Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
14.05.2013 Views

María Presas Beneyto Ao final da súa vida todos os seus esforzos tiveron a súa recompensa e foille outorgado o título de Doutor Honoris Causa da Universidade de Santiago de Compostela o 31 de outubro de 1934, sendo reitor desta institución o Dr. Luis Iglesias y Iglesias. 2. DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO: NACEMENTO E EVOLUCIÓN DA BIBLIOTECA AMÉRICA 5 Nun primeiro momento, Gumersindo Busto espallou a súa idea polas distintas publicacións xornalísticas, tanto de España como de América, e remitiu circulares en que explica o seu proxecto. Tamén se dirixiu a todas aquelas persoas que, dun xeito ou outro, podían cooperar na consecución do seu obxectivo. Tanto dende a península como dende a outra beira do Atlántico as respostas non tardaron en chegar, con felicitacións pola súa grande empresa e poñéndose á súa disposición para o que considerase preciso. Ademais, dende moi axiña, parte da intelectualidade galega adheriuse á proposta. Entre as máis notables destacan as adhesións de Emilia Pardo Bazán, de profesores universitarios como J. Santaló Rodríguez ou políticos como Augusto González Besada ou Eugenio Montero Ríos. Na República Arxentina rexistráronse tamén mostras de entusiasmo tanto na sociedade do país, este é o caso do que habería ser Presidente da nación no 1910, Roque Sáenz Peña, ou o director da Biblioteca Provincial de La Plata (Cagiao Vila, 1999: 118), como entre as colectividades galegas emigradas. Un exemplo témolo no Círculo Gallego, que escribe a Busto en 1904 apoiando a súa iniciativa e ofrecendo a súa colaboración. Dende o resto dos países latinoamericanos apláudese tamén a idea e chegan adhesións de todos eles. Mostras disto atopámolas reproducidas nos diferentes boletíns oficiais destinados a dar a coñecer este proxecto e que, custeados polo propio Busto, manteñen a súa edición ata 1936. Así localizamos ministerios de Instrución Pública ou representantes das secretarías de Relacións Exteriores dalgunhas repúblicas americanas e, do mesmo xeito, atopamos moitos representantes da cultura latinoamericana, como é o caso do filósofo e pensador mexicano José Vasconcelos. A prensa foi tamén moi importante neste primeiro momento, xa que nela Busto atopou un vehículo propagandístico moi eficaz. Son moitos os diarios 5. Para unha análise máis detallada sobre o xurdimento da Biblioteca e os seus colaboradores ver P. Cagiao Vila e E. Rey Tristán, «A orixe do americanismo na USC: a Universidade Libre Hispanoamericana e a Biblioteca América», en Cen anos da Biblioteca..., pp. 37-72; e P. Cagiao Vila, «Os países americanos e a Biblioteca América: Doadores, colaboradores e redes», en Cen anos..., pp. 89-132. 6 [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (213-227) ]

Retornos culturais: Gumersindo Busto e a Biblioteca América da USC que responden á iniciativa; temos constancia da chegada a Santiago de Compostela dalgún deles, como El Diario de Bos Aires, El Zapador de Colombia, La Voz de España de São Paulo ou La Voz de Galicia da Coruña. Grazas a todos estes apoios, Busto reuniu, en pouco tempo, grande cantidade de libros e obxectos para a Biblioteca-Museo que tiña en mente proxectar en Santiago e que esperaba que fose anexa á Universidade. Para conseguir este fin e concretar o recinto onde se instalaría a institución, Busto escribiulle ao reitor, Cleto Troncoso, para pedirlle a súa colaboración na habilitación dunha sala acorde coas necesidades da futura biblioteca. 6 O responsable da academia respondeulle e explicoulle que a Biblioteca que pretendía era un centro que non dependía directamente da reitoría, senón que a competencia directa correspondía á Subsecretaría do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes: «[...] a este organismo superior incumbe resolver sobre los extremos correspondientes de su carta». 7 Durante 1907 e 1908 seguen chegándolle a Busto doazóns de diversos países, que el almacena na súa casa de Bos Aires, mentres agarda polos permisos necesarios para poder trasladalas a Santiago. Estas doazóns quedan rexistradas nos diversos boletíns da Biblioteca América, polo que contamos na actualidade cunha fonte de primeira man para analizar as axudas que recibía das diferentes repúblicas americanas, así como dende a súa terra natal. Pero os trámites para a instalación da Biblioteca no recinto universitario non frutificaban, polo que Busto, na súa viaxe a Santiago en 1909 co gallo da Exposición Rexional, fixo unha petición oficial para poder trasladar e organizar a cantidade de volumes que formarán a Biblioteca. Esta visita reflectiuse nos medios de comunicación, o que indicaba a súa relevancia no mundo da cultura, aínda que o seu proxecto se atopaba nos seus comezos. 8 A petición enviada por Busto tivo resposta do Ministerio de Instrución Pública, que se dirixiu á Universidade e demandoulle que «manifieste si en la biblioteca de su cargo existe alguna sala que podrá servir para el fin indicado, o en caso negativo, proponga la solución que crea más adecuada al referido objeto». 9 Pouco tempo despois emitiuse a Real orde referente á instalación da Biblioteca América na Universidade de Santiago, cumprindo deste xeito as peticións que en repetidas ocasións formulara o seu mentor. A parte dispositiva rezaba así: «S.M. el Rey (q.D.g.) se ha servido disponer que se destine la referida sala [a do claustro de profesores] para la 6. Carta de Gumersindo Busto recollida polo Boletín de la Biblioteca América, n.º 1, Bos Aires, 1910, p. 44. 7. Boletín de la Biblioteca América, n.º 2, Bos Aires, 1910, p. 16. 8. Diario Universal, Madrid, 17.7.1909, p. 1. 9. Real orde do 16 de agosto de 1909. [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (213-227) ]

