14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

«Mirando polos que quedaron». A man dos indianos no ensino primario: o caso de Ribadeo

llo, foille concedido o cargo de presidente de honra. 25 En canto ao seu labor

docente cómpre subliñar a súa postura a prol do ensino público e o seu esforzo

de concienciación respecto dos beneficios que da educación derivaban e da

necesidade de que a agricultura formase parte dos currículos nas escolas do

medio rural. 26 A súa actitude, netamente progresista, e a defensa das liberdades

que protagonizou durante a República suporíanlle o encarceramento no

franquismo, durante un período de cinco anos. A posterior depuración mantívoo

lonxe das aulas durante vinte e cinco anos. 27

O aumento da matrícula nesta escola debe interpretarse como unha proba

da favorable acollida que os residentes na Devesa lle dispensaron, preferíndoa

por enriba da escola pública. 28 Unha preferencia que se confirma tamén no

caso das escolas financiadas e construídas de xeito mancomunado por emigrantes

establecidos en América, xeralmente a través das sociedades de instrución

(Peña, 1999: 139). Ter presente a matrícula non abonda, de certo, para valorar o

seu grao de influencia social, senón que cómpre ter en conta a información referente

á asistencia. Precisamente a escasa asistencia conforma un dos problemas

cos que se enfrontaba a escola pública. A escola de fundación non supuxo unha

excepción e resentiuse tamén polo alto absentismo do alumnado, o que provocou

múltiples queixas por parte do persoal docente. Para paliar o problema

constátanse diversas propostas e mesmo esforzos por atallar o problema, como a

creación dunha serie de premios que incentivasen a asistencia. 29

Ademais de establecer premios e tamén co fin de reducir o absentismo,

o director do centro, que naquelas datas era Francisco Roig Ballesteros, solicitou

á Xunta de Patróns a creación dunha escola de primeiras letras para os

adultos. Esta petición foi aceptada de moi bo grao en 1931, ano a partir do cal

25. Como mostra desta acción agrarista, Las Riberas del Eo (16-5-1931), (30-6-1931).

26. La Comarca (11-11-1922); Sanz García, G. (1932), «Ensayo de Escuela Activa en una Escuela

Rural», Revista de Pedagoxía, 130.

27. O propio Gregorio Sanz relata a súa estadía na cadea nun libro autobiográfico, Sanz García,

G. (1986), Uno de tantos, cinco años a la sombra, Sada-A Coruña, Ed. do Castro.

28. Tal foi esta preferencia que os veciños de Vilaframil deciden elevar unha petición ao director

xeral de Primeiro Ensino sobre a conversión da escola nacional mixta que existía dende

1919 nunha escola unitaria de nenas debido a que «existe en dita parroquia unha escola na

Fundación Agrícola “Pedro Murias”... que funciona normalmente nun espléndido local, intervida

pola Inspección de Primera Enseñanza desa provincia...». Sección Actas Capitulares ou do

Pleno, sig. 56, p. 128, 17-7-1919/Sec. Servicio de Educación, sig. 1766 (8-8-1924) (Arquivo

Municipal de Ribadeo, en diante, AMR).

29. Foron un total de doce os premios establecidos en 1930. Consistían nunha dotación económica

que se entregaba a aqueles alumnos que se distinguían por ter unha asistencia máis regular.

Memoria da Escola Agrícola Pedro Murias (1930) (AEAPM).

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (175-198) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!