Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
14.05.2013 Views

María Presas Beneyto de volumes. Foi tamén nese ano cando se deixou de publicar o Boletín, o que dificulta seguir os avances da Biblioteca. Ademais, nos anos que máis se achegan ao presente, as doazóns comezaron a decaer, con máis intensidade despois da morte de Busto en 1937. O seu falecemento foi recollido nalgúns órganos de prensa da época, sobre todos naqueles que representaban as sociedades ou asociacións galegas. Así, atopamos en Cultura Gallega, publicada en Cuba en agosto de 1937, un artigo de Xaquín Pesqueira, salientado xornalista pontevedrés establecido en Bos Aires e asiduo colaborador da prensa americana, no que lembraba o pasamento de Gumersindo Busto, «un hombre de grandes iniciativas [que] pensó un día, allá por 1905, que la universidad de Compostela podría ser convertida en Universidad Hispano-americana». Para concluír, cómpre salientar outras axudas con que contou Busto, ademais das xa nomeadas, como as das diversas comisións, certas asociacións ou colectividades. Non se pode esquecer o papel sobranceiro, pola dedicación e o cariño que dende o primeiro momento mostrou á obra de Busto, do bibliotecario compostelán Dr. José María de Bustamante, quen realizou a importante tarefa de clasificar os libros que chegaban de Bos Aires e publicou dous interesantes catálogos, os cales conteñen por orde alfabética os autores de libros e folletos. Contou, ademais, con outras axudas como as dos diversos reitores composteláns, sobre todo o Dr. Blanco Rivero, que foi o que deu o primeiro pulo á Biblioteca e á súa instalación no recinto universitario; o Dr. Rodríguez Cadarso, que antes de ser reitor, cando ocupaba un posto como deputado en Madrid, xa se preocupaba pola iniciativa do notario porteño e carteábase con el (Vilanova, 1966: 1198-9). Por último, destaca o continuador de Cadarso, Luís Iglesias e Iglesias, que seguiu a prestar apoio a esta iniciativa ata que cesou no seu posto. Aínda que a idea primixenia era encher os fondos coas doazóns voluntarias de todos aqueles aos que lles interesase a iniciativa do galego, o certo é que nos anos máis próximos ao presente se pode afirmar que as doazóns se foron paralizado e a maioría das obras que entraron na Biblioteca foron produto de adquisicións. No entanto, tamén encontramos algunha doazón esporádica, e cada vez máis frecuente, que contribúe a manter vivo o espírito dun proxecto xurdido en 1904 e ao que Busto dedicaría o resto dos seus días. Salientamos ademais o carácter enciclopédico dos fondos da Biblioteca, xa que son moitos os temas que se poden atopar nos exemplares existentes no acervo da institución porque Busto non limitou en ningún momento a entrada de volumes pola temática que tratasen, sempre e cando estivesen relacionados con América. Así, atopamos nos fondos obras referidas a lexislación, medicina, economía, literatura, historia e xeografía; trátase, por tanto, dun dos repositorios máis ricaces en canto á temática americana do país. [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (213-227) ]

