Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
14.05.2013 Views

ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2 (2008). ISSN 1136-0291. pp. 231-233 RESPIRAR POLO IDIOMA (OS GALEGOS E JULIO CORTÁzAR) Francisco X. Fernández Naval Ourense, Linteo, 2006, 211 páxinas Adoitamos enxergar a emigración e o exilio como se se tratase dunha burbulla. Os emigrantes e os exiliados, inseridos nas sociedades de acollida, tan só son valorados polas súas ocupacións profesionais ou polo asociacionismo étnico. Non obstante, que acontece co vivir cotián? Que hai alén dos traballos e da actividade societaria? Eran exiliados e emigrantes impermeables ao acontecer diario da Habana e de Bos Aires? Afortunadamente, xa sabemos moito da inserción laboral dos emigrantes galegos nas sociedades americanas; tamén do potente movemento societario e da súa influencia na sociedade galega. Ora ben, son máis raras as obras que investigan a influencia dos emigrantes nos países de acollida. A paliar esta eiva contribúe de xeito notable o libro que imos comentar. Trátase da obra de Francisco X. Fernández Naval Respirar polo idioma (os galegos e Julio Cortázar). As páxinas deste libro infórmannos non só da importancia dos galegos na obra literaria de Julio Cortázar, senón −e isto é o importante− das múltiples empresas culturais levadas a cabo polos emigrantes e exiliados galegos en Bos Aires, actividades que contribuíron en boa medida ao pulo cultural arxentino do século xx. De máis está dicir que Julio Cortázar foi protagonista sobranceiro desas empresas culturais. O período creativo inicial de Julio Cortázar coincidiu coa chegada a Bos Aires dos exiliados galegos, que viñan fuxindo da guerra e da represión en España. Entre eses exiliados había un bo número de intelectuais, que non tardaron en ocupar un lugar principal na vida cultural arxentina. Entre estes desterrados galegos e Julio Cortázar xurdiu decontado unha osmose que daría Recibido: 07-10-2006 Aceptado: 08-01-2007 [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (231-233) ]

ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2 (2008). ISSN 1136-0291. pp. 231-233

RESPIRAR POLO IDIOMA

(OS GALEGOS E JULIO CORTÁzAR)

Francisco X. Fernández Naval

Ourense, Linteo, 2006, 211 páxinas

Adoitamos enxergar a emigración e o exilio como se se tratase dunha burbulla.

Os emigrantes e os exiliados, inseridos nas sociedades de acollida, tan

só son valorados polas súas ocupacións profesionais ou polo asociacionismo

étnico. Non obstante, que acontece co vivir cotián? Que hai alén dos traballos

e da actividade societaria? Eran exiliados e emigrantes impermeables ao acontecer

diario da Habana e de Bos Aires? Afortunadamente, xa sabemos moito

da inserción laboral dos emigrantes galegos nas sociedades americanas; tamén

do potente movemento societario e da súa influencia na sociedade galega. Ora

ben, son máis raras as obras que investigan a influencia dos emigrantes nos

países de acollida. A paliar esta eiva contribúe de xeito notable o libro que

imos comentar. Trátase da obra de Francisco X. Fernández Naval Respirar

polo idioma (os galegos e Julio Cortázar). As páxinas deste libro infórmannos non

só da importancia dos galegos na obra literaria de Julio Cortázar, senón −e isto é

o importante− das múltiples empresas culturais levadas a cabo polos emigrantes

e exiliados galegos en Bos Aires, actividades que contribuíron en boa medida

ao pulo cultural arxentino do século xx. De máis está dicir que Julio Cortázar

foi protagonista sobranceiro desas empresas culturais.

O período creativo inicial de Julio Cortázar coincidiu coa chegada a Bos

Aires dos exiliados galegos, que viñan fuxindo da guerra e da represión en

España. Entre eses exiliados había un bo número de intelectuais, que non tardaron

en ocupar un lugar principal na vida cultural arxentina. Entre estes desterrados

galegos e Julio Cortázar xurdiu decontado unha osmose que daría

Recibido: 07-10-2006 Aceptado: 08-01-2007

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (231-233) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!