14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (7-29) ]

Os galegos no Río de Xaneiro

As fichas dos emigrantes coa profesión de «empregado de comercio»

(abrangue o 20,15% das profesións) define claramente a posición do individuo

dentro do seu traballo. En canto ao tipo de comercio, non se pode saber

en que sector comercial era maioritaria a presenza deses galegos en Río de

Xaneiro, polo menos con respecto aos rexistros consulares, xa que simplemente

aparece rexistrado como «comercio». En total, os galegos con actividade

no comercio, fosen propietarios ou empregados, representan o 45% das

profesións rexistradas.

A mobilidade profesional dos emigrantes galegos no Río de Xaneiro está

relacionada case sempre co sector comercial. En 76 casos encontrados de emigrantes

que apareceran nos rexistros consulares e no Hospital Español, 51

deles, ou sexa, o 67,1%, seguiron actuando no ramo do comercio. Soamente

nos rexistros de dous emigrantes podemos observar unha ascensión profesional

dentro do comercio porque pasaron de empregados a comerciantes.

A maior parte dos casos relacionados co comercio ou se declaraban comerciantes

ou aparecían como «empregado» nun rexistro (Consulado Español

ou Hospital Español) e despois como «do comercio» noutro. Aqueles que

tiñan a profesión de xornaleiro, cando se presentaron no Consulado, aparecían

con outra profesión nas matrículas da Beneficência Espanhola. De sete

casos encontrados de xornaleiros houbo un cambio para cociñeiro, cinco que

pasaron a traballar en comercios e un xornaleiro que constaba como obreiro.

Por último, encontramos algunhas profesións do sector secundario, como

carpinteiro, zapateiro ou pedreiro (para cada unha delas un caso de mobilidade

profesional), no que os emigrantes pasaron a actuar posteriormente no

comercio. Podemos concluír que, entre os casos exemplificados, o comercio

continúa sendo o sector de maior atracción para os galegos no Río de Xaneiro.

Algunhas profesións, como as de obreiro e as artesanais, apareceron con

frecuencia nas matrículas do Hospital Español, principalmente nas primeiras

décadas desde a apertura desta institución (1859-1879), pero a partir de

1890, entrando no século xx, o comercio predomina indiscutiblemente fronte

ao sector secundario.

Outra profesión significativa é a de xornaleiro, que ocupa o 29,23% do

total das profesións. É sorprendente a importancia desa actividade porque eses

galegos foron para unha cidade en que, a excepción dos arredores, non había

zonas rurais para exercer a profesión de agricultor. Para constatar esta afirmación,

recollemos o enderezo de todos aqueles emigrantes que constaban

como xornaleiros e o resultado foi a presenza masiva deses galegos residindo

ou traballando nas rúas do Centro de Río e tamén nalgúns barrios residenciais

próximos ao centro da cidade. Iso significa que non exercían actividades

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!