14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (7-29) ]

Os galegos no Río de Xaneiro

total das fichas consulares analizadas foi en Cotobade onde se encontraron o

maior número de canteiros. Ao parecer, Cotobade xa era o concello con maior

número de canteiros no século xviii, cando emigraban a Castela ou a Portugal

(Fernández Cortizo, 1996: 429, 436-437).

Na provincia de Ourense, os concellos máis representativos sitúanse ao

sur, na zona montañosa, como Monterrei, Xinzo de Limia, Oímbra e Castrelo

do Val, con concentracións de relativa importancia en Cualedro, Trasmirás,

Pereiro de Aguiar, Verín e Baltar. O concello de Melón encóntrase fóra do

foco migratorio indicado, pero representa o municipio con maior emigración

da provincia de Ourense. A explicación está no feito de que Melón está situado

á beira de municipios pontevedreses de significativa emigración ao Río de

Xaneiro, como Covelo e Crecente. Dende 1870 xa se afirmaba en Melón a tendencia

a emigrar ao Brasil (Eiras Roel, 1992: 21). 11 Neste concello ourensán,

así como aconteceu nos concellos pontevedreses, tamén houbo unha tradición

migratoria a Portugal desde o século xvii, pola proximidade a este e a demanda

de man de obra nas grandes cidades portuarias do país veciño (Fernández

Rodríguez, 1992: 170). Os concellos limítrofes con Melón non presentaron un

significativo continxente migratorio, coa excepción de Padrenda, con 15 emigrantes

(2,58% dos emigrantes de Ourense; tamén un concello próximo aos

municipios pontevedreses de Crecente, Arbo e As Neves).

Nas fichas do Consulado Español o emigrante máis antigo, que pertencía

ao concello de Melón, Manuel Veloso Lareo, chegou a Río de Xaneiro en

1886, con apenas 13 anos de idade, afirmando ser empregado de comercio no

ano 1922. Nas fichas do Hospital Español, o mesmo emigrante xa aparece aos

40 anos coa matrícula do ano 1913 e coa mesma profesión. Veloso Lareo era

de Santa María de Melón, parroquia que ademais rexistrou a maioría de emigrantes.

Igualmente, nos arquivos do Hospital Español foi posible localizar un

emigrante coa data de matrícula máis antiga que o ano de chegada de Manuel

Veloso Lareo: o ano 1883. Este emigrante era Benito García Castro, tiña 21

anos e a profesión era a de dependente de comercio. 12

A actividade comercial é a que predomina no caso de Melón: 25 emigrantes,

o 60,9%, traballaban nos comercios; sendo que 10 deles declararon ser empregados

de comercio, soamente un afirmou ser comerciante e o resto simplemen-

11. Existe o caso dunha familia, Cendón Pérez, naturais de Melón, que prosperan en Río de

Xaneiro, actuando no sector do comercio e bancario. Ao retornar á súa aldea, acabaron incentivando

moitos meloneses a emigrar (Núñez Seixas, 1998: 349-350). Podería ser o comezo da

cadea migratoria en Melón.

12. Este emigrante non consta nas fichas do Consulado Español.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!