14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Ana Cabana Iglesia

4. A ESCOLA DE PRIMEIRAS LETRAS DA FUNDACIÓN ESCOLA

AGRÍCOLA PEDRO MURIAS (1 22-1 36): ENTRE A FUNDACIÓN

INDIANA E A «ESCOLA DE HABANEIROS»

A xestación desta escola debe retrotraerse ao momento do pasamento do

indiano Pedro Murias, en 1908, aínda que, en puridade, e como se verá, a súa

creación non vai estar ligada tanto á persoa de Pedro Murias como aos emigrados

que conformaron a Xunta de Patróns da fundación creada co legado

deste. El dispuxera por vía testamentaria a constitución dunha fundación co

fin de que fose a encargada e máxima responsable de levar a bo porto os seus

desexos de crear unha escola agrícola na Devesa, a súa parroquia natal, a título

póstumo. Esta fundación, de personalidade xurídica propia, residiría na cida-

Estado se negou a facerse cargo dos custos que o seu funcionamento xeraba, o que minguou as

posibilidades de comprar material didáctico e de facer fronte aos pagamentos do profesorado

(Barcia Trelles, 1929: 152). Se o financiamento supuxo a principal eiva do centro, o seu principal

éxito foi o elevado número de alumnos que tivo, nada raro se se ten en conta a vocación

mercantil e marítima da vila, que facía extremadamente útiles os coñecementos que nesta escola

se impartían. Nela formáronse algúns pilotos que acadaron gran sona e, como o resto de fundacións

escolares, tamén serviu para a preparación de futuros emigrantes. A súa elevada matrícula

fixo que a Deputación Provincial, aínda que decidira suprimila oficialmente en 1874 ante

a alarmante falta de fondos, permitise que seguise aberta mentres que os veciños da vila puidesen

sostela coas súas contribucións privadas. Malia esta especie de dispensa, a falta de apoio

oficial provocou que a escola se vise abocada a cerrar as súas portas moi pouco tempo despois.

O seu peche supuxo unha gran decepción para todo Ribadeo xa que esta escola acadara unha

gran sona por todo o norte da provincia de Lugo e en Asturias. A súa boa fama deu pé para

que algúns anos máis tarde, en 1892, algúns notables da vila se decidisen a reabrila cun novo

edificio, novos profesores e ata un novo nome, Colexio de San Luis. Pero, facendo bo o dito de

que nunca segundas partes foron boas, esta iniciativa veuse abaixo axiña, en 1905, sen conseguir

igualar os niveis da anterior, nin no número de alumnos nin na calidade de ensino (Lanza

Álvarez, 1979: 94-108). A outra grande iniciativa ribadense foi a escola fundada pola Sociedade

de Socorros Mutuos «La Concordia». Trátase dunha escola de primeiras letras gratuíta e de

carácter nocturno para os fillos e fillas dos seus socios. Como tal funcionou os dous primeiros

cursos, de 1904 a 1906, pero nos anos seguintes as clases dedicáronse a dúas materias básicas:

matemáticas e debuxo, que ás veces se completaban con aritmética mercantil, música, idiomas

e cultura xeral. Así, dunha escola de primeiras letras pasouse a un centro de preparación de

futuros artesáns. Debido ao mal estado do local, o ensino foi interrompido a principios da década

dos anos vinte e cando se reiniciaron as clases, a finais de 1922, xa non foron só os fillos

dos asociados os que se beneficiaron delas, senón que se dispuxo que puidesen asistir todos

os nenos de máis de dez anos que estivesen interesados en formarse como artesáns, ademais

dos obreiros que así o demandasen. Para pagarlles aos profesores, todos cun alto nivel cultural,

contaban coas subvencións da Deputación e coas que concedía o Concello e a Sociedade facíase

cargo dos gastos derivados do mantemento do local. As repetidas peticións de axuda económica

ao Ministerio de Educación foron usualmente desatendidas e obtiveron soamente material

escolar e algo de mobiliario durante os corenta anos que funcionou.

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (175-198) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!