14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A inmigración galega en Saint-Denis (1920-1945)

CONSTITUCIÓN DA PEQUENA ESPAÑA DA PLAINE

Xa antes do primeiro conflito mundial, segundo o censo de 1911, vivían

uns 300 españois na Plaine, repartidos entre as vilas de Saint-Denis e de Aubervilliers.

A gran maioría eran homes novos, de 14 a 18 anos, e ás veces menos

aínda, que viñeron traballar en dúas grandes cristalarías da zona. Eran contratados

por uns paisanos seus (sobre todo orixinarios do norte da provincia de

Burgos e do sur da de Santander), homes maiores que os explotaban facéndoos

traballar a diario sen case pagarlles nin darlles de comer. Houbo mesmo campañas

na prensa socialista francesa para denunciar a explotación destes mozos

españois. Daquela só vivía unha muller galega en Saint-Denis (nativa da provincia

de Lugo), casada cun asturiano, con tres fillos que naceran en Cantabria.

Mais o comezo da gran presenza española nas aforas norte de París foi a

guerra de 1914. A partir de 1915 empezaron a chegar numerosos homes sós,

que viñan traballar nas grandes fábricas metalúrxicas e químicas, a maioría

delas dedicadas á produción para o exército, como por exemplo Hotchkiss.

Xa nesta época viñeron tamén algunhas mulleres, pois varios nenos naceron

alí nos anos da guerra. Como España era un país neutral, os homes asinaban

contratos privados con empresas da zona, o que explica que non exista arquivo

ningún con respecto ao seu número exacto. Aloxábanse como podían, en

hoteis baratos da avenida de París ou da rúa do Landy, en antigos alpendres

dos horteláns, en covas e en barracas que edificaban rapidamente eles mesmos.

A súa intención era vivir preto das súas empresas para aforrar os cartos

do transporte. Segundo as enquisas do Consulado Español naquela altura,

pouco lles importaban esas pésimas condicións de aloxamento, xa que querían

voltar a España coa maior cantidade de cartos posible.

Case todos estes homes volveron á súa terra despois da contenda pero, a

raíz da grande crise que coñecía o campo español naquel tempo, moitos deles

mudáronse de novo para La Plaine a partir do 1919, desta vez acompañados

por irmáns, curmáns e veciños. Proviñan sobre todo de tres provincias marcadas

polo latifundio: un 35% do leste da provincia de Cáceres en Estremadura

(zonas de La Vera e dos Ibores), os demais de León (Salamanca, Zamora) e

do norte de Castela (Burgos, Cantabria). Eran case todos obreiros agrícolas sen

cualificación ningunha.

A partir de 1919 comezou realmente a creación da Pequena España. Nos

intersticios que quedaban entre as grandes empresas da zona, os inmigrantes

alugaron terreos a propietarios privados (horteláns) e empezaron eles mesmos

a montar casopas con material de recuperación (madeira, cemento, cal,

escouras de ferro, etc.). En pouco tempo foron formando varias ruelas, cane-

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (199-211) ] 0

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!