14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

«Mirando polos que quedaron». A man dos indianos no ensino primario: o caso de Ribadeo

ciais alumnos non fosen capaces de desprazarse ata onde estaba a escola, o factor

que máis favoreceu a aparición das escolas de ferrado, un tipo de escola

privada na que as familias dos alumnos pagaban ao mestre cun ou varios ferrados

dalgún produto agrícola. Así, o peso da escolarización recaía nos «escolantes»,

mestres que eran xeralmente labregos cun nivel cultural superior ao

resto da comunidade pero, aínda así, moi limitado e que ensinaban co fin de

acadar uns ingresos complementarios aos xerados pola súa propia explotación.

A deficiencia do ensino que recibían os nenos do rural galego tamén

debe ser posta en relación coa escasa preparación dos mestres. Malia iso, este

tipo de escolas contaba coa aprobación de moitas familias xa que se axustaban

á perfección co calendario agrícola e o pago era en especie, de xeito que

resultaba menos gravoso e máis sinxelo. Ademais, os contidos deste tipo de

ensino –centrado na lectura, escritura, doutrina cristiá e rudimentos de aritmética–

eran considerados suficientes e idóneos por boa parte da poboación.

Estas escolas de ferrado eran abondosas sobre todo na provincia de Lugo,

onde o ensino público estaba menos desenvolvido, e son un claro exemplo,

como sinala Narciso de Gabriel, «da demanda alfabetizadora xerada espontaneamente

pola sociedade galega».

Na Galicia rural de comezos de século os edificios escolares eran practicamente

descoñecidos. As clases impartíanse en locais alugados que presentaban

moitas deficiencias, xa que case ningún deles fora expresamente construído

para cumprir coa misión de albergar un colexio, senón que eran locais que se

destinaban a este fin tras un acondicionamento mínimo. Decote presentaban

problemas de acceso, de ventilación ou de reducida capacidade. Con respecto

ás condicións materiais das escolas de primeiras letras, o mobiliario tampouco

era satisfactorio. Finalmente, poucas escolas galegas dispoñían do material

escolar preciso (libros, encerados, mapas), consecuencia lóxica dos escasos

fondos económicos cos que se contaba.

Xa que logo, pode afirmarse que a poboación galega, ata ben entrado o

século xx, recibía un ensino de mala calidade, maioritariamente incompleto,

cando non era temporal, e tamén insuficiente dende o punto de vista cuantitativo,

como amosan as taxas de escolarización, das máis baixas do territorio

español. Deste xeito, bastante máis da metade dos nenos galegos que podían

inscribirse na escola primaria non o facían. Entre os que si se inscribían destacan

os baixos niveis de asistencia, sempre inferiores á media estatal. Isto debe

pórse en relación co feito de que os nenos colaborasen nos labores agrícolas

axudando as súas familias. En consecuencia, a época máis favorable para

a asistencia á escola era o inverno, cando estas diminuían considerablemente.

Ás diferentes eivas que amosaba a rede de escolas públicas en Galicia hai que

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (175-198) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!