Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
14.05.2013 Views

Natacha Lillo llóns que non teñen saída e pasaxes entre a rúa do Landy e a rúa paralela da Xustiza, ao pé das grandes empresas, como a trefilaría Mouton, onde moitos deles traballaban como simples peóns ou xornaleiros. Ao principio construíron as súas vivendas ao longo das rúas, deixando un espazo detrás para ter patios, mais pouco a pouco estes fóronse reducindo coa chegada de novos familiares ou paisanos; edificábanse novas habitacións e ata construían un ou dous andares enriba. En poucos anos, a Pequena España transformouse nun labirinto de casopas irregulares, unidas por escaleiras pouco sólidas, arredor de patios cada vez máis angostos. Dende a primeira metade da década de 1920 as autoridades municipais de Saint-Denis e Aubervilliers empezaron a denunciar o carácter precario e moitas veces perigoso destas construcións, que carecían de permiso legal. Xa a partir de 1925 unhas ordes municipais prohibiron a ocupación nalgunhas delas, pero nunca foron respectadas e esa situación durou, ás veces, ata os anos 1970. Outro trazo que é importante subliñar é que o solo onde se edificaron as vivendas dos inmigrantes da Pequena España non pertencía aos municipios, senón a propietarios privados (antigos horteláns, en xeral), o que impedía ás autoridades tomar medidas para urbanizar estes espazos e proporcionarlles a auga corrente, a luz, o gas e os sumidoiros. As familias non tiñan outro remedio que tirar as augas residuais no medio da rúa. Non había retretes e para facer as súas necesidades tiñan que cavar ocos nun recuncho do patio que de cando en vez rebordaban. Tampouco había auga en ningunha das canellas da Pequena España e os seus habitantes debían ir diariamente buscala ás dúas únicas billas públicas, localizadas na rúa da Xustiza e na rúa do Landy, onde tiñan que facer cola cos seus cubos. Cada vez que os habitantes da Pequena España se mobilizaron para pedir ás municipalidades que se lles limpasen as rúas ou que se lles instalasen billas de auga máis preto das súas vivendas, estas non puideron actuar, xa que o solo pertencía a propietarios privados. Foi por iso polo que a auga corrente e a luz non chegaron a estes barrios antes de finais da década de 1950. Cada vez que había un litixio entre inquilinos das casopas, propietarios destas e propietarios do solo (que cobraban un aluguer anual), case nunca se chegaba a resolver xa que cada un botaba a culpa ao outro, xa fose por paredes que se viñan abaixo, por teitos que deixaban pasar a auga ou por falta de saneamento. Xa en 1921 moraban uns 1500 españois naquel barrio que construíran eles mesmos, primeiro sobre o territorio de Saint-Denis e despois sobre o de Aubervilliers. En 1926 eran máis de 3500, e arredor de 4000 en 1931. Tamén se atopaban algúns italianos e franceses na veciñanza, pero eran minoría. Doutra banda, formáronse tamén dúas vilas no concello de Saint-Denis a partir de mediados dos anos 1920: a do Franc-Moisin, onde vivían 530 espa- 0 [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (199-211) ]

