Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
14.05.2013 Views

Julio Rafael Pereira Bernárdez No que atinxe ás parroquias que participaban no fenómeno da emigración americana nunha magnitude superior á media municipal, abonda referir que, nos casos de Entenza e Salceda, oito de cada dez emigrantes estaban participando nel, mentres que para A Picoña e San Xurxo a proporción era de nove de cada dez. Esta común orientación dos seus fluxos non implica que non existan diferenzas que nos permitan falar de patróns emigratorios diferenciados. No caso de Entenza, o 81,9% dos seus emigrantes residía en terras americanas (68 individuos). Entrementres, Portugal acollía seis dos seus veciños, o 7,2%. Esta escasa emigración orientada a terras lusas resulta un elemento anovador, pois na altura de 1887 encontrábase nelas o 35,6% do total de persoas emigradas de Entenza. No que fai á caracterización do fluxo emigratorio ultramarino encontrámonos cunha eiva non pequena pois esta freguesía reúne a maior parte dos emigrantes que o padrón rexistra como residentes en América sen fornecer máis información. Trátase de 24 emigrantes, que representan o 35,2% do total. Centrándonos nos restantes emigrantes ultramarinos (44 casos), vemos que o 72,7% residía en Arxentina (32), o 25% en Brasil (11) e o remanente 2,3% en Cuba (1). Cremos que moi posiblemente este panorama non se vería deturpado en liñas xerais se coñecésemos os destinos en que se encontraban os 24 emigrantes xa comentados. Para avalar o anterior, debemos ter en conta que sete deles continuaban emigrados no 1920 e seis estaban establecidos en Arxentina, mentres que o restante estaba en Brasil. Dada a clara preeminencia de Arxentina e Brasil á hora de acolleren emigrantes de Entenza, poderiamos concluír que esta parroquia se caracterizaría por un comportamento migratorio dual. Este dualismo ha ser matizado pois, de aternos ao que se desprende do conxunto de 44 persoas cun destino americano concreto, resulta que Arxentina conseguía atraer case tres veces máis emigrantes que Brasil. A parroquia de Salceda caracterízase na altura de 1900 por un fluxo emigratorio netamente americanizado: o 84,4% dos seus emigrantes residían en diferentes países do Novo Continente e apenas dous (2,2%) ficaban en Portugal. Noutras localidades galegas residía o 12,2% dos ausentes. Neste sentido, a situación é bastante semellante á de Entenza e Parderrubias. Os emigrantes de Salceda emigraban fundamentalmente a dous países suramericanos. Arxentina acollía 49 (64,4%) dos ditos emigrantes e Brasil 24 (31,5%). Indubidablemente, as cifras que acabamos de expoñer permítennos concluír que, no relativo aos destinos ultramarinos, o comportamento migratorio dos habitantes de Salceda presentaba arredor de 1900 un claro carácter dual, pois Arxentina e Brasil acaparaban aproximadamente o 95% do total de emigrantes en cuestión. Pero este carácter dual ha de relativizarse, pois Arxentina lograba atraer máis do dobre de emigrantes de Salceda que os que atraía Brasil. 0 [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (103-129) ]

