Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
14.05.2013 Views

Julio Rafael Pereira Bernárdez PERFIL DO EMIGRANTE DE SALCEDA DE CASELAS (1887-1 20) Quen emigraba: os máis podentes ou os máis desfavorecidos? Tiña o perfil social do emigrante unha relación directa coa elección do seu destino e o radio de alcance da súa migración? Distinguiremos aquí de xeito básico entre os emigrantes que se desprazan a Galicia e aqueles que se orientaran á emigración externa, fose esta intrapeninsular ou ultramarina, esta última de carácter maioritario. No que fai á migración intragalega, salienta o protagonismo da muller. Ao longo do período considerado (1887-1920), a participación feminina neste tipo de migración aumentou paseniñamente, pois pasou de constituír o 62,4% en 1887 a supor o 75,3% no 1920. Tratábase de mulleres novas: ao redor do 80% destas tiñan menos de trinta anos. Esta mocidade acentuábase na compoñente masculina da migración de curta distancia: no 1900, o 90% dos homes non chegaba á idade de trinta anos. Tanto entre os homes como entre as mulleres que residían noutras localidades de Galicia, o estado de solteiría era case exclusivo. A emigración exterior presenta, pola contra, un carácter masculino indiscutible. No 1887, un 94,5% do total de emigrantes en cuestión eran homes; en 1900 érao o 95,1%. Só en 1920 descendeu a taxa de masculinidade, pero así e todo mantívose no 88,4%. A cativa participación da muller galega na emigración ultramarina durante o século xix pódese explicar como unha consecuencia da escasa relevancia da emigración de familias enteiras na Galicia da época. Isto derivaríase de que boa parte dos varóns que emigraban (fosen solteiros ou casados) facíano cun proxecto previo de retornar logo de acadaren certos obxectivos de natureza económica (Cagiao Vila 1997: 58; Eiras 1992b: 191). A maior presenza de mulleres que se detecta na altura de 1920 pódese entender como resultado directo do aumento do número de varóns que emigraron aos países americanos, xa que estes eran os que podían ofrecer as condicións de seguranza para un asentamento non demasiado problemático nas sociedades americanas. Condicións de seguranza que non só teñen que ver co estritamente persoal, senón que tamén se refiren ás condicións económicas. Ademais, as melloras nas condicións de transporte, así como o menor custo monetario da travesía, foron elementos que axudaron a posibilitar o aumento da participación feminina na emigración ultramarina (Vázquez González 1999: 373-83). No que atinxe á idade dos emigrantes varóns que se trasladaron fóra de Galicia, atopámonos con que a inmensa maioría tiña menos de corenta anos. En 1887 o 81,6%, en 1900 o 88,7% e en 1920 o 75,7% non chegaba a esa ida- [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (103-129) ]

Cambio e continuidade migratoria: de Salceda de Caselas a América (1861–1920) de. En canto ao estado civil, priman claramente os solteiros sobre os casados: no 1887 un 63,3%, no 1900 un 63,7% e en 1920 aínda un 62,4%. No que respecta ao nivel de instrución, os emigrantes internos presentaban un menor grao de alfabetización que os emigrantes externos. Pero tamén era menor que a media dos habitantes de Salceda de Caselas. Pola contra, os que saían de Galicia eran proporcionalmente máis alfabetos que os que ficaban. Vémolo así claramente no padrón de 1920, cuxos datos cadran en liñas xerais coa tendencia que sinalan os padróns anteriores. Concentrémonos na cohorte de individuos comprendidos entre os 15 e os 40 anos. Os emigrantes varóns alfabetizados que residían noutras localidades galegas supuñan o 73,7% do total fronte ao 80,3% de media do concello nese treito de idade. No que atinxe ao sexo feminino, as porcentaxes respectivas son 55,7% fronte a 57,3%. Malia as diferenzas non seren abismais, pódese afirmar que os emigrantes internos tiñan un grao de alfabetización inferior aos do conxunto dos veciños do concello da súa idade. Esta comprobación ha ser un elemento indicativo de que o nivel de alfabetización non constituía un requisito demasiado importante para a inserción laboral deses emigrantes, que podemos supor que tiña lugar maioritariamente no servizo doméstico e nos labores agrícolas. No caso dos emigrantes exteriores (fundamentalmente radicados en América), encontrámonos que entre eles os varóns alfabetos entre 15 e 40 anos eran o 82,1% fronte ao 80,3% do total de individuos de Salceda de Caselas das mesmas idades. No que fai ás mulleres, as emigradas presentaban unha taxa de alfabetización superior en máis de dez puntos porcentuais á do conxunto de mulleres do concello englobadas no mesmo grupo de idade (68,1% fronte a 57,3%). A alfabetización si que era un requisito importante para os emigrantes que se dirixían a traballar nos mercados laborais americanos. No que atinxe á cualificación profesional dos emigrantes de Salceda de Caselas, os datos dos padróns apuntan a unha maioritaria experiencia laboral nas actividades agrarias. Como exemplo clarificador podemos dicir que, segundo os datos de 1887, só estarían emigradas tres persoas cuxa ocupación en Salceda de Caselas non estaba directamente relacionada cos labores agrícolas: a saber, dous carpinteiros e un zapateiro. Expoñamos a seguir algúns datos que nos permitan caracterizar no social os emigrantes de Salceda de Caselas, tirados do padrón de contribución rústica de 1919, que nos subministra a información axeitada para caracterizar a orixe social dos emigrantes reflectidos no padrón de habitantes de 1920. Pero debemos aclarar que aqueles datos permiten tirar unhas conclusións que, a grandes trazos, coinciden coas que se deducen da información fornecida polos padróns utiliza- [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (103-129) ] 5

