14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Natacha Lillo

É verdade que dende a crise económica do 1929, que se notou en Francia

sobre todo a partir do ano 1931, moitos españois perderon o seu emprego nas

grandes fábricas da zona, sobre todo os simples peóns –segundo o censo de 1936,

o 48% dos españois de Saint-Denis estaban parados. Case unha terceira parte dos

españois do norte do Sena decidiu volver á súa terra natal, ou porque carecían

de papeis legais que lles permitisen ficar ou porque a proclamación da Segunda

República en abril de 1931 deulles a ilusión de que quizais poderían vivir mellor

en España que antes, sobre todo grazas á reforma agraria prometida.

Para algúns, as políticas de axudas francesas influíron na súa decisión de

partir ou quedar. Por exemplo, na cidade de Aubervilliers, dirixida polo alcalde

dereitista Pierre Laval, non se outorgaba axuda ningunha aos parados españois.

Así, a poboación española de Aubervilliers pasou de 4350 en 1931 a

1580 en 1936 (o que supón unha diminución do 48%). Mais en Saint-Denis

os retornos foron menores, xa que o número de españois pasou de 3420 en

1931 a 2870 en 1936 (diminución do 16%). Nesta última cidade, a municipalidade,

dirixida polo comunista e logo dirixente do fascista Partido Popular

Francés (PPF) Jacques Doriot dáballes importantes axudas aos parados, fosen

franceses ou non.

É entón máis relevante aínda que máis da metade dos galegos instalados

en Saint-Denis en 1931 marchasen, cando só o 16% dos españois desta cidade

en xeral decidiu facelo. Así, en 1936, Saint-Denis só contaba con doce fogares

galegos –dos que se pode eliminar o constituído por unha monxa que vivía no

convento das Petites Sœurs des Pauvres dende 1926.

Cando observamos con vagar de quen se trataba apreciamos que, a pesar

da crise, o 75% dos homes seguía tendo un emprego; ademais, dous deles

estaban casados con francesas e pediran a naturalización: un obtívoa en agosto

de 1939 e o outro en maio de 1940.

Todos estes datos permítennos concluír que os inmigrantes galegos, quizais

por seren poucos, non estableceron raíces en Saint-Denis como para instalarse

definitivamente. O feito de que, a diferenza doutras familias españolas, tivesen

poucos fillos nacidos e educados en Francia, pode explicar o seu menor arraigamento.

Fronte á crise, parece que, máis claramente que outros inmigrantes, preferiron

ir buscar a vida a outro sitio, como xa o fixeran antes varias veces.

Ademais, por falta de testemuños orais e de fontes escritas, non sabemos

se estes galegos que marcharon de Saint-Denis se dirixiron a outras cidades

francesas ou elixiron volver ao seu país. Supoño que os que estaban casados

con francesas quizais se mudaron a outras rexións de Francia.

Todo isto explica que, en 1946, despois da treboada da Guerra Civil española

e do segundo conflito mundial, só ficasen cinco fogares galegos en Saint-Denis,

todos formados por parellas xa presentes na cidade dende 1926 ou 1931.

0 [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (199-211) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!