Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
14.05.2013 Views

Ana Cabana Iglesia se desenvolveron as clases. 30 Con esta acción pretendíase aumentar a formación dos pais dos alumnos que asistían á escola, tamén neste establecemento, para evitar calquera reticencia que puidesen ter con respecto aos beneficios do ensino e para que se convencesen da necesidade de mandar os seus fillos a clase, aínda que tivesen que privarse de man de obra para algúns traballos. 31 Para poder matricularse na escola só se requiría que o alumno amosase interese e que se matriculase nos prazos establecidos. O curso comezaba en novembro e remataba no mes de abril da man dun novo profesor, que se estableceu na casa-vivenda coa que contaba o establecemento. As clases para adultos tiñan carácter nocturno. A xornada lectiva duraba dúas horas diarias –dende as seis ás oito da noite–, un horario propicio para que a xente da zona, que se dedicaba maioritariamente aos labores do agro, puidese asistir ás clases aproveitando os descansos que lles permitise o traballo 32 . Ademais dos incentivos pola asistencia ás clases, o esforzo no estudo tamén tiña a súa compensación. Así, establecéronse premios para recompensar os que destacasen pola súas cualificacións, entre os que se repartían 1500 pesetas, que mandaban ex profeso os patróns da Fundación dende Cuba. 33 Os nenos que asistían á escola primaria da Escola Agrícola Pedro Murias non só contaban cun tipo de ensino de maior calidade que o que ofrecían outras escolas públicas pola cualificación dos seus mestres, senón tamén polos medios materiais cos que contaban. O edificio escolar, especialmente deseñado para acoller unha escola, contaba coas mellores condicións (de luminosidade, hixiénicas, etc.) e un mobiliario moito máis abundante e apto que o de calquera outra escola da Devesa, e quizais de todo o concello de Ribadeo. 34 O labor educativo desta escola viuse enriquecido pola programación de diferentes actividades pedagóxicas parellas ás actividades da aula, entre as que destacan o fomento das festas da árbore e as excursións. Entre estas últimas aparece unha viaxe que levou os alumnos a percorrer diferentes localidades da provincia, durante a que 30. Comunicación da sesión da Xunta de Patróns do 27-6-1931 á Dirección da Escola Agrícola (AEAPM). 31. Sobre o receo das clases populares cara ao ensino, Narciso de Gabriel (1990). 32. Memoria da Escola Agrícola Pedro Murias (1930) (AEAPM). 33. La Comarca (Ribadeo, 1-6-1930). 34. Respecto da valía deste material escolar, cómpre sinalar que no ano 1933 estaba valorado en 6185,45 pesetas contando co material básico para o ensino (cadernos, plumas, mapas, encerados, etc.), unha biblioteca de uso diario na que se atopaban dicionarios e enciclopedias, unha biblioteca infantil, composta por xogos e libros amenos, un gabinete de física e química e unha biblioteca para o profesor que contaba con libros de orientación pedagóxica. Certificado do 28-1-1933 que fai Francisco Roig Ballesteros sobre os bens que posúe a Fundación «Pedro Murias» (AEAPM). [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (175-198) ]

