06.05.2013 Views

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

90

2.C.2.- Utilización de armas

Outro dos datos do estudo que cómpre ter en conta é que a utilización de arma branca

ou obxecto punzante constitúe a modalidade máis frecuentemente empregada cando a

morte se produce entre cónxuxes, alcanzando a cifra dun sesenta e dous por cento dos

supostos; a arma de fogo é utilizada como medio de comisión no vinteoito por cento dos

restantes supostos. Pola contra, cando a morte se produce entre estraños, o índice de

utilización de arma branca ou obxecto punzante só alcanza a cifra do corenta e seis por

cento, e a de arma de fogo un vinte e tres por cento, o que nos permite concluír que,

cando o esposo ou compañeiro mata, non o fai utilizando soamente a suposta inferior

forza física das mulleres ou a distinta configuración biolóxica, á cal tradicionalmente se

lle asigna, de forma estereotipada, unha menor posibilidade de defensa ante unha agresión;

pola contra, os datos demostran que nun setenta por cento dos supostos a agresión

se leva a cabo a través de instrumentos que facilitan a acción comisiva, xa sexa

arma branca ou arma de fogo, o cal implica que, con independencia da posible diferenza

ou desigualdade no uso da forza entre ambos os suxeitos, a muller ve impedida a súa

defensa e acrecentada a súa vulnerabilidade ao ter que se enfrontar a unha situación en

que a agresión se ve reforzada pola utilización de tales instrumentos.

A esta cuestión referiuse CORCOY BIDASOLO 194 considerando que “a xurisprudencia

tratou de limitar o amplo marco de agravación que, en principio, parece que posibilita o

Código Penal no artigo 148.1º, ao referirse á utilización de obxectos ou formas perigosas.

Esta limitación é acorde co principio de intervención mínima, pero penso que tamén

neste punto en moitos casos é excesivamente restritiva”.

Non obstante, quen lexisla a través da reforma operada pola Lei orgánica 11/2003 prevé

o agravamento da pena nos supostos de violencia habitual do novo artigo 173.2 do

Código Penal, ou do delito de lesións leves ou ameazas previsto no artigo 153 do Código

Penal, no suposto de que se utilicen armas, impondo “en todo caso” a privación do dereito

á tenza e porte de armas, que, nos supostos do artigo 153 do Código Penal, pode chegar

a tres anos, e cando concorre a violencia habitual prevista no artigo 173.2 do Código

Penal pode chegar ata cinco anos. 195

2.C.3- Análise das penas impostas

O primeiro aspecto analizado radica en comprobar se, á hora de impor a pena, existe ou

non unha diferenza substancial entre os supostos en que se produce a morte entre cónxuxes

ou entre estraños. A conclusión á que chegan as autoras do estudo é que, cando

a morte se produce entre estraños, nun trinta e un por cento dos supostos se impuxo a

pena na metade superior; noutro trinta e un por cento impúxose na metade da extensión

e nun trinta e oito por cento, a pena mínima.

Pola contra, cando a morte se produce entre cónxuxes ou conviventes, e o autor da

morte é o esposo ou convivente, nun vinte e un por cento impúxose a pena na metade

superior, nun dezaoito por cento na metade da súa extensión e nun cincuenta e sete por

194 Corcoy Bidasolo, M.: “Delitos contra la integridad personal y contra la libertad: lesiones, amenazas y

coacciones” en La violencia en el ámbito familiar. Aspectos sociológicos y jurídicos, Consello Xeral do

Poder Xudicial, Madrid, 2001, p. 177.

195 Véxase Lei orgánica 11/2003, do 29 de setembro.

O tratamento penal da violencia contra as mulleres

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!