06.05.2013 Views

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Quizais, e sobre todo en relación coas condutas que se examinan, chegase o momento

de intentar lograr un certo equilibrio e conexión entre os intereses xerais, cuxa representación

corresponde a toda a colectividade, e os intereses do suxeito que viu dalgunha

maneira lesionado o seu dereito, sobre todo porque é innegable que hoxe en día o

interese da colectividade neste ámbito cada día está máis próximo á vítima. En palabras

de Eser, “hai que preguntar se o desprazamento da vítima do dereito penal e procesual

que isto implica non foi xa demasiado lonxe”, 154 avogando, no que se refire ao concepto

de delito, e con isto tamén á concepción do inxusto, por deter a progresiva espiritualización

e abstracción que conduce ao entendemento destes como ataques ao ordenamento

xurídico como tal e á correspondente desindividualización do concepto de ben xurídico.

O devandito autor considera que resulta hoxe plenamente aplicable a afirmación feita

por Sessar, segundo o cal “a vítima desapareceu de modo practicamente completo

detrás do ben xurídico”.

Respectar o principio básico segundo o cal a comisión dun feito delituoso implica moito

máis que a lesión dun dereito ao suxeito pasivo do delito pode ser perfectamente conciliable

coa consideración e o respecto aos intereses individuais da persoa que viu lesionado,

ás veces profundamente, o seu dereito.

2.- Fase de interpretación e aplicación das normas penais

A doutrina penal é practicamente unánime, hoxe en día, á hora de manifestar que o principio

de intervención mínima xa non ten ocasión de entrar en xogo ante a grave problemática

da violencia contra as mulleres, tal e como o considerou o lexislador de 1989 e

as posteriores modificacións que se teñen operado ata os nosos días. 155 Porén, haberá

que se preguntar se esa unanimidade non quebra ao analizar se o principio de intervención

mínima desempeñou un importante papel nas outras dúas fases onde cabe a súa

153 M. Corcoy Bidasolo tamén cualificou de extremada a aplicación dos principios de intervención mínima

e do principio in dubio pro reo no xulgamento da violencia no fogar. Véxase Corcoy Bidasolo, M.:

“Delitos contra la integridad personal y contra la libertad: lesiones, amenazas y coacciones” en La violencia

en el ámbito familiar. Aspectos sociológicos y jurídicos, Consello Xeral do Poder Xudicial,

Madrid, 2001, p. 164.

154 Eser, A.: Sobre la exaltación del bien jurídico a costa de la víctima Universidade Externado de

Colombia, Bogotá, 1998, p. 39.

155 Non obstante, as referencias á necesidade de non perder de vista a vixencia do principio de intervención

mínima son constantes nos distintos autores á hora de analizar a problemática da violencia entre

persoas unidas por unha relación de afectividade, incluso naqueles supostos en que se valora positivamente

as reformas efectuadas por quen lexisla destinadas a lograr unha mellor aplicación do tipo,

con referencias explícitas ao acerto da ampliación dos supostos de intervención penal ao introducir a

violencia psíquica como conduta típica. O Código Penal de 1995 incorporou aos ascendentes que no

artigo 425 do Código Penal de 1973 estaban exentos de protección, e elevou considerablemente a

pena. Así mesmo, a reforma do Código Penal e da Lei de axuizamento criminal operada pola Lei orgánica

14/1999, do 9 de xuño, en materia de protección ás vítimas de malos tratos, constitúe a demostración

do desexo de quen lexisla de reforzar o camiño para combater a grave problemática, utilizando

o instrumento penal. Véxase Morillas Cueva, L.: “Maltrato a familiares y personas ligadas al autor

por vínculos afectivos” en El Código Penal de 1995, cinco años después. Jornadas de derecho penal,

Universidad de Córdoba, 2002, p. 25.

O tratamento penal da violencia contra as mulleres

77

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!