14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Natacha Lillo

dos 17 fogares estaban dirixidos por un galego. É o único momento na Plaine

onde existe un fenómeno de cadea migratoria aplicado aos galegos. É dicir,

que unha parella da vila do Cebreiro (Lugo), presente xa en 1926, fixo a priori

vir uns cuñados seus e veciños de vilas próximas, tales como Hospital. Os elos

familiares e sociais entre eles evidenciábanse a través dos seus patronímicos e

do feito de que son sempre respectivamente padriños e madriñas durante os

bautizos dos seus fillos no Padroado español. Pero en 1931, como en 1926, a

maioría das familias moraban na Pequena España.

Canto ao traballo, os inmigrantes galegos ocupaban sobre todo postos de

peóns ou de xornaleiros nas grandes empresas metalúrxicas ou químicas de

Saint-Denis e os seus arredores inmediatos. A proporción de proletarios sen ningunha

cualificación era a mesma que a dos outros españois, é dicir, o 64% en

1926, o 54% en 1931. As súas mulleres non traballaban máis fóra do seu fogar que

as outras españolas, malia ter moitos menos fillos, como veremos decontado.

Canto ao ascenso social, notamos, como para a maioría dos fillos dos

peóns españois de Saint-Denis, que adoitan acceder a postos de traballo máis

cualificados que seus pais, sobre todo a través de aprendizaxes na industria

– un deles traballa, por exemplo, como aprendiz nunha imprenta. Vese tamén

que as fillas comezan a traballar dende os 13 ou 14 anos, cando case todas as

súas nais eran amas de casa.

Agora imos tratar as diferenzas entre os inmigrantes galegos e os demais.

A primeira observación notable é que se trata case unicamente de homes que

partiran sós de Galicia. Ao contrario do visto dos españois da Saint-Denis en

xeral, onde había case tantas mulleres como homes, aquí hai unha enorme

diferenza. Pouquísimas parellas galegas xa formadas nos seus lugares de orixe

viñeron instalarse en Saint-Denis: cinco en total para todo o período. Así, en

1926, había 267 homes para 100 mulleres cando os estremeños eran 105 para

100 mulleres; en 1931, os galegos eran 256 homes para 100 mulleres.

Cando moitos estremeños ou zamoranos se dirixiran directamente da

súa vila ao norte de París, parece que a grande maioría dos galegos reemigraron

varias veces, tanto en España como en Francia. Atopamos varios galegos

que contraeron matrimonio con mulleres doutras rexións españolas e tiveron

fillos en diversos lugares. Así, en 1926 e en 1931, viven en Saint-Denis unha

familia constituída por un galego e unha catalá con dous fillos nados en Barcelona;

outra que reúne a un galego e a unha asturiana, con tres fillas nadas en

Madrid; outra que une un galego e unha muller da provincia de Tarragona, co

seu fillo nado en Perpignan, etc.

Tamén en 1931 establecéronse en Saint-Denis cinco galegos casados con

francesas. Un vivía cunha muller de Dunkerque e os seus dous fillos, que

0 [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (199-211) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!