14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Cambio e continuidade migratoria: de Salceda de Caselas a América (1861–1920)

Cadro 5. Destinos dos emigrantes de Salceda de Caselas en 1868

Parroquia Portugal Sevilla Brasil A Habana Bos Aires Montevideo Ausentes

Budiño 15

Entenza 8

Parderrubias 3 6 1 1 8

Picoña, A 8 1 4 23

San Xurxo 1 1

Salceda 1 1 2 20

Soutelo 4

Municipio 12 8 1 1 6 1 79

reflicten algunhas tendencias. En primeiro lugar, aparece unha notable diversidade

de destinos, que tamén se manifesta en cada unha das parroquias, polo

menos daquelas para as que temos información axeitada (Parderrubias, A Picoña

e Salceda). Este fenómeno de pluralidade de destinos susténtase na coexistencia

de dúas grandes correntes emigratorias. Dunha banda, unha corrente

intrapeninsular con dous focos de atracción diferenciados: Portugal 3 e Sevilla.

Estas dúas correntes eran as de maior raizame nesta altura no concello e cadran

perfectamente co xa sinalado por González Lopo (1989: 142-48) a partir da

análise de documentación notarial na bisbarra tudense ao longo da segunda

metade do século xviii. Con todo, xa daquela o destino americano tendía a

incrementar a súa presenza de xeito significativo.

Fronte a esa dupla corrente intrapeninsular, o padrón de 1868 reflicte

tamén a existencia dunha corrente migratoria ultramarina con diversos destinos:

Arxentina, Brasil, Cuba e Uruguai. Destinos americanos que poden ser

considerados como os típicos da emigración galega, tal como se constatou

para os anos do século xix (1885-95) nos que se conta con información estatística

axeitada (Vázquez González 2000: 417-25).

Esta coexistencia de destinos americanos e peninsulares era ben normal no

panorama emigratorio galego da segunda metade do século xix. Pero a corrente

americana rematará por erixirse na predominante e provocará a desaparición

da de carácter intrapeninsular, agás no que se refire a Portugal, pois este país

logrará manterse como un destino moi minoritario ata os primeiros anos do

século xx. Desgraciadamente, non temos datos abondos para poder situar cronoloxicamente

o nacemento da corrente americana, é dicir, non sabemos se os

emigrantes que na altura de 1868 residen na América son os pioneiros daquel

fluxo ou se, pola contra, seguiron os pasos doutros iniciadores anteriores.

3. Lisboa sería a urbe que lograba atraer a maior parte dos emigrantes en cuestión, pois nela

atopábanse once deles, mentres que o restante se encontraría na norteña Porto.

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (103-129) ] 0

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!