14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A inmigración galega en Saint-Denis (1920-1945)

acollidos polas autoridades municipais do PC e moi gabados polos seus actos

de resistencia. Durante os anos seguintes colocáronse placas conmemorativas

nas casas dos sete mártires e noutros concellos da periferia norte (Aubervilliers,

Drancy e Le Blanc-Mesnil), algunhas rúas recibiron nomes de resistentes

de orixe española.

A PECULIARIDADE DA PEQUENA COMUNIDADE GALEGA DO

NORTE DE PARÍS

É importante sinalar que a presenza galega, tanto en Saint-Ouen como en

Aubervilliers ou en Saint-Denis foi sempre moi feble entre as dúas guerras mundiais.

Utilizarei unicamente as cifras dos censos de Saint-Denis, por seren máis

fiables. Así, en 1921, o 1,4% dos fogares estaba dirixido por un galego ou, moito

máis raramente aínda, un español casado cunha galega; o 2% en 1926; o

2,5% en 1931; e outra vez o 1,5% en 1936. O que non ten absolutamente nada

que ver coa sobrerrepresentación dos nativos das provincias de Zamora e sobre

todo de Cáceres. En 1931, ano de maior presenza, soamente 23 fogares estaban

dirixidos por un galego (para un total de 896 fogares), o que representa a 52

persoas, se engadimos as parellas e os fillos que non naceran en Galicia.

De onde procedían estes inmigrantes? Os catro censos cos que traballei

mostran que a grande maioría deles viñan de poboacións do interior da provincia

de Lugo: 9 de 12 persoas en 1921; 16 de 22 en 1926 (72%); 21 de 32

en 1931 (64%); 7 de 13 en 1936. Repartíanse entre o sur da provincia, arredor

de Monforte de Lemos, e vilas próximas a Vilalba, mais sen que apareza un

lugar de procedencia moi determinado, ao contrario do que podía existir con

La Vera ou o Campo Arañuelo no leste da provincia de Cáceres.

A pesar dunhas cifras totais pouco representativas, tentarei poñer de relevo

o que asemellaba e disteraba á emigración galega das demais presentes en

Saint-Denis.

Aínda que as diferenzas sexan máis numerosas, primeiro imos ver brevemente

as semellanzas entre os inmigrantes galegos de Saint-Denis e os demais

españois. Nótanse en dous aspectos: o aloxamento e o traballo.

A grande maioría dos galegos vivía como os outros españois nas canellas

da Pequena España ou en vilas de chabolas ou barracas construídas por eles

mesmos. En 1921 e 1926, os escasos fogares galegos instaláronse na Pequena

España a carón de familias maioritariamente orixinarias das provincias

de Cáceres e de Zamora: atopámolos nas impasse du Chef-de-la-Ville, impasse

Dupont, etc. Mais, en 1931, notamos a aparición dunha pequeniña vila de

casopas ao nivel do 200 da rúa do Landy, preto do barrio Pleyel, onde cinco

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (199-211) ] 0

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!