14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Cambio e continuidade migratoria: de Salceda de Caselas a América (1861–1920)

escaso desenvolvemento da emigración orientada a terras americanas, que xa

referimos, unida á importancia da emigración de curto alcance. No que atinxe

aos destinos americanos nos que se encontraban emigrantes desta parroquia,

non se observa un comportamento homoxéneo, pois cinco emigrantes residían

en Brasil, tres en Arxentina e un en Cuba.

A situación da parroquia de Soutelo presenta semellanzas importantes

co caso de Budiño, pero tamén diferenzas. Esta freguesía, igual que acontecía

con Budiño, caracterizábase por unha participación na emigración ultramarina

(56%), notablemente inferior á media municipal (75,9%). Esta reducida

contribución á emigración americana explícase basicamente polo vigor dos

desprazamentos a outras localidades galegas, pois neles participaba o 36%

do total de emigrantes da parroquia. Mais, a diferenza do caso de Budiño,

a emigración a Portugal xa estaba en devalo, pois unicamente dous veciños

de Soutelo residían en terras lusitanas na altura de 1900 (un 8% do total de

ausentes). Dos emigrados a terras americanas, oito deles (57,1%) optaran por

establecerse en Arxentina, catro (28,5%) en Brasil e dous en Cuba.

Nunha situación intermedia entre os casos de reducida emigración orientada

a terras americanas (Budiño e Soutelo) e aqueles que, como veremos máis

adiante, estarían caracterizados por unha emigración ultramarina potente, que

restrinxiría en grao sumo a existencia de destinos alternativos, está a parroquia

de Parderrubias. Dous son os elementos máis significativos que se poden expoñer

con relación a unha caracterización dos seus comportamentos migratorios.

Un deles é a clara preeminencia da emigración ultramarina (72,5% do total de

ausentes da parroquia), clara novidade respecto a 1887, cando os «americanos»

só eran un 25% do total, e preto xa da media municipal (75,9%). O segundo ten

que ver coa importancia do continxente de emigrantes que se encontraban residindo

noutras localidades pontevedresas: o 27,5% do total de persoas emigradas

de Parderrubias fronte ao 15,6% de media municipal.

No que respecta aos destinos americanos, Parderrubias presentaba na

altura de 1900 un comportamento emigratorio dual, pois os seus emigrantes

que residían en Arxentina (24) e Brasil (9) supuñan o 89,1% do total. Este

panorama complétase coa presenza de dous emigrantes en Cuba.

Se comparamos o panorama emigratorio de 1900 coa situación que

reflectía o padrón de 1887 respecto aos emigrantes de Parderrubias que cruzaran

o Atlántico, podemos comprobar que se producira un importante cambio.

Segundo os datos de 1887, os non moi numerosos emigrantes que optaban

por trasladarse a terras americanas repartían as súas preferencias entre Arxentina

e Brasil dunha forma equilibrada, pois nas terras riopratenses estaban

residindo seis e en Brasil cinco. Mais, como xa vimos, no 1900 Arxentina amosaba

unha clara supremacía á hora de atraer emigrantes desta freguesía.

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (103-129) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!