14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Julio Rafael Pereira Bernárdez

No que atinxe ás parroquias que participaban no fenómeno da emigración

americana nunha magnitude superior á media municipal, abonda referir que,

nos casos de Entenza e Salceda, oito de cada dez emigrantes estaban participando

nel, mentres que para A Picoña e San Xurxo a proporción era de nove de cada

dez. Esta común orientación dos seus fluxos non implica que non existan diferenzas

que nos permitan falar de patróns emigratorios diferenciados.

No caso de Entenza, o 81,9% dos seus emigrantes residía en terras americanas

(68 individuos). Entrementres, Portugal acollía seis dos seus veciños, o

7,2%. Esta escasa emigración orientada a terras lusas resulta un elemento anovador,

pois na altura de 1887 encontrábase nelas o 35,6% do total de persoas

emigradas de Entenza. No que fai á caracterización do fluxo emigratorio ultramarino

encontrámonos cunha eiva non pequena pois esta freguesía reúne a

maior parte dos emigrantes que o padrón rexistra como residentes en América

sen fornecer máis información. Trátase de 24 emigrantes, que representan o

35,2% do total. Centrándonos nos restantes emigrantes ultramarinos (44 casos),

vemos que o 72,7% residía en Arxentina (32), o 25% en Brasil (11) e o remanente

2,3% en Cuba (1). Cremos que moi posiblemente este panorama non se

vería deturpado en liñas xerais se coñecésemos os destinos en que se encontraban

os 24 emigrantes xa comentados. Para avalar o anterior, debemos ter en

conta que sete deles continuaban emigrados no 1920 e seis estaban establecidos

en Arxentina, mentres que o restante estaba en Brasil. Dada a clara preeminencia

de Arxentina e Brasil á hora de acolleren emigrantes de Entenza, poderiamos

concluír que esta parroquia se caracterizaría por un comportamento migratorio

dual. Este dualismo ha ser matizado pois, de aternos ao que se desprende do

conxunto de 44 persoas cun destino americano concreto, resulta que Arxentina

conseguía atraer case tres veces máis emigrantes que Brasil.

A parroquia de Salceda caracterízase na altura de 1900 por un fluxo emigratorio

netamente americanizado: o 84,4% dos seus emigrantes residían en

diferentes países do Novo Continente e apenas dous (2,2%) ficaban en Portugal.

Noutras localidades galegas residía o 12,2% dos ausentes. Neste sentido, a

situación é bastante semellante á de Entenza e Parderrubias. Os emigrantes de

Salceda emigraban fundamentalmente a dous países suramericanos. Arxentina

acollía 49 (64,4%) dos ditos emigrantes e Brasil 24 (31,5%). Indubidablemente,

as cifras que acabamos de expoñer permítennos concluír que, no relativo

aos destinos ultramarinos, o comportamento migratorio dos habitantes de Salceda

presentaba arredor de 1900 un claro carácter dual, pois Arxentina e Brasil

acaparaban aproximadamente o 95% do total de emigrantes en cuestión.

Pero este carácter dual ha de relativizarse, pois Arxentina lograba atraer máis

do dobre de emigrantes de Salceda que os que atraía Brasil.

0 [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (103-129) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!