Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
14.05.2013 Views

PROCESO DE ESCOLMA E AVALIACIÓN DE ORIXINAIS Estudos Migratorios é unha revista destinada a ampliar e difundir o coñecemento científico no eido do estudo das migracións en perspectiva histórica, económica, sociolóxica, antropolóxica ou politolóxica, cunha especial atención ao ámbito galego. Tematicamente, abrangue todos os eidos das ciencias sociais e das humanidades, e vai dirixida a investigadores, historiadores profesionais, estudantes e todas aquelas persoas interesadas no coñecemento científico do fenómeno migratorio. Os traballos presentados a Estudos Migratorios haberán ser orixinais e serán sometidos á avaliación confidencial de dous expertos alleos ao equipo editorial, seguindo criterios internacionais. Caso de os avaliadores propoñeren modificacións na redacción do orixinal, será de responsabilidade do equipo editorial —unha vez informado o autor— o seguimento do proceso de reelaboración do traballo. Caso de non ser aceptado para a súa edición, o orixinal será devolto ao seu autor, xunto cos ditames emitidos polos avaliadores. Estudos Migratorios comprométese a dar conta aos autores da decisión de publicar ou non o seu traballo nun prazo máximo de catro meses. En calquera caso, os orixinais que non se suxeiten ás seguintes normas técnicas serán devoltos aos seus autores para a súa corrección, antes do seu envío aos avaliadores. NORMAS TÉCNICAS PARA PRESENTACIÓN DE TRABALLOS 1. De cada traballo presentarase un documento informático en formato Word, RTF ou semellante. Este último recoméndase envialo por correo electrónico aos enderezos: aemigracion@consellodacultura.org, coa mención expresa «artigo para EE. MM.». Tamén se pode enviar en CD, rotulando o nome do autor ou autores e o título completo do traballo. 2. Os traballos levarán o encabezamento como segue: — título do artigo: aliñación esquerda, maiúscula, negra. — nome e apelidos do/a autor/a: debaixo do título, aliñación esquerda, minúscula, cursiva. 3. Os traballos poderanse redixir e enviar en galego, portugués, español ou, de xeito excepcional, calquera outra lingua académica de uso internacional. 4. As citas textuais —citas dentro do texto principal— que non sobarden as tres liñas deberán ir entre comiñas dobres, co mesmo tipo de letra e sen cursiva. Incluirán o apelido do autor, o ano e o número da páxina; a referencia completa reservarase para a bibliografía. Exemplos: a) (Ferreira 1989: 47); b) (Ferreira, 1989, p. 47). Canto ás citas máis longas, poñeranse en parágrafo á parte con sangría pola esquerda e letra de corpo 10. Unha cita dentro doutra cita marcarase con comiñas simples. 5. As notas do texto principal estarán numeradas de xeito correlativo. Non se incluirán aquí as notas ou aclaracións de táboas, cadros ou ilustracións. De seguir signo de puntuación ao número de chamada a nota, o signo de puntuación irá antes do número da chamada e nunca despois. Ex.: Compostela. 1 e non Compostela1 . [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (243-244) ]

PROCESO DE ESCOLMA E AVALIACIÓN DE ORIXINAIS

Estudos Migratorios é unha revista destinada a ampliar e difundir o coñecemento

científico no eido do estudo das migracións en perspectiva histórica, económica, sociolóxica,

antropolóxica ou politolóxica, cunha especial atención ao ámbito galego. Tematicamente,

abrangue todos os eidos das ciencias sociais e das humanidades, e vai dirixida a investigadores,

historiadores profesionais, estudantes e todas aquelas persoas interesadas no coñecemento

científico do fenómeno migratorio.

Os traballos presentados a Estudos Migratorios haberán ser orixinais e serán sometidos

á avaliación confidencial de dous expertos alleos ao equipo editorial, seguindo criterios

internacionais. Caso de os avaliadores propoñeren modificacións na redacción do orixinal,

será de responsabilidade do equipo editorial —unha vez informado o autor— o seguimento do

proceso de reelaboración do traballo. Caso de non ser aceptado para a súa edición, o orixinal

será devolto ao seu autor, xunto cos ditames emitidos polos avaliadores.

Estudos Migratorios comprométese a dar conta aos autores da decisión de publicar ou

non o seu traballo nun prazo máximo de catro meses.

En calquera caso, os orixinais que non se suxeiten ás seguintes normas técnicas serán

devoltos aos seus autores para a súa corrección, antes do seu envío aos avaliadores.

NORMAS TÉCNICAS PARA PRESENTACIÓN DE TRABALLOS

1. De cada traballo presentarase un documento informático en formato Word, RTF ou semellante.

Este último recoméndase envialo por correo electrónico aos enderezos:

aemigracion@consellodacultura.org, coa mención expresa «artigo para EE. MM.». Tamén se

pode enviar en CD, rotulando o nome do autor ou autores e o título completo do traballo.

2. Os traballos levarán o encabezamento como segue:

— título do artigo: aliñación esquerda, maiúscula, negra.

— nome e apelidos do/a autor/a: debaixo do título, aliñación esquerda, minúscula, cursiva.

3. Os traballos poderanse redixir e enviar en galego, portugués, español ou, de xeito excepcional,

calquera outra lingua académica de uso internacional.

4. As citas textuais —citas dentro do texto principal— que non sobarden as tres liñas deberán ir

entre comiñas dobres, co mesmo tipo de letra e sen cursiva. Incluirán o apelido do autor, o ano

e o número da páxina; a referencia completa reservarase para a bibliografía.

Exemplos: a) (Ferreira 1989: 47); b) (Ferreira, 1989, p. 47).

Canto ás citas máis longas, poñeranse en parágrafo á parte con sangría pola esquerda e letra

de corpo 10. Unha cita dentro doutra cita marcarase con comiñas simples.

5. As notas do texto principal estarán numeradas de xeito correlativo. Non se incluirán aquí as

notas ou aclaracións de táboas, cadros ou ilustracións.

De seguir signo de puntuación ao número de chamada a nota, o signo de puntuación irá antes do

número da chamada e nunca despois. Ex.: Compostela. 1 e non Compostela1 .

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (243-244) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!