Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
14.05.2013 Views

Herminia Pernas Oroza fines, no sólo a salvar a estas entidades de una muerte segura, sino para complementar en el orden moral y patriótico, la grandiosa obra de nuestro «Centro Gallego» […]. 42 Mentres isto acontecía, o número de socios do Centro Gallego ía en aumento, pasou dos 1320 iniciais aos 6033 en decembro de 1947; e, en consonancia, incrementábase tamén o seu capital. En febreiro de 1947 contaba xa cun local social propio, cunha nutrida biblioteca e cun campo de deportes situado na municipalidade de Olivos. ACTITUDE POLÍTICA MANIFESTADA Un último aspecto que nos gustaría resaltar destas sociedades é a súa actitude política, tan interesante como á vez difícil de atopar nas fontes primarias; polo que nos imos referir só ás sociedades viveirenses e ao talante amosado polo Centro Lucense. A sociedade Centro del Partido de Vivero remataba sempre os seus xantares de confraternidade co himno galego e dando vivas a Pablo Iglesias; 43 mentres o Centro Vivariense manifestaba no seu regulamento non pertencer a ningún partido político nin tampouco formar parte de ningunha manifestación de carácter patriótico. A teor desta prohibición, contida nos seus estatutos, rexeitouse a participación nos festexos para conmemorar o centenario do nacemento do poeta viveirense Nicomedes Pastor Díaz (acta do 5 de marzo de 1911), negándose tamén a participar no IV Centenario da fundación de Bos Aires (acta do 16 de maio de 1936). Pero a chegada da Segunda República non pasou desapercibida para estas sociedades, que amosaron de contado as súas simpatías cara ao novo réxime. A revista Vivero en el Plata contiña titulares como: «Por fin las sirenas de los grandes rotativos anunciaron el día 14 la grata y por nosotros esperada noticia de la proclamación de la tan ansiada república en España […]». E tamén: «Perdonar sí, olvidar no», en relación aos dous mártires de Jaca. 44 En maio de 1931 o Centro del Partido de Vivero nomea socio de honra a Alejandro Lerroux; e nunca deixou de celebrarse, por parte das dúas sociedades, a data en que se conmemoraba a proclamación da República. 42. «El fenómeno de concentración», Lugo, n.º 1, 25-V-1943. 43. Vivero en el Plata, n.º 249, xullo de 1930. 44. Vivero en el Plata, n.º 258, abril de 1931. 0 [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (151-173) ]

Mariñaos en América: unha aproximación ás sociedades de instrución da Mariña luguesa, ca. 1900-1940 Outro punto de inflexión no decorrer diario destas sociedades veu marcado pola Guerra Civil española; e ao mes xusto do seu comezo o Centro Vivariense súmase á subscrición que iniciara en Bos Aires a dona do embaixador de España a beneficio da Cruz Vermella española (acta do 18 de agosto de 1936). Tamén chega unha petición de axuda do Comité pro víctimas del Frente Popular en Galicia, que ocasionou un intenso debate e mesmo a renuncia do presidente debido aos reproches dun membro da directiva pola tardanza en responder á dita entidade (actas dos días 21 e 28 de novembro de 1936). En decembro de 1938 recibe o Centro unha carta do Comité Villalba-Lugo, propoñendo a creación dun comité conxunto de axuda á República Española. A proposta acéptase, polo que concirne á xunta directiva, pero déixase ao libre criterio e vontade dos asociados o facer parte ou non do Comité (acta do día 10 de decembro de 1938). As peticións de axuda repítense e en 1939 os protagonistas son españois exiliados en Francia. En abril chega unha carta dun ex-socio e membro de varias comisión directivas, solicitando axuda do Centro para el e para a súa muller, posto que estaban refuxiados nun hospital de París e desexaban trasladarse a México ou a Arxentina. Acórdase o envío de 100 pesos (acta do 1 de abril de 1939). Un mes máis tarde recíbese unha comunicación procedente do Partido Galeguista solicitando axuda para os exiliados en Francia; tómase nota pero non se decide nada ao respecto. O último acto de carácter político antes da disolución da sociedade, e que pode ser significativo do cambio de actitude por parte do Centro Vivariense, prodúcese con motivo da solicitude de participación nun banquete ofrecido ao exiliado republicano Manuel García Gerpe, autor do libro Alambradas. A comisión directiva menciona o artigo 3º do seu regulamento (que impedía participar en actos patrióticos) e resolve non asistir, deixando aos socios a liberdade de participar voluntariamente. A concorrencia foi numerosa. Pola súa banda, o Centro Lucense expresa no primeiro número do seu órgano oficial: «la esperanza de que en un mañana no lejano la república española haga sonar el clarín de la independencia, volviendo a los senderos constructivos de justicia y libertad». Para logo salientar, no segundo número, o carácter «puramente republicano» dos seus socios, a fin de desmentir os rumores de que a constitución do Centro obedecía aos propósitos de Falange Española. 45 Fose como for, o certo é que as críticas ao réxime de Franco sucedíanse no xornal, con titulares como «El problema institucional español», nos que se avogaba pola convocatoria de eleccións libres. E, en relación con 45. E iso que no art. 3º do seu regulamento o Centro se declaraba totalmente apolítico e á marxe de toda tendencia persoal ou colectiva. [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (151-173) ]

