14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Herminia Pernas Oroza

A maioría destas sociedades xorden en Bos Aires, na Habana e en Montevideo

entre 1900 e 1936 e terían un período de máxima intensidade entre

1907 e 1925. Faise difícil establecer con exactitude o seu número debido á

certa inestabilidade no seu decorrer: algunhas refúndanse e cambian de nome

(por exemplo, a Sociedade dos naturais de Monterroso, Antas e Palas de Rei,

que se fundou na Habana en 1911 e se refundou en 1922, pero xa co nome

de Monterroso y Antas de Ulla), mentres que outras se separan da entidade

primixenia, como ocorreu coa sociedade Residentes del municipio de Riobarba,

separada en 1927 do Centro Vivariense. As causas hainas que buscar nas

discordias internas entre os seus directivos, que obedecían á procura de estratexias

de ascenso encamiñadas a apuntalar a súa posición e prestixio social na

colectividade galega. Esta era a causa que se esgrimía cando, con motivo da

fundación do Centro Lucense (en 1943), vinte sociedades se negaron a entrar

nel. Poida que fosen rivalidades semellantes as que levaron á fundación na

Habana do Círculo Habanero de La Devesa tres anos máis tarde de ser creada a

sociedade Hijos de Santa Eulalia de la Devesa (1908); si sabemos que de resultas

dun conflito entre a directiva do Centro Vivariense de Bos Aires xurdiu a

sociedade Centro del Partido de Vivero.

Comentabamos ao comezo unha das causas da fundación deste tipo de

sociedades, pero tamén hai que subliñar outras como a necesidade de facer

fronte a carencias conxunturais e concretas nos lugares de orixe dos socios

(por exemplo, un cemiterio, un reloxo para a igrexa parroquial, unha escola,

etc.). Unha terceira causa, sobre todo, para que tivese lugar o desenvolvemento

daquelas sociedades que só eran instrutivas e/ou recreativas foi o feito de

teren cubertas as súas necesidades mutualistas, que eran atendidas polos centros

galegos. Isto levou a que os seus fins mutualistas fosen perdendo importancia

a medida que as grandes institucións mutualistas e benéfico-asistenciais

se asentaban e desenvolvían.

Cómpre tamén preguntarse se estas sociedades xorden pola soa presenza

de moitos emigrantes nun lugar concreto. Non sempre ten porque ser así xa

que, como ten afirmado Núñez Seixas, hai partidos xudiciais de alta emigración

(1900-1936) como Arzúa, Ordes, Becerreá, etc. que non presentan unha

densidade asociativa tan elevada como Vilalba, Viveiro ou Ortigueira. Facía

falta, ademais de emigrantes, unha elite: uns líderes; emigrantes de éxito que

apadriñasen a fundación de asociacións. Alí onde houbese líderes en potencia

(industriais, comerciantes, intelectuais) aumentarían as posibilidades de que

se fundase unha sociedade de ámbito microterritorial. Por exemplo, a causa

da fundación da sociedade Vivero y su comarca foi unha viaxe que no outono

de 1910 fixo á Habana o profesor Rafael Altamira (en representación da Universidade

de Oviedo), acompañándoo como secretario o viveirense Francis-

5 [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (151-173) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!