María Presas Beneyto

Ao final da súa vida todos os seus esforzos tiveron a súa recompensa e

foille outorgado o título de Doutor Honoris Causa da Universidade de Santiago

de Compostela o 31 de outubro de 1934, sendo reitor desta institución o

Dr. Luis Iglesias y Iglesias.

2. DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO:

NACEMENTO E EVOLUCIÓN DA BIBLIOTECA AMÉRICA 5

Nun primeiro momento, Gumersindo Busto espallou a súa idea polas

distintas publicacións xornalísticas, tanto de España como de América, e remitiu

circulares en que explica o seu proxecto. Tamén se dirixiu a todas aquelas

persoas que, dun xeito ou outro, podían cooperar na consecución do seu

obxectivo. Tanto dende a península como dende a outra beira do Atlántico as

respostas non tardaron en chegar, con felicitacións pola súa grande empresa e

poñéndose á súa disposición para o que considerase preciso. Ademais, dende

moi axiña, parte da intelectualidade galega adheriuse á proposta. Entre as máis

notables destacan as adhesións de Emilia Pardo Bazán, de profesores universitarios

como J. Santaló Rodríguez ou políticos como Augusto González Besada

ou Eugenio Montero Ríos. Na República Arxentina rexistráronse tamén mostras

de entusiasmo tanto na sociedade do país, este é o caso do que habería ser

Presidente da nación no 1910, Roque Sáenz Peña, ou o director da Biblioteca

Provincial de La Plata (Cagiao Vila, 1999: 118), como entre as colectividades

galegas emigradas. Un exemplo témolo no Círculo Gallego, que escribe a Busto

en 1904 apoiando a súa iniciativa e ofrecendo a súa colaboración. Dende o

resto dos países latinoamericanos apláudese tamén a idea e chegan adhesións

de todos eles. Mostras disto atopámolas reproducidas nos diferentes boletíns

oficiais destinados a dar a coñecer este proxecto e que, custeados polo propio

Busto, manteñen a súa edición ata 1936. Así localizamos ministerios de

Instrución Pública ou representantes das secretarías de Relacións Exteriores

dalgunhas repúblicas americanas e, do mesmo xeito, atopamos moitos representantes

da cultura latinoamericana, como é o caso do filósofo e pensador

mexicano José Vasconcelos.

A prensa foi tamén moi importante neste primeiro momento, xa que nela

Busto atopou un vehículo propagandístico moi eficaz. Son moitos os diarios

5. Para unha análise máis detallada sobre o xurdimento da Biblioteca e os seus colaboradores

ver P. Cagiao Vila e E. Rey Tristán, «A orixe do americanismo na USC: a Universidade Libre

Hispanoamericana e a Biblioteca América», en Cen anos da Biblioteca..., pp. 37-72; e P. Cagiao

Vila, «Os países americanos e a Biblioteca América: Doadores, colaboradores e redes», en Cen

anos..., pp. 89-132.

6 [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (213-227) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!