Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
14.05.2013 Views

Nancy Pérez Rey emigrantes españois, ao contrario doutros grupos europeos que, como os italianos ou irlandeses, entre outros, elixiron ese destino. Tal e como sinalou Blanca Sánchez Alonso (2000) ao cuestionar o porqué da escasa emigración española aos Estados Unidos, as semellanzas culturais, lingüísticas e as relacións comerciais e históricas da Península con América Latina compensaron máis ca os altos salarios norteamericanos á hora de non escoller este destino nas súas emigracións. Así e todo, non faltaron homes e mulleres que decidiron desenvolver as súas experiencias migratorias neste país, xa dende moi cedo. Deste xeito, o que aquí queremos presentar é un achegamento introdutorio ao estudo da emigración española aos Estados Unidos, en particular á área de Nova York, 1 a través da análise dalgúns aspectos da experiencia migratoria dos galegos dunha comarca específica nese destino. Aínda que a bibliografía existente sobre o tema non é moi abondosa –xa que só podemos mencionar algúns traballos de carácter xeral para a emigración española nos Estados Unidos (Rueda, 1993; Rueda e González López-Briones, 1995; Martínez-Shaw, 1993)–, existe constancia desta emigración xa dende a época colonial. Tratábase de explotacións rancheiras instaladas en California e en Florida, fundamentalmente, aínda que a presenza de galegos non fora moi destacable (Parrilla et al., 1987: 28; Rueda, 1993: 21-35). Ademais, tamén se quixo ver na chegada de xudeus sefardís a Norteamérica unha posible orixe dos posteriores asentamentos españois. Ao noso parecer, para demostrar esta aserción deberíase facer unha rastrexadura moi profunda e complexa do periplo migratorio destes xudeus dende a saída da Península Ibérica. É cuestionable, ademais, a capacidade e a eficacia destes pioneiros na atracción de peninsulares en momentos posteriores, xa que os lazos anteriores, na maioría dos casos, puideron quedar cortados. Máis alá destas primeiras experiencias coloniais, e xa en pleno século xix, os vascos e os galegos semellan ser os dous grupos de cidadáns españois máis numerosos na emigración aos Estados Unidos. Os primeiros establecéronse nalgúns estados do oeste americano, como California ou Idaho, como coidadores de ovellas (Douglas e Bilbao, 1986: 422-25). Os segundos chegan xa dende moi cedo tamén ao estado californiano para se dedicaren a actividades agrícolas como a recolleita da laranxa, pero asentaranse principalmen- 1. Entendemos como área de Nova York os 5 distritos da gran cidade: Bronx, Manhattan, Queens, Brooklyn e Staten Island, así como as cidades periféricas a ela do estado de Nova Jersey: Newark, Elisabeth e Jersey City, principalmente. [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (31-61) ]

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (31-61) ] Unha achega á emigración galega a Nova York te nos estados máis orientais do país xa dende finais do xix (Rueda e González López-Briones, 1995: 135). Seguindo co grupo dos galegos, obxecto do noso estudo, hai que destacar a apreciación que xa fixo J. C. Moya (1998: 85), sinalando que a comezos do século xx algúns emigrantes galegos xa se dirixían cara a Brooklyn –e non aos ranchos gandeiros do oeste dos Estados Unidos–, onde uns cantos shipboiler workers (fogueiros) se instalaran previamente. Os informes elaborados polo Consejo Superior de Emigración, órgano estatal creado en 1909 e encargado de regular, organizar e inspeccionar a emigración española transoceánica, manifestan a presenza galega na costa leste dos Estados Unidos. Grazas a estes testemuños podemos considerar que o fluxo de galegos cara á área de Nova York parece consolidado por medio da progresiva instalación de mariñeiros, xeralmente tripulantes das compañías navieiras norteamericanas, e que posteriormente atraerían paisanos e familiares. «Hay gran número de españoles empleados como marineros, fogoneros, paleros y engrasadores en los buques de la marina mercante americana, y dragas y buques del Gobierno americano; su mayoría son de las provincias de Galicia, Santander y Vizcaya, y puede asegurarse que éstos en este puerto pueden pasar de 4000». 2 Máis especificamente, o compoñente galego desta emigración queda reflectido noutro informe do ano 1916, que especifica as comarcas de orixe destes emigrantes e tamén alerta do recrutamento de moitos deles cara a Norteamérica: «Otra recluta acerca de la cual debemos llamar la atención, [...] es la que en la actualidad se está realizando en la margen derecha de la ría de Arosa y parte colindante de la provincia de Coruña. [...] y especialmente en Riveira, Carreira y Caramiñal, agentes poco escrupulosos están reclutando gentes infelices con destino a Norte-América». 3 Isto apunta a certa especialización en canto ao lugar de orixe destes emigrantes xa que determinadas áreas da xeografía galega participaron máis activamente ca outras na emigración aos Estados Unidos. O recrutamento que acabamos de sinalar realizouse especificamente na provincia da Coruña, e máis concretamente na banda dereita da ría de Arousa e zonas contiguas á cidade da Coruña. Refírese fundamentalmente a municipios de longa tradición mariñeira como Ribeira, Boiro, Porto do Son e A Pobra do Caramiñal na ría de Arousa, así como aos concellos tamén costeiros de Muros e Carnota, dunha banda, e de Bergondo, Oleiros e Sada, da outra. 2. Boletín del Consejo Superior de Emigración, 1912: 117-124. 3. Boletín del Consejo Superior de Emigración, 1916: 62.

