14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Julio Rafael Pereira Bernárdez

Cadro 7. Destinos dos ausentes de Salceda de Caselas en 1887

Parroquia Galicia % España % Portugal % América % Ignorado %

Budiño 14 66,6 5 23,8 2 9,5

Entenza 8 10,9 2 2,7 26 35,6 33 45,2 4 5,4

Parderrubias 34 66,6 2 3,9 2 3,9 13 25,4

Picoña, A 4 8,5 13 27,6 28 59,5 2 4,2

Salceda 25 18,9 1 0,7 6 4,5 99 75,0 1 0,7

San Xurxo 6 16,6 1 2,7 1 2,7 26 72,2 2 5,5

Soutelo 18 62,0 8 27,5 3 10,3

Municipio 109 28,0 6 1,5 61 15,6 204 54,4 9 2,3

Máis da metade do total de ausentes de Salceda de Caselas estaban instalados

en terras americanas nesta altura, concretamente o 54,4%. Pero os habitantes

deste concello pontevedrés seguían a dirixirse a Portugal, que aínda

absorbía o 15,6% do total de emigrantes. Pola contra, as cidades españolas

(concretamente Burgos, Madrid e Sevilla) só lograban atraer un 1,5%. No que

respecta ao caso portugués, o desprazamento a prol da emigración ultramarina

non estaría aínda culminado en Salceda de Caselas, cando menos nalgunhas

das parroquias. Con todo, trece anos máis tarde a emigración a Portugal deixou

de ser unha opción relevante para os habitantes de Salceda de Caselas. Finalmente,

un 28% dos ausentes desprazárase cara a outras localidades galegas.

No que atinxe á emigración ultramarina, é evidente que Arxentina e

Brasil monopolizaban practicamente o fluxo migratorio de Salceda de Caselas,

pois entre os dous reunían o 95,1% do total de emigrados establecidos en

América, mentres que os outros destinos americanos tiñan unha presenza

testemuñal. Esta orientación maioritaria do fluxo migratorio americano en

dirección a Brasil e Arxentina concorda en trazos xerais co modelo migratorio

imperante na provincia de Pontevedra nesta época. 5 Con todo, no caso de

Salceda dábase un meirande equilibrio entre os destinos suramericanos de

carácter maioritario, malia que cunha lixeira vantaxe a favor de Brasil.

Aínda que de moi diferente natureza á emigración transoceánica, tamén tiña

lugar en Salceda unha importante saída de persoas que se dirixían a outras localidades

galegas. Case a totalidade das persoas que se trasladaban a outros concellos

galegos facíano dentro da provincia de Pontevedra e só dúas persoas se

radicaron nas cidades da Coruña e Ferrol. As 107 persoas restantes repartíanse

entre 17 municipios pontevedreses, todos eles pertencentes á súa metade sur,

5. Entre 1885 e 1895, os emigrantes desta provincia dirixíanse nun 53% dos casos a Arxentina,

outro 24% facíao a Brasil, mentres que a Cuba e Uruguai se trasladaba o 16% e o 3%, respectivamente,

dos emigrantes pontevedreses (Eiras 1992: 193).

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (103-129) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!