Cambio e continuidade migratoria: de Salceda de Caselas a América (1861–1920) Vexamos que acontece nas dúas freguesías restantes, A Picoña e San Xurxo. En ambas as dúas, o 90% dos seus emigrantes encontrábanse en América, e a maioría deles en Brasil. Na Picoña, o 86,1% dos seus emigrantes ultramarinos ía en terras brasileiras (31 casos) e o restante 13,9% (5 casos) en Arxentina. A situación de San Xurxo é semellante. Dos 41 emigrantes americanos desta parroquia, dos que coñecemos o seu país de residencia, o 90,2% inclinárase por Brasil, mentres que o restante 9,8% corresponde a tres emigrantes asentados en Arxentina e un en Cuba. Resulta obvio que os destinos non americanos presentaban un carácter marxinal na estratexia migratoria dos veciños destas dúas parroquias (tres emigrantes en Portugal no caso da Picoña e uns poucos emigrantes noutros concellos pontevedreses no caso de San Xurxo). O seguinte padrón de habitantes que nos ofrece información plenamente útil para a nosa pescuda é o de 1920. Segundo os seus datos, o 17,8% (960 persoas) dos habitantes de Salceda de Caselas atopábanse ausentes do termo municipal naquela altura. Con respecto a 1900 producírase un aumento no número de ausentes do 153,9%. Como se pode comprobar no cadro 12, o aumento experimentado no número de ausentes non se repartiu de xeito homoxéneo entre as diversas parroquias. Un grupo de parroquias presentaba unha participación no continxente migratorio superior á que lle correspondería en función da súa poboación: Entenza, Parderrubias e San Xurxo. Pola contra, Salceda, Budiño, A Picoña e Soutelo víanse afectadas polo fenómeno contrario. Nun extremo temos Entenza, cun 21,3% dos seus veciños emigrados, e no outro extremo atopámonos con que os emigrantes de Budiño unicamente supuñan o 10,9% da súa poboación. O importante incremento do número de ausentes nos dous primeiros decenios do xx débese atribuír esencialmente á emigración americana. No Novo Continente radicaba o 86,4% do total de emigrantes fronte ao 75,9% do total dos emigrados que optaran por América no 1900. Como consecuencia directa do auxe da emigración americana, os restantes destinos viron diminuír a chegada de emigrantes de Salceda de Caselas. Con excepción da emigración desenvolvida en dirección a outras localidades galegas, os restantes destinos tiñan un rotundo carácter marxinal. A emigración de curto alcance, a diferenza do que ocorría en 1900, concentrouse nun 96,9% na provincia de Pontevedra. Dentro dela, Vigo concentra o meirande número de salcedenses, concretamente o 40,2%, mentres que nun discreto segundo plano fican localidades limítrofes como O Porriño (20,6%), Tui (15,5%), Salvaterra de Miño (9,3%) e Ponteareas (6,2%). [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (103-129) ]

Cambio e continuidade migratoria: de Salceda de Caselas a América (1861–1920)

Vexamos que acontece nas dúas freguesías restantes, A Picoña e San Xurxo.

En ambas as dúas, o 90% dos seus emigrantes encontrábanse en América,

e a maioría deles en Brasil. Na Picoña, o 86,1% dos seus emigrantes ultramarinos

ía en terras brasileiras (31 casos) e o restante 13,9% (5 casos) en Arxentina.

A situación de San Xurxo é semellante. Dos 41 emigrantes americanos

desta parroquia, dos que coñecemos o seu país de residencia, o 90,2% inclinárase

por Brasil, mentres que o restante 9,8% corresponde a tres emigrantes

asentados en Arxentina e un en Cuba. Resulta obvio que os destinos non americanos

presentaban un carácter marxinal na estratexia migratoria dos veciños

destas dúas parroquias (tres emigrantes en Portugal no caso da Picoña e uns

poucos emigrantes noutros concellos pontevedreses no caso de San Xurxo).

O seguinte padrón de habitantes que nos ofrece información plenamente

útil para a nosa pescuda é o de 1920. Segundo os seus datos, o 17,8% (960

persoas) dos habitantes de Salceda de Caselas atopábanse ausentes do termo

municipal naquela altura. Con respecto a 1900 producírase un aumento no

número de ausentes do 153,9%.

Como se pode comprobar no cadro 12, o aumento experimentado no

número de ausentes non se repartiu de xeito homoxéneo entre as diversas

parroquias. Un grupo de parroquias presentaba unha participación no continxente

migratorio superior á que lle correspondería en función da súa

poboación: Entenza, Parderrubias e San Xurxo. Pola contra, Salceda, Budiño,

A Picoña e Soutelo víanse afectadas polo fenómeno contrario. Nun extremo

temos Entenza, cun 21,3% dos seus veciños emigrados, e no outro extremo

atopámonos con que os emigrantes de Budiño unicamente supuñan o 10,9%

da súa poboación.

O importante incremento do número de ausentes nos dous primeiros

decenios do xx débese atribuír esencialmente á emigración americana. No

Novo Continente radicaba o 86,4% do total de emigrantes fronte ao 75,9% do

total dos emigrados que optaran por América no 1900.

Como consecuencia directa do auxe da emigración americana, os restantes

destinos viron diminuír a chegada de emigrantes de Salceda de Caselas.

Con excepción da emigración desenvolvida en dirección a outras localidades

galegas, os restantes destinos tiñan un rotundo carácter marxinal. A emigración

de curto alcance, a diferenza do que ocorría en 1900, concentrouse

nun 96,9% na provincia de Pontevedra. Dentro dela, Vigo concentra o meirande

número de salcedenses, concretamente o 40,2%, mentres que nun discreto

segundo plano fican localidades limítrofes como O Porriño (20,6%), Tui

(15,5%), Salvaterra de Miño (9,3%) e Ponteareas (6,2%).

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (103-129) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!