3. A XEITO DE CONCLUSIÓN Retornos culturais: Gumersindo Busto e a Biblioteca América da USC Intentouse, ao longo destas páxinas, reconstruír a creación e desenvolvemento da Biblioteca América da USC. O certo é que é un exemplo máis das iniciativas xurdidas nos primeiros anos do século xx dentro do hispanoamericanismo rexeneracionista que nace na península e en Latinoamérica nos derradeiros anos do século xix e que se afianza despois do denominado desastre de 1898. Na actualidade, os fondos da biblioteca constan de máis de 25 700 títulos, dos que 23 600 son monografías e o resto publicacións periódicas. Aínda que a primeira idea do autor fose limitarse unicamente a libros, como ficou dito anteriormente, aquela foise ampliando a minerais, exemplares botánicos, mapas do continente, moedas, medallas, bandeiras de varios países e bustos en bronce e mármore dos homes máis destacados de América. Como se puido observar, a ideoloxía que promoveu a constitución desta institución estivo inzada dun profundo rexeneracionismo, alentado esta vez dende América. Tras o desastre de 1898, o que necesitaba a sociedade española era unha completa limpeza e os denominados rexeneracionistas pretenderon levala a cabo. Evidentemente os pulos máis importantes naceron en España, aínda que moitas das bases prácticas con que contaron proviñan da outra beira do Atlántico; o hispanoamericanismo é unha delas. A Biblioteca América cingue isto a outro dos grandes temas do momento: a educación. Lembremos que o primeiro proxecto de Busto era crear unha Universidade Hispanoamericana, pero non de calquera tipo, senón libre. Este epíteto é moi importante, xa que unha das eivas sinaladas polos críticos do 98 era a carencia de liberdade, xunto coa falta de cultura e os laios pola patria moribunda. Neste ambiente é lóxico que unha das primeiras revistas fundadas por Gumersindo Busto se titulase Cervantes, xa que este escritor era entón recuperado como símbolo de España, xunto á súa magna obra, El Quijote. Por tanto, esta institución, ideada a comezos de século e que viu a luz en plena ditadura de Primo de Rivera, naceu baixo a óptica de rachar co pasado, nun intento de instaurar unha nova sociedade, rexenerada a través da educación. Doutra banda, Busto pertencía a sociedades marcadamente progresistas, como era a Unión Hispano-Americana Pro Valle Miñor ademais da Unión Redencionista Gallega de Bos Aires, que tamén estaban inzadas do ideal inspirador do rexeneracionismo decimonónico. 21 21. Ver en X. M. Núñez Seixas, O galeguismo en América, 1879-1936, Sada-A Coruña, Ed. do Castro, 1992, p. 96. [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (213-227) ] 5

3. A XEITO DE CONCLUSIÓN

Retornos culturais: Gumersindo Busto e a Biblioteca América da USC

Intentouse, ao longo destas páxinas, reconstruír a creación e desenvolvemento

da Biblioteca América da USC. O certo é que é un exemplo máis das iniciativas

xurdidas nos primeiros anos do século xx dentro do hispanoamericanismo

rexeneracionista que nace na península e en Latinoamérica nos derradeiros anos

do século xix e que se afianza despois do denominado desastre de 1898.

Na actualidade, os fondos da biblioteca constan de máis de 25 700 títulos,

dos que 23 600 son monografías e o resto publicacións periódicas. Aínda

que a primeira idea do autor fose limitarse unicamente a libros, como ficou

dito anteriormente, aquela foise ampliando a minerais, exemplares botánicos,

mapas do continente, moedas, medallas, bandeiras de varios países e bustos

en bronce e mármore dos homes máis destacados de América.

Como se puido observar, a ideoloxía que promoveu a constitución desta

institución estivo inzada dun profundo rexeneracionismo, alentado esta vez

dende América. Tras o desastre de 1898, o que necesitaba a sociedade española

era unha completa limpeza e os denominados rexeneracionistas pretenderon

levala a cabo. Evidentemente os pulos máis importantes naceron en

España, aínda que moitas das bases prácticas con que contaron proviñan da

outra beira do Atlántico; o hispanoamericanismo é unha delas. A Biblioteca

América cingue isto a outro dos grandes temas do momento: a educación.

Lembremos que o primeiro proxecto de Busto era crear unha Universidade

Hispanoamericana, pero non de calquera tipo, senón libre. Este epíteto é moi

importante, xa que unha das eivas sinaladas polos críticos do 98 era a carencia

de liberdade, xunto coa falta de cultura e os laios pola patria moribunda. Neste

ambiente é lóxico que unha das primeiras revistas fundadas por Gumersindo

Busto se titulase Cervantes, xa que este escritor era entón recuperado como

símbolo de España, xunto á súa magna obra, El Quijote. Por tanto, esta institución,

ideada a comezos de século e que viu a luz en plena ditadura de Primo

de Rivera, naceu baixo a óptica de rachar co pasado, nun intento de instaurar

unha nova sociedade, rexenerada a través da educación. Doutra banda, Busto

pertencía a sociedades marcadamente progresistas, como era a Unión Hispano-Americana

Pro Valle Miñor ademais da Unión Redencionista Gallega de

Bos Aires, que tamén estaban inzadas do ideal inspirador do rexeneracionismo

decimonónico. 21

21. Ver en X. M. Núñez Seixas, O galeguismo en América, 1879-1936, Sada-A Coruña, Ed. do

Castro, 1992, p. 96.

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (213-227) ] 5

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!