A inmigración galega en Saint-Denis (1920-1945) ñois en 1931 (alcumouse «el Barrio Chino») e a de Pleyel, onde eran 330 na mesma data. A diferenza da Pequena España, estes lugares nunca chegaron a constituír verdadeiros barrios urbanos xa que, no medio de descampados, os inmigrantes edificaron verdadeiras chabolas, a maioría de madeira, o que deu lugar a varios incendios. Alí a xente adoitaba ter animais de curral (polos, coellos e ata cabras) e pequenas hortas. Naqueles anos de chegadas moi seguidas, reforzouse a presenza española por todo o norte do departamento do Sena. O seu asentamento sempre foi igual: os inmigrantes edificaron eles mesmos as súas casas e foron constituíndo así, progresivamente, barrios, onde despois estaban en maioría. Por exemplo, o dono de case todos os terreos da Pequena España da Plaine tiña tamén terras na cidade de Drancy. A partir de 1924, alugáronllelas para edificar as súas chabolas e xurdiron alí varias canellas, que os seus propios habitantes chamaron o Barrio Negro. Foi máis ou menos igual en Blanc-Mesnil, onde naceu outro «Barrio Chino», a Courneuve, Saint-Ouen e Pantin. En total, segundo o censo de 1931, máis de 12 000 españois moraban nesta zona próxima á Plaine Saint-Denis. VIDA COTIÁ NOS BARRIOS ESPAÑOIS DAS AFORAS DE PARÍS NOS ANOS 1 20 E 1 30 Hai que ter en conta que, a diferenza doutras inmigracións (como a dos kabiles de Alxeria que empezaron a chegar á Plaine na mesma época), esta foi familiar dende o comezo: os homes adoitaban chegar primeiro para buscar emprego e vivenda, e case enseguida facían vir ás súas donas e fillos. A presenza feminina era notable: contábanse 119 homes por 100 mulleres en 1921; 110 por 100 en 1926 e 1931; 104 por 100 en 1936 e 1946. A Pequena España e os outros barrios de inmigrantes da Península contaban con moitas familias numerosas xa que a transición demográfica apenas acababa de empezar nas súas zonas de procedencia. Nas vivendas, ás veces aos fillos sumábanse irmáns, curmáns e nais viúvas que viñeran reunirse coa súa familia. Fose cal for o tamaño da familia, todos habitaban en xeral dous cuartos: un que servía de cociña, de cuarto de estar e pola noite de cuarto para o fillos; o outro, de cuarto para os pais e os bebés. A grande promiscuidade que reinaba na Pequena España daba frecuentemente lugar a enfermidades como tuberculose ou outras epidemias. Dende a metade dos anos 1920 empezaron a aparecer nos barrios españois bares, tendas de ultramarinos e salóns de peiteado abertos por compatriotas que conseguiran aforrar algúns cartos para erguelos. En xeral, era a muller [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (199-211) ] 0

A inmigración galega en Saint-Denis (1920-1945)

ñois en 1931 (alcumouse «el Barrio Chino») e a de Pleyel, onde eran 330 na

mesma data. A diferenza da Pequena España, estes lugares nunca chegaron a

constituír verdadeiros barrios urbanos xa que, no medio de descampados, os

inmigrantes edificaron verdadeiras chabolas, a maioría de madeira, o que deu

lugar a varios incendios. Alí a xente adoitaba ter animais de curral (polos, coellos

e ata cabras) e pequenas hortas.

Naqueles anos de chegadas moi seguidas, reforzouse a presenza española

por todo o norte do departamento do Sena. O seu asentamento sempre foi

igual: os inmigrantes edificaron eles mesmos as súas casas e foron constituíndo

así, progresivamente, barrios, onde despois estaban en maioría. Por exemplo,

o dono de case todos os terreos da Pequena España da Plaine tiña tamén terras

na cidade de Drancy. A partir de 1924, alugáronllelas para edificar as súas chabolas

e xurdiron alí varias canellas, que os seus propios habitantes chamaron

o Barrio Negro. Foi máis ou menos igual en Blanc-Mesnil, onde naceu outro

«Barrio Chino», a Courneuve, Saint-Ouen e Pantin. En total, segundo o censo

de 1931, máis de 12 000 españois moraban nesta zona próxima á Plaine

Saint-Denis.

VIDA COTIÁ NOS BARRIOS ESPAÑOIS DAS AFORAS DE PARÍS

NOS ANOS 1 20 E 1 30

Hai que ter en conta que, a diferenza doutras inmigracións (como a dos

kabiles de Alxeria que empezaron a chegar á Plaine na mesma época), esta foi

familiar dende o comezo: os homes adoitaban chegar primeiro para buscar

emprego e vivenda, e case enseguida facían vir ás súas donas e fillos. A presenza

feminina era notable: contábanse 119 homes por 100 mulleres en 1921;

110 por 100 en 1926 e 1931; 104 por 100 en 1936 e 1946.

A Pequena España e os outros barrios de inmigrantes da Península contaban

con moitas familias numerosas xa que a transición demográfica apenas

acababa de empezar nas súas zonas de procedencia. Nas vivendas, ás veces aos

fillos sumábanse irmáns, curmáns e nais viúvas que viñeran reunirse coa súa

familia. Fose cal for o tamaño da familia, todos habitaban en xeral dous cuartos:

un que servía de cociña, de cuarto de estar e pola noite de cuarto para o

fillos; o outro, de cuarto para os pais e os bebés. A grande promiscuidade que

reinaba na Pequena España daba frecuentemente lugar a enfermidades como

tuberculose ou outras epidemias.

Dende a metade dos anos 1920 empezaron a aparecer nos barrios españois

bares, tendas de ultramarinos e salóns de peiteado abertos por compatriotas

que conseguiran aforrar algúns cartos para erguelos. En xeral, era a muller

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (199-211) ] 0

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!