06.05.2013 Views

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

54

Se aceptamos como válida a teoría que sitúa a orixe e as causas da violencia contra as

mulleres no lugar ou rol que as mulleres desempeñaron na sociedade, con independencia

de que existan factores como o estrés, o alcohol, as drogas ou o desemprego, que

agraven substancialmente estas condutas; en definitiva, que a repartición de poderes

entre sexos, que comporta unha distribución de funcións atendendo ao xénero a que pertence,

ten constituído e aínda constitúe o caldo de cultivo para o desenvolvemento de

tales condutas, a busca de alternativas debe pasar necesariamente pola introdución da

perspectiva de xénero na análise da problemática, e máis concretamente no estudo do

marco xurídico que contén medios para combatela.

IZQUIERDO, ao estudar o sistema sexo-xénero como marco de análise, sinala que “a

construción do concepto de xénero é unha tarefa que se xustifica por razóns de rigor

científico, xa que persegue diferenciar analiticamente os aspectos físicos dos psicosociais

e históricos; no entanto, non foi unha iniciativa da comunidade científica, senón que

ten as súas orixes na loita das mulleres contra a discriminación sexual. A construción de

marcos teóricos para o estudo da situación social das mulleres e das relacións homemuller

nos distintos ámbitos da existencia é unha das consecuencias desa loita” 94 .

O primeiro paso consiste en delimitar qué entendemos por xénero, na medida en que

pretende ser o método explicativo capaz de desentrañar o círculo de relacións sociais

que aparecen ocultas e diluídas tras a diferenciación sexual.

A categoría de xénero caracterízase como o conxunto de trazos, desexos, capacidades,

aptitudes, actitudes, modelos de conduta, crenzas e incluso sentimentos que, a través

dun proceso de construción social, se asignan diferenciadamente aos homes e ás mulleres.

Este proceso de construción social desenvolveuse a través da historia utilizando distintos

mecanismos e manifestándose en distintos niveis. Así, repercutiu na evolución do

desenvolvemento do Estado, do mercado de traballo, do acceso diferenciado á educación,

a concepción da familia e, cunha especial proxección, no desenvolvemento das

relacións interpersoais. O xénero é, polo tanto, a construción dos papeis sociais do home

e da muller atribuídos ás súas diferenzas biolóxicas 95 .

Con todo, esta previa asignación non tería necesariamente por qué producir efectos

negativos se non tivese comportado o denominado fenómeno da xerarquización. Este

proceso, e a súa especial repercusión no desenvolvemento dos individuos, tivo o seu

efecto máis perverso na consideración de que a uns determinados trazos ou características

asignados a un ou outro sexo lles foi atribuído maior valor, en detrimento, por tanto,

do outro.

É indubidable que da propia realidade anatómica e biofisiolóxica do sexo derivan aptitudes,

intereses e trazos consecuentes con tales características; cuestión distinta é que as

devanditas necesarias diferenzas impliquen a articulación dunha arbitraria escala de

valores; en definitiva, a xerarquización dos trazos masculinos por riba da consideración

dos atribuídos ás mulleres e, consecuentemente, cunha expresa vulneración do principio

de igualdade, constitúese no mecanismo a través do cal a construción de xénero dá paso

a unha estrutura social, aínda hoxe, profundamente desigualitaria, e isto porque, a pesar

94 Véxase Izquierdo, M. J.: El malestar en la desigualdad, Cátedra, Madrid, 1998, p. 19.

95 Véxase definición en Durán y Lalaguna, P.: Los límites del derecho, Comares, Granada, 1996, p. 64.

O tratamento penal da violencia contra as mulleres

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!