Herminia Pernas Oroza

fines, no sólo a salvar a estas entidades de una muerte segura, sino para complementar

en el orden moral y patriótico, la grandiosa obra de nuestro «Centro

Gallego» […]. 42

Mentres isto acontecía, o número de socios do Centro Gallego ía en

aumento, pasou dos 1320 iniciais aos 6033 en decembro de 1947; e, en consonancia,

incrementábase tamén o seu capital. En febreiro de 1947 contaba

xa cun local social propio, cunha nutrida biblioteca e cun campo de deportes

situado na municipalidade de Olivos.

ACTITUDE POLÍTICA MANIFESTADA

Un último aspecto que nos gustaría resaltar destas sociedades é a súa

actitude política, tan interesante como á vez difícil de atopar nas fontes primarias;

polo que nos imos referir só ás sociedades viveirenses e ao talante amosado

polo Centro Lucense.

A sociedade Centro del Partido de Vivero remataba sempre os seus xantares

de confraternidade co himno galego e dando vivas a Pablo Iglesias; 43

mentres o Centro Vivariense manifestaba no seu regulamento non pertencer

a ningún partido político nin tampouco formar parte de ningunha manifestación

de carácter patriótico. A teor desta prohibición, contida nos seus estatutos,

rexeitouse a participación nos festexos para conmemorar o centenario do

nacemento do poeta viveirense Nicomedes Pastor Díaz (acta do 5 de marzo de

1911), negándose tamén a participar no IV Centenario da fundación de Bos

Aires (acta do 16 de maio de 1936).

Pero a chegada da Segunda República non pasou desapercibida para estas

sociedades, que amosaron de contado as súas simpatías cara ao novo réxime.

A revista Vivero en el Plata contiña titulares como: «Por fin las sirenas de los

grandes rotativos anunciaron el día 14 la grata y por nosotros esperada noticia

de la proclamación de la tan ansiada república en España […]». E tamén:

«Perdonar sí, olvidar no», en relación aos dous mártires de Jaca. 44

En maio de 1931 o Centro del Partido de Vivero nomea socio de honra a

Alejandro Lerroux; e nunca deixou de celebrarse, por parte das dúas sociedades,

a data en que se conmemoraba a proclamación da República.

42. «El fenómeno de concentración», Lugo, n.º 1, 25-V-1943.

43. Vivero en el Plata, n.º 249, xullo de 1930.

44. Vivero en el Plata, n.º 258, abril de 1931.

0 [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (151-173) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!