14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Erica da Silva Sarmiento

te apareceu nas fichas consulares como «do comercio». Os xornaleiros e as amas

de casa ocupan, cada un deles, o 14,6% das ocupacións dese municipio.

Na provincia da Coruña a concentración sitúase maioritariamente nun

só lugar: Santa Comba. Este municipio superou en número a todos os demais

concellos galegos, cun total de 114 emigrantes. Os concellos limítrofes ou

próximos como A Baña, Mazaricos e Outes conforman o foco migratorio coruñés,

aínda que o número de emigrantes non supera os trinta por concello, cantidade

moi inferior á da veciña localidade de Santa Comba.

A emigración de Santa Comba ao Río de Xaneiro comezou na década de

1880. O primeiro rexistro localizado foi nos arquivos do Hospital Español,

cun emigrante chamado Manuel Espasandín, procedente da parroquia de San

Cristovo de Mallón e que se matriculou como socio no ano 1882. Mallón é a

parroquia de onde se rexistraron máis emigrantes, tanto nas fichas do Consulado

Español como na Beneficência Espanhola. No Consulado, o rexistro

máis antigo é de José Turnes Vázquez, quen chegou en 1887 a Río de Xaneiro,

tamén procedente da parroquia de Mallón. O caso de Santa Comba é unha

excepción dentro da provincia da Coruña xa que esta non ten unha tradición

migratoria a Brasil como as provincias de Pontevedra e Ourense. A hipótese

máis plausible sería a construción dunha cadea migratoria que se iniciaría cos

pioneiros no final da década do século xix ou a posible acción dos ganchos

que buscaron nesta zona a posibilidade de recrutar emigrantes. O seguimento

desta rede microsocial ao longo de máis de medio século lévanos a crer que

os emigrantes de Santa Comba tiñan algún coñecemento sobre Río de Xaneiro,

supostamente a través de paisanos retornados ou parentes que se estableceran

no Brasil, concentrándose maioritariamente neste Estado brasileiro e

procedendo o 27% da parroquia de Mallón. Outra hipótese plausible sería a

emigración a Portugal. Segundo a investigación realizada por López Taboada

no Arquivo do Consulado Geral de Espanha en Lisboa e nas listas de prófugos

elaboradas polos xefes de diversos rexementos de Galicia, a orixe xeográfica

dos emigrados concéntrase en municipios como Vimianzo, Zas, Outes

e Negreira; todos eles próximos a Santa Comba e con índices apreciables de

emigración ao Río de Xaneiro 13 (López Taboada, 1996: 419). Curiosamente,

malia que Santa Comba presenta o máis alto rexistro de emigrantes, o concello

de Vimianzo aparece nas fichas do Hospital Español desde o ano 1862. Nos

arquivos do Consulado Español o primeiro emigrante deste municipio chegou

a Río de Xaneiro en 1896. Iso significa que de Vimianzo xa se dirixían gale-

13. Aínda que eses concellos presenten baixas taxas migratorias ao Río de Xaneiro, representan

o foco migratorio coruñés a ese Estado brasileiro.

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (7-29) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!