14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

«Mirando polos que quedaron». A man dos indianos no ensino primario: o caso de Ribadeo

tes retornados de Cuba, aspecto que non debe estrañar se temos en conta que

quen os designaba era a Xunta de Patróns e esta, obviamente, prefería contar

con persoas coñecidas.

Así pois, atopamos que eran os emigrantes retornados, «os habaneros»,

os que, de facto, tiñan o control sobre a construción e o funcionamento da

escola. Polo tanto, a escola agrícola, en puridade, cóntase entre as fundadas

por un indiano tanto porque a un deles se lle ocorreu a iniciativa como porque

se encargou de deixar os fondos cos que levantar o edificio e dar os seus

primeiros pasos. Aínda así é innegable que a escola acabou sendo unha institución

financiada e gobernada por un colectivo de emigrantes, é dicir, asimilouse

ao que se entende por unha escola de «americanos». Máis claro é o

caso da escola de primeiras letras, creada a partir do legado de Pedro Murias,

pola vontade e o desexo dese conxunto de «habaneros». O grupo de emigrantes

que conformaba a Xunta de Patróns e os retornados que tiñan postos na

Comisión Delegada dirixiron o destino da escola, de aí que atopemos, máis

que a idea e o proxecto dun único individuo, o esforzo de todo un conxunto

de galegos que, unidos pola experiencia migratoria, traballaron para que un

proxecto dedicado á mellora educativa non quedase nun mero desexo e nunha

elucubración dun rico tabaqueiro da Devesa.

A escola de primeiras letras que existiu na Fundación foi consecuencia

das carencias educativas percibidas polos retornados nos rapaces da Devesa.

Pedro Murias en ningún momento mencionou o seu desexo de fundar unha

escola primaria no establecemento educativo que financiou co seu legado. A

súa creación, que á fin se convertería no eido de maior éxito da Fundación,

dispúxose a partir da redacción do Regulamento polo que se rexería todo sistema

establecido na Devesa, en 1913. Nel quedaba establecido que se desenvolvería

ensino de primeiras letras debido á necesidade que existía de formar

os nenos en coñecementos básicos para que, despois, fosen capaces de poder

acceder a unha formación superior, o ensino agrícola. 19 Este aspecto amosa

como os membros da Xunta de Patróns releron os desexos do indiano para

adaptalos ás esixencias do momento. A realidade evidenciaba que as escolas

de primeiras letras eran unha urxencia. Pola contra, a escola agrícola constituía

unha necesidade «de luxo».

As clases de ensino primario para nenos comezaron a impartirse en abril

de 1922. 20 Nese momento eran trinta e dous os nenos da parroquia de Vilafra-

19. Regulamento da Fundación Escola Agrícola Pedro Murias (1913) (AEAPM).

20. Estaba constituída como unha escola unitaria de nenos varóns porque se concibía como un

primeiro ciclo para pasar despois á escola agrícola. O ensino de nenas nunca foi contemplado.

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (175-198) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!