14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

María Presas Beneyto

situada no Pazo de Fonseca, naceu en Arxentina, concretamente en Bos Aires

en 1904, cidade en que se asentou o seu mentor, Gumersindo Busto, nos últimos

anos do século xx.

A creación da Biblioteca América debemos entendela dentro da tendencia

hispanoamericanista e rexeneracionista que se desenvolveu dende finais

do século xix e primeiras décadas do xx a ambas as dúas beiras do Atlántico,

favorecéndose a relación entre países de orixe cultural común, xurdindo diferentes

iniciativas que pretendían este feito como obxectivo. Unha delas foi a

Biblioteca América, froito dunha das máis sobranceiras, e porén máis esquecidas,

angueiras culturais iberoamericanas que se desenvolven ao longo das primeiras

décadas do século xx.

1. UN GALEGO EN ARXENTINA: GUMERSINDO BUSTO 2

Gumersindo Busto naceu en San Martiño de Laraño (Santiago de Compostela)

o 11 de xullo de 1872. Estudou varios anos no Seminario Conciliar co

obxecto de ordenarse sacerdote, mais aos quince anos, en 1887, abandonou

esa intención e guiou os seus pasos cara a América. Nun primeiro momento

instalouse en Montevideo, onde traballou como telegrafista no Ferrocarril

Central. En 1890 trasladouse ao departamento uruguaio de Tacuarembó e

alí exerceu como mestre de escola nun establecemento rural. Na capital uruguaia

comezou os estudos de Dereito e sen acadar a licenciatura trasladouse a

Bos Aires, onde de novo traballou no ferrocarril desta capital como telegrafista.

Para proseguir os estudos iniciados renunciou ao traballo e empregouse no

Rexistro da Propiedade desta capital. En 1898 conseguiu o título de escribano

e exerceu o notariado dende 1907 ata o final dos seus días.

A partir de 1904 e movido polo desexo de estreitar os lazos entre América

e España, Busto proxectou crear unha Universidade Libre Hispanoame-

caribeños», en VV. AA., A emigración na historia de Galicia. Actas de IX Semana Galega da Historia

(no prelo). Outros resultados da investigación sobre a Biblioteca América foron presentados en

diferentes congresos americanistas celebrados en Sevilla, Salamanca e Murcia. Existen ademais

outros traballos de investigación inéditos nos que se analiza polo miúdo a resposta á iniciativa

de Busto nos distintos países americanos: Andrea Ayala Flores sobre Ecuador e os fondos

ecuatorianos; David Filgueira Álvarez sobre os fondos venezolanos; Berta Gómez Regueiro sobre

Chile; Ángel González Gato sobre os fondos existentes na Biblioteca América referentes ao

mundo andino; Caroline Ménard sobre as achegas dos Estados Unidos e Canadá; e Raquel Pérez

Santos, que afondou sobre a participación de Brasil e analizou os fondos brasileiros existentes

no acervo da Biblioteca América.

2. Un estudo máis minucioso da biografía de Gumersindo Busto pode atoparse en R. Pérez

Santos e M. Presas Beneyto, «Gumersindo Busto: apuntes para unha biografía», en P. Cagiao

Vila (coord.), Cen anos da Biblioteca América, 1904·2004, Universidade de Santiago de Compostela,

Santiago de Compostela, 2004, pp. 73-88.

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (213-227) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!