14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Ana Cabana Iglesia

se desenvolveron as clases. 30 Con esta acción pretendíase aumentar a formación

dos pais dos alumnos que asistían á escola, tamén neste establecemento,

para evitar calquera reticencia que puidesen ter con respecto aos beneficios do

ensino e para que se convencesen da necesidade de mandar os seus fillos a clase,

aínda que tivesen que privarse de man de obra para algúns traballos. 31 Para

poder matricularse na escola só se requiría que o alumno amosase interese e

que se matriculase nos prazos establecidos. O curso comezaba en novembro

e remataba no mes de abril da man dun novo profesor, que se estableceu na

casa-vivenda coa que contaba o establecemento. As clases para adultos tiñan

carácter nocturno. A xornada lectiva duraba dúas horas diarias –dende as seis

ás oito da noite–, un horario propicio para que a xente da zona, que se dedicaba

maioritariamente aos labores do agro, puidese asistir ás clases aproveitando

os descansos que lles permitise o traballo 32 . Ademais dos incentivos pola

asistencia ás clases, o esforzo no estudo tamén tiña a súa compensación. Así,

establecéronse premios para recompensar os que destacasen pola súas cualificacións,

entre os que se repartían 1500 pesetas, que mandaban ex profeso os

patróns da Fundación dende Cuba. 33

Os nenos que asistían á escola primaria da Escola Agrícola Pedro Murias

non só contaban cun tipo de ensino de maior calidade que o que ofrecían outras

escolas públicas pola cualificación dos seus mestres, senón tamén polos medios

materiais cos que contaban. O edificio escolar, especialmente deseñado para

acoller unha escola, contaba coas mellores condicións (de luminosidade, hixiénicas,

etc.) e un mobiliario moito máis abundante e apto que o de calquera outra

escola da Devesa, e quizais de todo o concello de Ribadeo. 34 O labor educativo

desta escola viuse enriquecido pola programación de diferentes actividades

pedagóxicas parellas ás actividades da aula, entre as que destacan o fomento das

festas da árbore e as excursións. Entre estas últimas aparece unha viaxe que levou

os alumnos a percorrer diferentes localidades da provincia, durante a que

30. Comunicación da sesión da Xunta de Patróns do 27-6-1931 á Dirección da Escola Agrícola

(AEAPM).

31. Sobre o receo das clases populares cara ao ensino, Narciso de Gabriel (1990).

32. Memoria da Escola Agrícola Pedro Murias (1930) (AEAPM).

33. La Comarca (Ribadeo, 1-6-1930).

34. Respecto da valía deste material escolar, cómpre sinalar que no ano 1933 estaba valorado en

6185,45 pesetas contando co material básico para o ensino (cadernos, plumas, mapas, encerados,

etc.), unha biblioteca de uso diario na que se atopaban dicionarios e enciclopedias, unha

biblioteca infantil, composta por xogos e libros amenos, un gabinete de física e química e

unha biblioteca para o profesor que contaba con libros de orientación pedagóxica. Certificado

do 28-1-1933 que fai Francisco Roig Ballesteros sobre os bens que posúe a Fundación «Pedro

Murias» (AEAPM).

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (175-198) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!