14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Herminia Pernas Oroza

e que, polo tanto, lle correspondía o privilexio de elixir o nome. Non se chega

a un acordo e a fusión fica esquecida (acta do 27 de xuño de 1914).

Un segundo intento lévase a cabo en 1931, despois de considerar que,

no estado actual de disgregación no que se atopaba a colectividade viveirense,

as distintas sociedades nada valían nin podían ofrecer. Por iso, conviña deixar

de lado as pequenas desavinzas e proceder á unión de todas as sociedades do

distrito. Poñíase como exemplo as dúas sociedades do Partido de Arzúa, que

se uniron nese mesmo ano e remataron coas rivalidades existentes entre elas; 35

mais tampouco os acordos frutifican.

Fálase outra vez de fusión no ano 1938, pero agora entre o Centro Vivariense

e a sociedade Hijos del Vicedo, xa que ambas se consideraban irmáns

(acta do 18 de agosto de 1938). Séntanse as bases para a unión e de novo xorde

o problema do nome que había de levar a futura sociedade: o Centro Vivariense

quere que sexa o de Vivero y su comarca; mentres a sociedade do Vicedo

avogaba polo de Viceriense ou Unión de Vivero-Vicedo, condición considerada

indispensable para que a fusión se puidese realizar (acta do 6 de outubro de

1938). O Centro Vivariense acepta, pero pon como condición que se consiga

atraer a outras sociedades do partido xudicial de Viveiro (en clara alusión á

sociedade Centro del Partido de Vivero) para poder formar unha sociedade forte

e de sólido porvir. Por terceira vez, o intento resulta frustrado (acta do 5 de

novembro de 1938).

Sempre se dixo que a unión fai a forza e estas sociedades xa a perderan

cando tentaron xuntarse. O devalo comeza para todas (en maior ou menor

medida) na década dos trinta e o primeiro síntoma de alarma foron os continuos

déficits resultantes da celebración de festivais e festas campestres, que

empezaron a ser considerables a partir de 1935, debido á escasa participación

dos socios (a excepción constituírona os xantares benéficos organizados

durante a Guerra Civil española, sempre moi concorridos). Esta abulia participativa

axiña se traduciu nun baixo rexistro dos asociados, o que obrigou a

desenvolver unha campaña propagandística para atraer novos socios. Con este

fin, na revista Vivero en el Plata abundaban os anuncios publicitarios: «Se necesitan

más socios para poder ofrecer mayores beneficios y elevar la alta finalidad

de nuestros principios a bellas realidades. Coopere, haga vd. un socio». 36

35. Vivero en el Plata, n.º 256, febreiro de 1931. Tamén desde a sociedade El Valle de Oro se

queixan da atomización en que se atopa a colectividade emigrante, dispersa en numerosas asociacións;

considerando que só a súa fusión ou concentración en grandes organismos federativos

podería contribuír a crear centros docentes superiores que Galicia tanto necesita. Vid. Memoria

Social, ano 1928, op. cit.

36. Vivero en el Plata, n.º 254, decembro de 1930.

66 [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (151-173) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!