a cabo o seu propósito. No caso de Sada, claramente debemos falar de ausencias.

A respecto de Bergondo, os rexistros anotan baixas por emigración ou

inmigración e talvez non sexa tan arriscado falar de emigrantes.

O uso de fontes persoais, ou fontes nominativas, foi básico á hora de realizar

a análise das características e dos comportamentos da emigración a Nova

York dende a área sinalada. Importantes traballos recentes –entre outros os de

Moya (1998: 409-21 e 1996: 287-301), Devoto (2000: 219-315) ou Vázquez

González (1996: 139-75)– utilizaron este tipo de documentación nun intento

de evidenciar os límites das análises, exclusivamente globais, para demostrar

a utilidade e o acerto das interpretacións que apostan por unha conxunción

das perspectivas macro (das grandes revolucións) coas particularidades locais

e persoais: «A vantaxe non está no medio senón nos extremos ou, máis precisamente,

no encontro e na interacción dos extremos: das revolucións globais e

das particularidades locais, do capitalismo internacional e das redes de parentesco,

do mundo á pequena vila» (Moya, 1998: 4).

A utilización de fontes estatísticas españolas de emigración, concretamente

os boletíns informativos editados polo Consejo Superior de Emigración a

partir de 1909, foi igualmente importante á hora de contextualizar o cadro desta

emigración no ámbito tanto galego como estatal. Para a análise do establecemento

dos galegos en Nova York combináronse fontes de tipo bibliográfico,

principalmente testemuños de persoas que tiveron unha experiencia migratoria

nesa cidade, xunto con referencias ao tema presente nalgúns dos poucos estudos

existentes, así como a utilización da fonte oral por medio de varias entrevistas

a algúns dos protagonistas da emigración galega en Nova York.

Condicionados por este tipo de fontes e o uso que se pretendeu facer

delas, centrarémonos nunha análise fundamentalmente cuantitativa, atenden-

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (31-61) ] 5

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!