Nancy Pérez Rey

emigrantes españois, ao contrario doutros grupos europeos que, como os italianos

ou irlandeses, entre outros, elixiron ese destino.

Tal e como sinalou Blanca Sánchez Alonso (2000) ao cuestionar o porqué

da escasa emigración española aos Estados Unidos, as semellanzas culturais,

lingüísticas e as relacións comerciais e históricas da Península con América

Latina compensaron máis ca os altos salarios norteamericanos á hora de non

escoller este destino nas súas emigracións. Así e todo, non faltaron homes

e mulleres que decidiron desenvolver as súas experiencias migratorias neste

país, xa dende moi cedo.

Deste xeito, o que aquí queremos presentar é un achegamento introdutorio

ao estudo da emigración española aos Estados Unidos, en particular á área

de Nova York, 1 a través da análise dalgúns aspectos da experiencia migratoria

dos galegos dunha comarca específica nese destino. Aínda que a bibliografía

existente sobre o tema non é moi abondosa –xa que só podemos mencionar

algúns traballos de carácter xeral para a emigración española nos Estados Unidos

(Rueda, 1993; Rueda e González López-Briones, 1995; Martínez-Shaw,

1993)–, existe constancia desta emigración xa dende a época colonial. Tratábase

de explotacións rancheiras instaladas en California e en Florida, fundamentalmente,

aínda que a presenza de galegos non fora moi destacable

(Parrilla et al., 1987: 28; Rueda, 1993: 21-35).

Ademais, tamén se quixo ver na chegada de xudeus sefardís a Norteamérica

unha posible orixe dos posteriores asentamentos españois. Ao noso

parecer, para demostrar esta aserción deberíase facer unha rastrexadura moi

profunda e complexa do periplo migratorio destes xudeus dende a saída da

Península Ibérica. É cuestionable, ademais, a capacidade e a eficacia destes

pioneiros na atracción de peninsulares en momentos posteriores, xa que os

lazos anteriores, na maioría dos casos, puideron quedar cortados.

Máis alá destas primeiras experiencias coloniais, e xa en pleno século

xix, os vascos e os galegos semellan ser os dous grupos de cidadáns españois

máis numerosos na emigración aos Estados Unidos. Os primeiros establecéronse

nalgúns estados do oeste americano, como California ou Idaho, como

coidadores de ovellas (Douglas e Bilbao, 1986: 422-25). Os segundos chegan

xa dende moi cedo tamén ao estado californiano para se dedicaren a actividades

agrícolas como a recolleita da laranxa, pero asentaranse principalmen-

1. Entendemos como área de Nova York os 5 distritos da gran cidade: Bronx, Manhattan,

Queens, Brooklyn e Staten Island, así como as cidades periféricas a ela do estado de Nova Jersey:

Newark, Elisabeth e Jersey City, principalmente.

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (31-61) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!