14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Retornos culturais: Gumersindo Busto e a Biblioteca América da USC

ricana na súa cidade natal, dotada de certos elementos complementarios, entre

os que destaca a Biblioteca América, na que finalmente centrou todos os seus

esforzos. Esta iniciativa tiña a súa base nos tentos frustrados de crear en Salamanca

unha institución semellante, idea que tamén xurdira en Arxentina, así como

nun proxecto que por iniciativa do Círculo de la Prensa de Bos Aires pretendía a

creación dunha biblioteca arxentina en Roma (Cagiao Vila, 1999: 117).

Busto desenvolveu outras actividades culturais ao longo da súa vida que

habemos ter en conta. Así, foi o fundador e director da revista Cervantes en

1906. Pertenceu, e foi ademais un dos seus máis activos membros, á Unión

Hispano Americana Pro Valle Miñor, que tiña como finalidade principal a de

fomentar a creación de escolas en Galicia e difundir esa mesma tendencia por

Latinoamérica. Así mesmo, fixo parte do Consello de Apelación do Centro

Gallego, amais de ser o representante do Centro Gallego de Bos Aires na Unión

Redencionista Gallega creada en 1910 (Núñez Seixas, 1992: 96).

Non era pois a Biblioteca o único que tiña en mentes este indiano e, así,

en 1922 concibiu o proxecto de constituír un Padroado para a Universidade

compostelá e redactou o regulamento, que obtivo críticas favorables dende

o ámbito académico e foi aprobado polo claustro universitario santiagués o

6 de outubro dese mesmo ano. Non conformándose con isto, e demostrando

unha vez máis a súa preocupación polo desenvolvemento do ensino na súa

terra natal, dentro do marco rexeneracionista dese tempo, motivou a colectividade

galega emigrada en América para a obtención de fondos que axudasen

a mellorar a situación da devandita institución académica e crear laboratorios,

mercar material científico ou contratar especialistas para ditar cátedras.

É de salientar tamén o seu entusiasmo por diversas iniciativas, todas elas

referentes a Galicia, entre elas o apoio ao Estatuto de autonomía republicano

xa que, segundo as súas propias palabras, «podrá desarrollar con amplitud sus

actividades y recursos en beneficio propio, sin las trabas y egoísmos centralistas

que hasta hoy impidieron el progreso de la región [...]». 3 Outra das iniciativas

de Busto foi crear un inventario das asociacións galegas existentes neses

momentos en terras americanas. Propuña, para acadar a máxima información,

a creación dun cuestionario que deberían cubrir as sociedades interesadas, e

que sería remitido á Biblioteca América. Así, recolleríanse os datos máis interesantes

das colectividades galegas no continente americano, acompañados, nos

casos en que fose posible, dos seus estatutos e mesmo de fotografías das escolas

ou edificios que subvencionen. 4

3. Galicia, Bos Aires, 20.9.1931, p. 1.

4. O carácter innovador de Busto queda reflectido nesta iniciativa, que de feito non será levada

a cabo ata os anos noventa do pasado século por parte do Consello da Cultura Galega.

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (213-227) ] 5

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!