Julio Rafael Pereira Bernárdez

PERFIL DO EMIGRANTE DE SALCEDA DE CASELAS (1887-1 20)

Quen emigraba: os máis podentes ou os máis desfavorecidos? Tiña o perfil

social do emigrante unha relación directa coa elección do seu destino e o

radio de alcance da súa migración? Distinguiremos aquí de xeito básico entre

os emigrantes que se desprazan a Galicia e aqueles que se orientaran á emigración

externa, fose esta intrapeninsular ou ultramarina, esta última de carácter

maioritario.

No que fai á migración intragalega, salienta o protagonismo da muller.

Ao longo do período considerado (1887-1920), a participación feminina neste

tipo de migración aumentou paseniñamente, pois pasou de constituír o

62,4% en 1887 a supor o 75,3% no 1920. Tratábase de mulleres novas: ao

redor do 80% destas tiñan menos de trinta anos. Esta mocidade acentuábase

na compoñente masculina da migración de curta distancia: no 1900, o 90%

dos homes non chegaba á idade de trinta anos. Tanto entre os homes como

entre as mulleres que residían noutras localidades de Galicia, o estado de solteiría

era case exclusivo.

A emigración exterior presenta, pola contra, un carácter masculino indiscutible.

No 1887, un 94,5% do total de emigrantes en cuestión eran homes;

en 1900 érao o 95,1%. Só en 1920 descendeu a taxa de masculinidade, pero

así e todo mantívose no 88,4%. A cativa participación da muller galega na

emigración ultramarina durante o século xix pódese explicar como unha consecuencia

da escasa relevancia da emigración de familias enteiras na Galicia da

época. Isto derivaríase de que boa parte dos varóns que emigraban (fosen solteiros

ou casados) facíano cun proxecto previo de retornar logo de acadaren

certos obxectivos de natureza económica (Cagiao Vila 1997: 58; Eiras 1992b:

191). A maior presenza de mulleres que se detecta na altura de 1920 pódese

entender como resultado directo do aumento do número de varóns que emigraron

aos países americanos, xa que estes eran os que podían ofrecer as condicións

de seguranza para un asentamento non demasiado problemático nas

sociedades americanas. Condicións de seguranza que non só teñen que ver co

estritamente persoal, senón que tamén se refiren ás condicións económicas.

Ademais, as melloras nas condicións de transporte, así como o menor custo

monetario da travesía, foron elementos que axudaron a posibilitar o aumento

da participación feminina na emigración ultramarina (Vázquez González

1999: 373-83).

No que atinxe á idade dos emigrantes varóns que se trasladaron fóra de

Galicia, atopámonos con que a inmensa maioría tiña menos de corenta anos.

En 1887 o 81,6%, en 1900 o 88,7% e en 1920 o 75,7% non chegaba a esa ida-

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (103-129) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!