Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
14.05.2013 Views

Julio Rafael Pereira Bernárdez Cadro 7. Destinos dos ausentes de Salceda de Caselas en 1887 Parroquia Galicia % España % Portugal % América % Ignorado % Budiño 14 66,6 5 23,8 2 9,5 Entenza 8 10,9 2 2,7 26 35,6 33 45,2 4 5,4 Parderrubias 34 66,6 2 3,9 2 3,9 13 25,4 Picoña, A 4 8,5 13 27,6 28 59,5 2 4,2 Salceda 25 18,9 1 0,7 6 4,5 99 75,0 1 0,7 San Xurxo 6 16,6 1 2,7 1 2,7 26 72,2 2 5,5 Soutelo 18 62,0 8 27,5 3 10,3 Municipio 109 28,0 6 1,5 61 15,6 204 54,4 9 2,3 Máis da metade do total de ausentes de Salceda de Caselas estaban instalados en terras americanas nesta altura, concretamente o 54,4%. Pero os habitantes deste concello pontevedrés seguían a dirixirse a Portugal, que aínda absorbía o 15,6% do total de emigrantes. Pola contra, as cidades españolas (concretamente Burgos, Madrid e Sevilla) só lograban atraer un 1,5%. No que respecta ao caso portugués, o desprazamento a prol da emigración ultramarina non estaría aínda culminado en Salceda de Caselas, cando menos nalgunhas das parroquias. Con todo, trece anos máis tarde a emigración a Portugal deixou de ser unha opción relevante para os habitantes de Salceda de Caselas. Finalmente, un 28% dos ausentes desprazárase cara a outras localidades galegas. No que atinxe á emigración ultramarina, é evidente que Arxentina e Brasil monopolizaban practicamente o fluxo migratorio de Salceda de Caselas, pois entre os dous reunían o 95,1% do total de emigrados establecidos en América, mentres que os outros destinos americanos tiñan unha presenza testemuñal. Esta orientación maioritaria do fluxo migratorio americano en dirección a Brasil e Arxentina concorda en trazos xerais co modelo migratorio imperante na provincia de Pontevedra nesta época. 5 Con todo, no caso de Salceda dábase un meirande equilibrio entre os destinos suramericanos de carácter maioritario, malia que cunha lixeira vantaxe a favor de Brasil. Aínda que de moi diferente natureza á emigración transoceánica, tamén tiña lugar en Salceda unha importante saída de persoas que se dirixían a outras localidades galegas. Case a totalidade das persoas que se trasladaban a outros concellos galegos facíano dentro da provincia de Pontevedra e só dúas persoas se radicaron nas cidades da Coruña e Ferrol. As 107 persoas restantes repartíanse entre 17 municipios pontevedreses, todos eles pertencentes á súa metade sur, 5. Entre 1885 e 1895, os emigrantes desta provincia dirixíanse nun 53% dos casos a Arxentina, outro 24% facíao a Brasil, mentres que a Cuba e Uruguai se trasladaba o 16% e o 3%, respectivamente, dos emigrantes pontevedreses (Eiras 1992: 193). [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (103-129) ]

