14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

María Presas Beneyto

Ao mesmo tempo, mentres as obras seguían chegando a Gumersindo

Busto, o problema maior que agora se presentaba era o xeito de transportar

o número tan elevado de exemplares que se atopaban no seu despacho. Os

custos da viaxe eran moi gravosos e o capital do que se dispoñía non chegaba

para pagalos. Foi nestas circunstancias cando comezou a cartearse con diferentes

compañías de transportes para pedirlles rebaixas ou algún tipo de privilexio

no custo do transporte dos seus libros. Mesmo chegou a conseguir que

os volumes fosen transportados de forma gratuíta. Segundo Alberto Vilanova

(1966: 1189), a compañía A. M. Delfino chegou a desembarcar no porto de

Vigo un total de 110 caixas, que portaban os volumes e outros efectos con

destino á Universidade de Santiago. O mesmo aconteceu coa compañía alemá

de navegación Hamburguesa, que transportou de forma gratuíta preto de 85

caixóns nunha primeira viaxe e 13 noutra.

Por fin, e despois de árdegos esforzos, o día 26 de xullo de 1926 foi inaugurada

oficialmente a Biblioteca América. Cumpríanse daquela vinte e dous

anos de intenso labor para levar ao seu cume o proxecto. Porén, o seu promotor

non puido asistir por non seren abondos os seus fondos para a adquisición

da pasaxe. O acto realizouse no paraninfo da Universidade compostelá e estivo

presidido polo director xeral de Ensino Superior, o Dr. Fernández Oliveros,

elixido como representante do Goberno e do ministro de Instrución Pública,

xunto co reitor, o Dr. Luís Blanco Rivero. Concorreron ademais outros persoeiros

do ámbito universitario, así como o arcebispo de Santiago e doce prelados

de diversas dioceses españolas. Acudiron tamén o xeneral xefe do Estado

Maior da Rexión, diversos representantes de América e España e un público

moi selecto e numeroso. Unha vez lido o discurso de apertura, pasouse á lectura

da relación de adhesións, que foron publicadas no xornal de maior raizame

na cidade, El Eco de Santiago. A seguir, o catedrático da Universidade

Ciríaco Pérez Bustamante. Busto remitiu dende Bos Aires. Nel, o notario facía

unha fermosa ofrenda e dedicáballes o traballo de tantos anos a Galicia e á

súa Universidade. 18 Falaron despois o Dr. Leyro Díaz, como representante da

Universidade de Bos Aires, quen eloxiou a institución que se inauguraba por

«la facilidad de estudiar y seguir muy de cerca ese fenómeno de desenvolvimiento

de las naciones del nuevo continente». Finalmente, tomaron a palabra

o representante da Universidade de Santiago, o Sr. Rodríguez de Viguri, e

mais o reitor. 19

18. El Eco de Santiago, 27.6.1926, p. 1.

19. Discursos en El Boletín de la Biblioteca América, n.º 10, xuño de 1927, pp. 24 e ss.

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (213-227) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!