Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
14.05.2013 Views

Antón Costa Rico AS ESCOLAS DOS EMIGRANTES. UN EXEMPLO DE REXENERACIONISMO Diversos cálculos estatísticos, aos que aínda recentemente se referiu Núñez Seixas, 1 poñen de relevo que no espazo dun século, entre 1836 e 1930, non menos dun millón e medio de galegos tomou o camiño da emigración, na súa inmensa maioría en dirección a América, ata tal punto que Galicia se situaría entre os países europeos, con Irlanda e Italia, de máis altas taxas migratorias desde 1880. Unha emigración composta en maior medida por varóns semialfabetizados, saídos dos espazos xeográficos e económicos rurais de toda Galicia, debido a un «excedente» demográfico, en parte ocasionado pola falta de modernización das estruturas agrarias, como circunstancia unida ás limitadas porcentaxes de dominio en propiedade das terras agrarias, e causado, así mesmo, pola febleza urbana e industrial, como posibles focos de atracción de tales excedentes de poboación activa ligada a un sector primario de escasos folgos. Unha emigración, tanto clandestina como legal, que se dirixiu con preferencia a grandes metrópoles urbanas, como Bos Aires, Montevideo, São Paulo, Santos ou Nova York, nese período que vai desde os últimos anos do século xix ata a fronteira dos anos trinta do século xx, compoñéndose deste xeito un mesto tecido de redes migratorias, coñecido como as cadeas migratorias, a través das que foi posible trasladar con visibilidade social tantos centos de milleiros de persoas, a miúdo enlazadas entre si con lazos de veciñanza e/ou de consanguinidade, o que, pola súa volta, permitiu manter no tempo diversos graos de comunicación e de estabilidade emocional entre a parroquia de aquí, a que permanecía en Galicia, e a «parroquia de acolá» ou migrante. Unha emigración que se inseriu laboralmente no sector dos servizos urbanos e, en xeral, en postos de baixa e media cualificación máis que en ocupacións campesiñas, aínda que isto tamén ocorreu nas plantacións de café e de cana de azucre. Outros engrosaron o conxunto de operarios industriais e portuarios. Co paso dos anos algúns accederon a facer algunha notable fortuna, chegando a estar presentes no sector comercial, no financeiro e mesmo no industrial. Nalgúns casos rexístrase, de igual modo, o acceso a algunhas profesións liberais. Esta relativa diversidade na inserción laboral e profesional americana dos emigrantes, entre os que non faltaron persoas que partían de Galicia con conviccións ideolóxicas democráticas ou cunha mellor preparación cultural e pro- 1. Núñez Seixas, X. M., Soutelo, R., As cartas do destino, Galaxia, Vigo, 2005, p. 13. [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (131-149) ]

Con billete de volta. Os americanos da Mariña, a creación de escolas e a busca do progreso fesional (por exemplo, co titulo de maxisterio), proveu os galegos dun abanico considerable de novas experiencias profesionais, cívicas e sociais, en circunstancias de forte vitalidade da vivencia dos trazos identitarios e de sociabilidade, de onde xurdían febras vivas de solidariedade e comunitarismo. Circunstancias todas que facilitaron a posta en marcha de iniciativas de mutualismo e de fortalecemento de redes estables de convivencia, que se foron plasmando nunha ampla armazón de asociacións, preferentemente de mutualismo, recreo e instrución, compoñendo un tecido societario e institucional, de onde foi xurdindo en toda América (na Habana, sobre todo) a aparición e consolidación de moito máis de cen cabeceiras de prensa diaria ou periódica (con múltiples revistas, que recordaban, en particular, a xeografía vilega e comarcal de Galicia) e a constitución de «máis de 600 asociacións galegas de todo tipo». 2 Un fenómeno que arestora, de xeito considerable, se analizou historiograficamente, 3 dado o interese social, cultural e cívico que de tal mobilización se desprendeu para a propia cultura cívica dos que se asociaban e para as súas propias condicións vitais, como tamén para os contornos xeográficosociais galegos que recibiron os beneficios de tal asociacionismo, por veces como auxilio material e a xeito de obra pública (escolas e outros edificios e construcións) e, por veces, como mediación e aguillón dun renovado sentido cívico, que fixo de moitos galegos que permanecían no país membros activos do cívico societarismo agrario que camiñou ao par, lectores libres de prensa e de «noticias» do outro mundo, librepensadores… «perturbando a orde tradicional co horizonte dunha sociedade nova». 4 Milleiros de socios formaban parte dos diversos centros galegos e asociacións formadas por toda América; 16 000 formaban parte do Centro Galego de Bos Aires; pasouse aquí das 12 sociedades, formadas en 1907 das que se ten constancia, ás 146 de 1926, mentres que en Cuba se chegaba ás 104 en 1923. A este respecto, Vicente Peña estableceu un cómputo de 484 sociedades creadas entre 1904 (a «Alianza Aresana») e 1936; case 200 en Cuba e sobre 260 en Arxentina, e logo hai que sinalar, así mesmo, as creadas en Uruguai ou tamén en Brasil ou nos EE UU, en todo caso, moito menos numerosas. Este mesto proceso societario, que se articulou en sociedades e centros de diverso tipo e finalidade, e tamén de diferente tamaño (ás veces de alcan- 2. Ibid, p. 23. 3. Con contribucións, entre outros, de Peña Saavedra, Villares Paz, Núñez Seixas, R. Soutelo, Sixirei, Barreiro Fernández, Elixio Villaverde, X. M. Malheiro, González Lopo, Vázquez González, Vilanova Rodríguez ou Antón Costa Rico. 4. Núñez Seixas, X. A., «Asociacionismo e política na Galicia de Alén Mar», en Emigrantes, caciques e indianos, Xerais, Vigo, 1998. [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (131-149) ]

