14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

«Mirando polos que quedaron». A man dos indianos no ensino primario: o caso de Ribadeo

Igualmente reconfortantes, seguramente máis, debían ser para os indianos as

accións de gratitude da sociedade beneficiada pola súa actuación, que, como

se mencionou xa, era case sempre a súa comunidade de procedencia. Así, o

recoñecemento popular sería fundamental ao converterse na mellor proba de

aceptación na comunidade, pero xa non como un veciño máis, como o era

cando saíu cara a América, senón como un heroe, un filántropo local, alguén

importante, en definitiva. Este tipo de actividades consolidaba na comunidade

de orixe a posición social que o doador acababa de conquistar e translucía

unhas claras aspiracións por parte do indiano de integración nas capas altas da

sociedade, ás que non pertencía por nacemento.

Ademais da rendibilidade social dos investimentos, hai autores como J. Uría

que inciden na rendibilidade económica como móbil para a actuación benéfica

dos indianos. A posibilidade de que as doazóns que fan os indianos non sexan

unicamente froito da pura filantropía e da súa «sede de cultura» non é en absoluto

desprezable. Así, resulta factible pensar que ese diñeiro supuxo para algúns

deles un investimento rendible e produtivo no que a capital económico se refire

(Uría, 1984: 110-117). É interesante ter presente a opción daqueles indianos

que decidiron levar a cabo a súa acción benéfica de maneira póstuma. Nestas

situacións, ademais de contar cos móbiles xerais xa mencionados, débense ter

presentes outros como a esperanza dun retorno simbólico ao seu lugar de procedencia

ou a vontade de inmortalizarse na memoria colectiva dos seus veciños.

Non podemos esquecer que as obras financiadas por eles ficaban como un dos

mellores recordatorios da súa persoa e do seu éxito migratorio. 2

O altruísmo e a caridade, a influencia da devoción relixiosa, o desexo de

manterse no recordo das súas comunidades, o afán de ostentación ou a intención

de sacar algún tipo de proveito aos seus cartos constitúen pezas clave para

interpretar debidamente o labor filantrópico no eido da educación. A estas hai

que engadir como razón primordial a valoración positiva que estes tiñan respecto

do ensino e das súas potencialidades (Peña, 1991: 324-329). O valor concedido

á educación vén dado pola comprobación das súas propias carencias

–previsibles en razón da súa maioritaria orixe labrega e rural e do nivel educativo

que existía en Galicia– e polo desexo de que os futuros emigrantes non

tivesen que sufrilas. Debemos ter presente tamén o impacto que a sociedade de

llos Predilectos» da súa localidade, con placas conmemorativas das súas obras, con monumentos

escultóricos levantados en honor da súa persoa ou con rúas, prazas ou avenidas que levan o seu

nome, como é o caso de Blanco de Lema en Cee ou dos irmáns García Naveira en Betanzos.

2. Algún destes indianos incluso dispuxo ser repatriado tras o seu pasamento, como Blanco de

Lema, cuxas cinsas repousan nun mausoleo construído ex profeso na capela do colexio que el

pagou en Cee; ou como Pedro Murias, que repousa no camposanto da Devesa.

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (175-198) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!