14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Francisco X. Fernández Naval

importantes froitos culturais. A relación de Cortázar cos exiliados galegos

móstranos o grande labor cultural levado a cabo por estes no país de acollida.

En efecto, nas páxinas do libro de Fernández Naval podemos comprobar

a relación de Cortázar con Arturo Cuadrado ou con Lorenzo Varela, que

non dubidaron en convidar o autor arxentino a colaborar nas revistas literarias

que crearon en Bos Aires. Podemos destacar, neste senso, o labor de

crítica literaria que desenvolveu Cortázar na revista Cabalgata, grazas ao convite

realizado por Lorenzo Varela. Porén, a brillante creación literaria de Julio

Cortázar tamén tería unha importante presenza nestas revistas literarias. Así,

como exemplo, podemos sinalar a publicación do relato «Bruja» no número

dezanove da revista Correo Literario, que tiña como directores a tres homes

chave do exilio galego: Arturo Cuadrado, Lorenzo Varela e Luís Seoane. Deste

xeito podemos comprobar como o labor cultural do exilio galego contribuíu

á difusión da obra literaria de Julio Cortázar. Varios son os retratos que Luis

Seoane realizou do autor de Rayuela, un dos cales, por certo, ilustra a cuberta

do libro que comentamos.

Emporiso, Cortázar non só participou nestas empresas culturais, senón

que se integrou de xeito activo no ambiente cultural, no fervedoiro de ideas

e de proxectos xerado tras a chegada dos exiliados galegos á capital arxentina.

Se cadra, o mellor exemplo desa adopción de Cortázar polos exiliados é a

súa participación no mítico faladoiro do café Tortoni, a onde chega, segundo

información de Fernández Naval, grazas ao escultor Lorenzo Domínguez.

Neste faladoiro coñecería Cortázar a Rafael Dieste, co cal non só mantería

relación en Bos Aires, senón tamén na súa etapa parisiense. Por outra parte,

o autor deste libro teima en atopar unha similitude na teoría do conto entre

Dieste e Cortázar, polo cal as mutuas influencias irían alén do persoal para

chegar á creación literaria.

Porén, non son os comentados os únicos galegos que tiveron unha estreita

relación con Julio Cortázar. En efecto, comprobamos como Cortázar mantivo

unha prolífica relación epistolar co editor Francisco Porrúa, da Editorial

Sudamericana. O libreiro Francisco Gil foi amigo non só de Cortázar, senón

da maioría dos escritores arxentinos que pasaron pola súa libraría. A nómina

aínda é máis grande: Antonio Pérez Prado, José Ángel Valente, Ramón Chao

ou Leopoldo Novoa completarían as relacións galegas de Cortázar. Cómpre

non esquecer, polo que lle atinxe ao ámbito das relacións persoais, que o noso

escritor casou con Aurora Bernárdez, arxentina filla de galegos, así como irmá

do poeta Francisco Luis Bernárdez.

A posición tan destacada dos emigrantes e dos exiliados galegos na vida

de Julio Cortázar non podía deixar de manifestarse na súa obra. En efecto, nes-

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (231-233) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!