Con billete de volta. Os americanos da Mariña, a creación de escolas e a busca do progreso

fesional (por exemplo, co titulo de maxisterio), proveu os galegos dun abanico

considerable de novas experiencias profesionais, cívicas e sociais, en circunstancias

de forte vitalidade da vivencia dos trazos identitarios e de sociabilidade,

de onde xurdían febras vivas de solidariedade e comunitarismo.

Circunstancias todas que facilitaron a posta en marcha de iniciativas de

mutualismo e de fortalecemento de redes estables de convivencia, que se foron

plasmando nunha ampla armazón de asociacións, preferentemente de mutualismo,

recreo e instrución, compoñendo un tecido societario e institucional,

de onde foi xurdindo en toda América (na Habana, sobre todo) a aparición e

consolidación de moito máis de cen cabeceiras de prensa diaria ou periódica

(con múltiples revistas, que recordaban, en particular, a xeografía vilega e

comarcal de Galicia) e a constitución de «máis de 600 asociacións galegas de

todo tipo». 2 Un fenómeno que arestora, de xeito considerable, se analizou historiograficamente,

3 dado o interese social, cultural e cívico que de tal mobilización

se desprendeu para a propia cultura cívica dos que se asociaban e para

as súas propias condicións vitais, como tamén para os contornos xeográficosociais

galegos que recibiron os beneficios de tal asociacionismo, por veces

como auxilio material e a xeito de obra pública (escolas e outros edificios e

construcións) e, por veces, como mediación e aguillón dun renovado sentido

cívico, que fixo de moitos galegos que permanecían no país membros activos

do cívico societarismo agrario que camiñou ao par, lectores libres de prensa e

de «noticias» do outro mundo, librepensadores… «perturbando a orde tradicional

co horizonte dunha sociedade nova». 4

Milleiros de socios formaban parte dos diversos centros galegos e asociacións

formadas por toda América; 16 000 formaban parte do Centro Galego

de Bos Aires; pasouse aquí das 12 sociedades, formadas en 1907 das que

se ten constancia, ás 146 de 1926, mentres que en Cuba se chegaba ás 104 en

1923. A este respecto, Vicente Peña estableceu un cómputo de 484 sociedades

creadas entre 1904 (a «Alianza Aresana») e 1936; case 200 en Cuba e sobre

260 en Arxentina, e logo hai que sinalar, así mesmo, as creadas en Uruguai ou

tamén en Brasil ou nos EE UU, en todo caso, moito menos numerosas.

Este mesto proceso societario, que se articulou en sociedades e centros

de diverso tipo e finalidade, e tamén de diferente tamaño (ás veces de alcan-

2. Ibid, p. 23.

3. Con contribucións, entre outros, de Peña Saavedra, Villares Paz, Núñez Seixas, R. Soutelo,

Sixirei, Barreiro Fernández, Elixio Villaverde, X. M. Malheiro, González Lopo, Vázquez González,

Vilanova Rodríguez ou Antón Costa Rico.

4. Núñez Seixas, X. A., «Asociacionismo e política na Galicia de Alén Mar», en Emigrantes, caciques

e indianos, Xerais, Vigo, 1998.

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (131-149) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!