14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Mariñaos en América: unha aproximación ás sociedades de instrución da Mariña luguesa, ca. 1900-1940

Outro punto de inflexión no decorrer diario destas sociedades veu marcado

pola Guerra Civil española; e ao mes xusto do seu comezo o Centro Vivariense

súmase á subscrición que iniciara en Bos Aires a dona do embaixador

de España a beneficio da Cruz Vermella española (acta do 18 de agosto de

1936). Tamén chega unha petición de axuda do Comité pro víctimas del Frente

Popular en Galicia, que ocasionou un intenso debate e mesmo a renuncia

do presidente debido aos reproches dun membro da directiva pola tardanza

en responder á dita entidade (actas dos días 21 e 28 de novembro de 1936).

En decembro de 1938 recibe o Centro unha carta do Comité Villalba-Lugo, propoñendo

a creación dun comité conxunto de axuda á República Española. A

proposta acéptase, polo que concirne á xunta directiva, pero déixase ao libre

criterio e vontade dos asociados o facer parte ou non do Comité (acta do día

10 de decembro de 1938). As peticións de axuda repítense e en 1939 os protagonistas

son españois exiliados en Francia. En abril chega unha carta dun

ex-socio e membro de varias comisión directivas, solicitando axuda do Centro

para el e para a súa muller, posto que estaban refuxiados nun hospital de París

e desexaban trasladarse a México ou a Arxentina. Acórdase o envío de 100

pesos (acta do 1 de abril de 1939). Un mes máis tarde recíbese unha comunicación

procedente do Partido Galeguista solicitando axuda para os exiliados

en Francia; tómase nota pero non se decide nada ao respecto.

O último acto de carácter político antes da disolución da sociedade, e

que pode ser significativo do cambio de actitude por parte do Centro Vivariense,

prodúcese con motivo da solicitude de participación nun banquete ofrecido

ao exiliado republicano Manuel García Gerpe, autor do libro Alambradas.

A comisión directiva menciona o artigo 3º do seu regulamento (que impedía

participar en actos patrióticos) e resolve non asistir, deixando aos socios a

liberdade de participar voluntariamente. A concorrencia foi numerosa.

Pola súa banda, o Centro Lucense expresa no primeiro número do seu

órgano oficial: «la esperanza de que en un mañana no lejano la república

española haga sonar el clarín de la independencia, volviendo a los senderos

constructivos de justicia y libertad». Para logo salientar, no segundo número,

o carácter «puramente republicano» dos seus socios, a fin de desmentir os

rumores de que a constitución do Centro obedecía aos propósitos de Falange

Española. 45 Fose como for, o certo é que as críticas ao réxime de Franco

sucedíanse no xornal, con titulares como «El problema institucional español»,

nos que se avogaba pola convocatoria de eleccións libres. E, en relación con

45. E iso que no art. 3º do seu regulamento o Centro se declaraba totalmente apolítico e á marxe

de toda tendencia persoal ou colectiva.

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (151-173) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!