«Mirando polos que quedaron». A man dos indianos no ensino primario: o caso de Ribadeo visitaron unha fábrica de cerámica, os talleres mecánicos da casa «Dion» e diferentes escolas, entre elas a Escola Especial de Traballo de Lugo. 35 O éxito da escola de primeiras letras foi tal que, aínda que os problemas económicos da Fundación foron perentorios, a Xunta de Patróns fixo enormes esforzos por mantela. Un deses momentos foi o ano 1934. A certeza do peche levou os veciños de Vilaframil a solicitar ao Consello Local de Primeiro Ensino de Ribadeo a creación dunha escola unitaria de nenos, ao que este organismo respondeu afirmativamente, «considerando unha afirmación certa a suspensión inmediata, por carencia de medios económicos para sostela, dunha Escola de Padroado que, na mesma parroquia de Vilaframil, vén funcionando dende hai uns cantos anos na Fundación “Escola Agrícola Pedro Murias” a onde asiste toda a poboación escolar masculina...». 36 Mais a pesar da situación crítica, a escola de primaria mantívose e non pechou ata o ano 1937. Nese ano, con motivo da Guerra Civil, o Concello de Ribadeo ordenou a instalación no edificio da escola dun hospital de sangue, finalidade á que se dedicou ata o final da contenda. 37 A función militar imposibilitou que se seguise a desenvolver calquera tipo de actividade docente durante os anos da guerra e da inmediata posguerra. Esta emprenderase novamente na década dos anos corenta, pero cunhas condicións ben diferentes, tanto en medios humanos como en medios materiais. 5. A XEITO DE CONCLUSIÓN É incuestionable que había unha nidia intención por parte dos indianos de estender a cultura e de que ningún ribadense quedase sen instrución. Da mesma maneira, ese labor supoñía unha demanda da propia sociedade de orixe. Pero este mutuo desexo non impediu que a maioría das iniciativas filantrópicas de alén mar tivesen pouca duración e esmorecesen cando os cartos dos seus respectivos patróns deixaron de chegar. A fin destas institucións é un claro exemplo da incompetencia do Estado, que se amosou incapaz non só de crear escolas de ensino primario axeitadas para a realidade galega de per se, senón de aproveitar moitas daquelas que outros se ocuparan de construír e pór en marcha. Por iso, no avance experimentado pola alfabetización deste concello debe recoñecer- 35. Memoria da Escola Agrícola Pedro Murias (1933) (AEAPM); La Comarca (23-7-1933). 36. Expediente de Creación polo Estado dunha Escola Nacional Unitaria de Nenos para a parroquia de Vilaframil. Sección Servicio de Educación, sig. 1764 (8-5-1934) (AMR). 37. Libro de Actas do Concello de Ribadeo (Pleno do 20-5-1937) (AMR); La Comarca (Ribadeo, ano xix, n.º 945, 23-5-1937). [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (175-198) ] 5

«Mirando polos que quedaron». A man dos indianos no ensino primario: o caso de Ribadeo

visitaron unha fábrica de cerámica, os talleres mecánicos da casa «Dion» e diferentes

escolas, entre elas a Escola Especial de Traballo de Lugo. 35

O éxito da escola de primeiras letras foi tal que, aínda que os problemas

económicos da Fundación foron perentorios, a Xunta de Patróns fixo enormes

esforzos por mantela. Un deses momentos foi o ano 1934. A certeza do

peche levou os veciños de Vilaframil a solicitar ao Consello Local de Primeiro

Ensino de Ribadeo a creación dunha escola unitaria de nenos, ao que este

organismo respondeu afirmativamente, «considerando unha afirmación certa

a suspensión inmediata, por carencia de medios económicos para sostela,

dunha Escola de Padroado que, na mesma parroquia de Vilaframil, vén funcionando

dende hai uns cantos anos na Fundación “Escola Agrícola Pedro

Murias” a onde asiste toda a poboación escolar masculina...». 36 Mais a pesar da

situación crítica, a escola de primaria mantívose e non pechou ata o ano 1937.

Nese ano, con motivo da Guerra Civil, o Concello de Ribadeo ordenou a instalación

no edificio da escola dun hospital de sangue, finalidade á que se dedicou

ata o final da contenda. 37 A función militar imposibilitou que se seguise

a desenvolver calquera tipo de actividade docente durante os anos da guerra

e da inmediata posguerra. Esta emprenderase novamente na década dos anos

corenta, pero cunhas condicións ben diferentes, tanto en medios humanos

como en medios materiais.

5. A XEITO DE CONCLUSIÓN

É incuestionable que había unha nidia intención por parte dos indianos de

estender a cultura e de que ningún ribadense quedase sen instrución. Da mesma

maneira, ese labor supoñía unha demanda da propia sociedade de orixe.

Pero este mutuo desexo non impediu que a maioría das iniciativas filantrópicas

de alén mar tivesen pouca duración e esmorecesen cando os cartos dos seus respectivos

patróns deixaron de chegar. A fin destas institucións é un claro exemplo

da incompetencia do Estado, que se amosou incapaz non só de crear escolas

de ensino primario axeitadas para a realidade galega de per se, senón de aproveitar

moitas daquelas que outros se ocuparan de construír e pór en marcha. Por

iso, no avance experimentado pola alfabetización deste concello debe recoñecer-

35. Memoria da Escola Agrícola Pedro Murias (1933) (AEAPM); La Comarca (23-7-1933).

36. Expediente de Creación polo Estado dunha Escola Nacional Unitaria de Nenos para a parroquia

de Vilaframil. Sección Servicio de Educación, sig. 1764 (8-5-1934) (AMR).

37. Libro de Actas do Concello de Ribadeo (Pleno do 20-5-1937) (AMR); La Comarca (Ribadeo,

ano xix, n.º 945, 23-5-1937).

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (175-198) ] 5

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!