Cambio e continuidade migratoria: de Salceda de Caselas a América (1861–1920) Cadro 8. Destinos americanos dos emigrantes de Salceda de Caselas en 1887 Parroquia América Arxentina Brasil Cuba Uruguai Budiño 1 1 Entenza 22 11 Parderrubias 6 5 2 Picoña, A 7 19 2 Salceda 59 37 2 1 San Xurxo 1 1 24 Soutelo 1 1 1 Municipio 1 96 98 5 4 % 0,5 47,1 48,0 2,5 1,9 malia que en once deles só se rexistraba un emigrante procedente de Salceda de Caselas. A maior parte dos protagonistas deste tipo de desprazamentos de curto alcance encontrábanse residindo en concellos limítrofes. O concello que acollía o maior número era Tui, onde se atopaba o 34,9%. Indubidablemente, a vila, que exercía de sé episcopal e cabeceira de partido xudicial, constituía un polo de atracción para os salcedenses polas súas posibilidades de emprego, nomeadamente no servizo doméstico. Así e todo, o padrón de 1887 permítenos coñecer aqueles casos en que os ausentes residían en freguesías rurais doutros concellos, co que se revela que, en non poucos casos, aqueles residentes en Tui érano en parroquias rurais. O mesmo acontece no Porriño ou en Ponteareas. Despois de Tui salientaba o concello do Porriño, co 23,9% do total de emigrantes que participaban nos desprazamentos de curta distancia. A seguir viña Ponteareas, co 9,2%, e, finalmente, Salvaterra de Miño, cun 8,3 %, e a cidade de Vigo cunha porcentaxe idéntica. Vexamos a situación dende a óptica das diferentes situacións parroquiais. Entre as diversas freguesías consolidaranse diversos patróns migratorios. O primeiro trazo de diferenciación será a desigual incidencia da emigración americana. Dunha banda, en tres parroquias (Budiño, Soutelo e Parderrubias) estaba pouco presente a emigración ultramarina, sobre todo nas dúas primeiras. No caso de Budiño, unicamente o 9,5% dos emigrantes residía en América (dous emigrantes), cifra que en Soutelo subía a tres (10,3%). Parderrubias contaba cunha porcentaxe máis importante de persoas emigradas no Novo Continente (25,4%), pero moi por baixo da media municipal (54,4%). Esta escasa entidade explícase, en boa medida, pola importancia da emigración intragalega: nas tres parroquias, máis do 60% dos ausentes atopábase en Galicia. Nos casos de Budiño e Soutelo, ademais, tiña forte vixencia a emigración a Portugal, sobre todo a Lisboa: o 23,8% e o 27,8%, respectivamente, dos ausentes residían no país veciño. [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (103-129) ]

Cambio e continuidade migratoria: de Salceda de Caselas a América (1861–1920)

Cadro 8. Destinos americanos dos emigrantes de Salceda de Caselas en 1887

Parroquia América Arxentina Brasil Cuba Uruguai

Budiño 1 1

Entenza 22 11

Parderrubias 6 5 2

Picoña, A 7 19 2

Salceda 59 37 2 1

San Xurxo 1 1 24

Soutelo 1 1 1

Municipio 1 96 98 5 4

% 0,5 47,1 48,0 2,5 1,9

malia que en once deles só se rexistraba un emigrante procedente de Salceda

de Caselas. A maior parte dos protagonistas deste tipo de desprazamentos de

curto alcance encontrábanse residindo en concellos limítrofes. O concello que

acollía o maior número era Tui, onde se atopaba o 34,9%. Indubidablemente,

a vila, que exercía de sé episcopal e cabeceira de partido xudicial, constituía

un polo de atracción para os salcedenses polas súas posibilidades de emprego,

nomeadamente no servizo doméstico. Así e todo, o padrón de 1887 permítenos

coñecer aqueles casos en que os ausentes residían en freguesías rurais

doutros concellos, co que se revela que, en non poucos casos, aqueles residentes

en Tui érano en parroquias rurais. O mesmo acontece no Porriño ou en Ponteareas.

Despois de Tui salientaba o concello do Porriño, co 23,9% do total de

emigrantes que participaban nos desprazamentos de curta distancia. A seguir

viña Ponteareas, co 9,2%, e, finalmente, Salvaterra de Miño, cun 8,3 %, e a

cidade de Vigo cunha porcentaxe idéntica.

Vexamos a situación dende a óptica das diferentes situacións parroquiais.

Entre as diversas freguesías consolidaranse diversos patróns migratorios. O

primeiro trazo de diferenciación será a desigual incidencia da emigración

americana. Dunha banda, en tres parroquias (Budiño, Soutelo e Parderrubias)

estaba pouco presente a emigración ultramarina, sobre todo nas dúas primeiras.

No caso de Budiño, unicamente o 9,5% dos emigrantes residía en

América (dous emigrantes), cifra que en Soutelo subía a tres (10,3%). Parderrubias

contaba cunha porcentaxe máis importante de persoas emigradas no

Novo Continente (25,4%), pero moi por baixo da media municipal (54,4%).

Esta escasa entidade explícase, en boa medida, pola importancia da emigración

intragalega: nas tres parroquias, máis do 60% dos ausentes atopábase en

Galicia. Nos casos de Budiño e Soutelo, ademais, tiña forte vixencia a emigración

a Portugal, sobre todo a Lisboa: o 23,8% e o 27,8%, respectivamente, dos

ausentes residían no país veciño.

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (103-129) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!