14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

«Mirando polos que quedaron». A man dos indianos no ensino primario: o caso de Ribadeo

Dende o século xviii houbo indianos que se preocuparon polo benestar e, en

especial, polo nivel cultural dos que quedaran deste lado do océano Atlántico.

Estes filántropos trataron de melloralo deixando parte dos seus bens para

a construción ou dotación de establecementos educativos de ensino primario.

A actuación dos indianos na Mariña luguesa é constatada por Luís Bello cando,

en 1929, viaxa por Galicia co fin de elaborar un informe sobre o estado das

escolas de primaria da zona. Na súa crónica, tras deixar patente o abandono

en que se encontran as escolas pertencentes á rede pública do Estado, dá conta

dos numerosos centros de ensino construídos con cartos americanos en todos

os concellos costeiros da provincia de Lugo. O autor destaca, sobre todo, as

escolas creadas polas sociedades de instrución, abraiado polo seu número, e

repara bastante pouco no labor indiano, de maior cativeza cuantitativa 7 (Bello,

1974: 213-215; Otero Cao, 1955: 60).

Polo que respecta ao concello de Ribadeo, contamos con información

detallada no traballo de Francisco Lanza Álvarez. Este, tamén en 1929, recolleu

nun dos escritos que dedicou á historia de Ribadeo as obras máis senlleiras

que, no eido do ensino, se levaran a cabo neste concello grazas aos cartos

chegados de alén mar. O primeiro indiano benfeitor de Ribadeo do que Lanza

Álvarez ten novas é Tomas García-Amieiro e Vaamonde, un ribadense que

emigrara a Guatemala e que a mediados do século xviii estipulou que os réditos

de «catrocentos pesos escudos de 128 cuartos» se dedicasen ao mantemento

de dous franciscanos que aprenderían aos rapaces da vila gramática, artes e

moral. O concello cooperou co doador coa construción do edificio, que pasou

a ser coñecido popularmente como a «casa das aulas». Esta axuda institucional

foi definitiva para a creación da fundación, e será tamén o seu posterior

desinterese o que propicie o esmorecemento non moitos anos despois. Outro

benfeitor destacado no setecentos foi Bernardo Rodríguez-Arango e Mon, emigrante

que tivo como destino Perú. Alí conseguiu tal fortuna que aínda permanece

na memoria colectiva dos ribadenses co sobrenome de «o indiano». Este

indiano «por excelencia» fundou dúas escolas de primeiras letras, unha para

nenos e outra para nenas. Nesta última ensinábaselles a ler e a escribir, a calcetar

e a coser, todo imbuído do forte carácter relixioso que o filántropo estable-

7. Dános novas das dúas escolas financiadas pola Sociedade «Hijos de San Miguel de Reinante»,

doutra no Vicedo, de dúas en Foz ou das vinte e cinco que, en menos de vinte anos, financiara

a Sociedade «Vivero y su comarca». A actuación desta Sociedade fixo posible que, por

exemplo, no concello de Muras se pasase de ter en 1910 dúas escolas de primeiras letras, unha

para nenos e outra para nenas situadas na capital do concello, a ter un total de once espalladas

por outras tantas parroquias (Bello, 1974).

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (175-198) ] 5

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!