06.05.2013 Views

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

92

se encontran sentenzas que consideren que existía dolo de lesionar gravemente cando,

como consecuencia dunha conduta gravemente atentatoria contra a saúde, desde unha

perspectiva ex ante (abarcando o dolo a gravidade da agresión), o resultado producido

é leve e, en consecuencia, se cualifique por tentativa de lesións agravadas do artigo 148

do Código Penal ou de lesións cualificadas dos artigos 149 ou 150 do Código Penal”. 199

Neste mesmo sentido se manifesta LARRAURI ao afirmar que “outro exemplo que si foi

obxecto dunha excelente investigación en España é o caso de parricidio (Fernández,

Fernández y Orts. 1988). Neste estudo móstrase cómo a muller que mata o marido recibe

maior pena que á inversa e cómo a muller que mata a súa filla acabada de nacer recibe

tamén máis pena que o marido que mata a súa muller. A explicación deste fenómeno de

maior severidade nas penas aplicables ás mulleres débese en gran parte ao xogo de agravantes/atenuantes

presentes no Código Penal, que, aínda que están formuladas de forma

neutral, son interpretadas de acordo aos estereotipos distintos que rexen as condutas para

os distintos xéneros. Como advirten as autoras deste estudo, a pena toma como parámetros

normalmente a vontade do autor, as consecuencias do feito e a inxustiza que se percibe

nos móbiles. Se isto é así, todos os estereotipos existentes tenden a xustificar ou atenuar

a acción do marido; en cambio, non existe nada parecido cando é a muller a que mata

o marido. Os estereotipos que rexen o comportamento da muller non subministran racionalidade

aos seus actos. O home burlado ten dereito a defender a súa virilidade, pero isto

apenas constitúe un motivo atendible para a muller burlada; o arrebato é apreciable no

home; en cambio, a premeditación ou aleivosía é apreciada na muller”. 200

As palabras de CORCOY BIDASOLO tamén parecen ratificar estas últimas consideracións

ao manifestar dun modo moi rotundo a especial consideración que para os nosos tribunais

ten, en comparación con outras condutas delituosas, a violencia no ámbito familiar: “en

razón do convencemento sobre a existencia dun cariño familiar deféndese, nos xuízos

sobre violencia doméstica, unha presunción de ausencia de dolo respecto de calquera conduta

de certa gravidade, sobre todo de lesións graves e máxime de homicidio, que sería

imposible no tratamento doutros casos non relacionados coa familia. Así como, en xeral, a

proba do dolo se obxectivou na xurisprudencia do Tribunal Supremo, de forma que se atende

a todas as circunstancias obxectivas concorrentes ex ante para determinar se o suxeito

quería matar, lesionar gravemente ou unicamente maltratar, non sucede o mesmo no

ámbito da violencia doméstica. Esta cuestión ten consecuencias, como veremos, especialmente

graves na cualificación das lesións como graves ou leves ou como falta, máxime coa

regulación existente e a interpretación que dela fan tanto a doutrina como a xurisprudencia.

A xurisprudencia sobre o dolo, consolidada desde finais dos oitenta, non se aplica para

os supostos de violencia familiar e pese á gravidade do ataque, en moitos supostos, considérase

que soamente concorre unha falta de lesións en lugar de tentativa de delito de

lesións graves ou tentativa de homicidio, por entender que non se requiriu tratamento médico-cirúrxico,

pese á gravidade dos medios empregados na agresión e que, en todo caso, o

autor non quería causar esas lesións máis graves ou esa morte”. 201

199 Corcoy Bidasolo, M.: “Delitos contra la integridad personal y contra la libertad: lesiones, amenazas y

coacciones” en La violencia en el ámbito familiar. Aspectos sociológicos y jurídicos, Consello Xeral do

Poder Xudicial, Madrid, 2001, p. 187.

200 Larrauri, E.: Mujeres, derecho penal y criminología, Siglo Veintiuno de España Editores, Madrid, 1994, p. 103.

201 Corcoy Bidasolo, M.: “Delitos contra la integridad personal y contra la libertad: lesiones, amenazas y

coacciones” en La violencia en el ámbito familiar. Aspectos sociológicos y jurídicos, Consello Xeral do

Poder Xudicial, Madrid, 2001, p. 157.

O tratamento penal da violencia contra as mulleres

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!